Bandeira de Costa do Marfil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Costa do Marfil
Bandeira de Costa do Marfil
Uso
FIAV 111111.svgFIAV normal.png
Proporción 2:3
Adopción 3 de decembro de 1959
Cores      Laranxa     Branco     Verde

A bandeira de Costa do Marfil é unha tricolor, inspirada na bandeira de Francia, que está formada por tres franxas verticais do mesmo ancho, sendo de cor laranxa a do lado do mastro, de cor branca a central e verde a exterior. A bandeira foi adoptada o 3 de decembro de 1959, pouco antes da independencia do país.

Índice

Cores e simbolismo [editar]

A cor laranxa representa a terra e as sabanas do norte do país. A cor branca representa a paz. Mentres que a cor verde representa a esperanza e os bosques do sur.[1]

É moi parecida á bandeira de Irlanda, da que difire unicamente na disposición invertida das cores e polas proporcións.

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]