Theodoros Papaloukas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teó Papaloukás
Τεό Παπαλουκάς
Theo Papaloukas.jpg
CSKA Moscova  – No. 44
Base
Nacemento 8 de maio de 1977 (37 anos)
Grecia Atenas, Grecia
Nacionalidade Grecia Grecia
Altura 2,00 m (6 ft 7 in)
Peso 102 kg (225 lb)
Liga Israel ha'Al
Canteira Ethnikos Ellinoroson
Carreira dende 1995
Equipos Flag of Greece.svg Ampelokipoi (1995-97)
Flag of Greece.svg AO Dafni (1997-99)
Flag of Greece.svg Panionios (1999-01)
Flag of Greece.svg Olympiacos (2001-02)
Flag of Russia.svg CSKA Moscova (2003-08)
Flag of Greece.svg Olympiacos (2008-11)
Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv (2011-12)
Flag of Russia.svg CSKA Moscova (2012-presente)
Premios 1× EuroBasket (2005)
Euroliga (2006, 2008)
3× Copa Grega (2002, 2010-11)
Liga Rusa (2003–08)
Copa Rusa (2005–07)
MVP Euroliga (2007)
MVP F4 Euroliga (2006)
35 mellores xogadores Euroliga

Theódoros "Teó" Papaloukás (en grego: Θεόδωρος "Τεό" Παπαλουκάς), nado 8 de maio de 1977 en Atenas, Grecia, é un xogador profesional de baloncesto grego. Cunha altura de 2,00 metros, actualmente xoga como base no club da PBL e da Euroliga, o CSKA Moscova.

Papaloukas comezou a súa carreira en 1995 no seu club local do barrio de Ampelokipi, antes de ser traspasado dous anos despois de AO Dafni e, en 2001, ao Panionios. As súas actuacións con este último valéronlle un contrato cun dos tradicionalmente máis fortes equipos de Europa, o Olympiacos, onde gañou o seu primeiro título, a Copa grega, en 2002. Con todo, a súa estancia no equipo do Pireo foi breve, viaxando en 2003 a Moscova, onde axudaría ao club da cidade, o CSKA, a recuperar a súa gloria pasada, converténdose así nun dos xogadores máis importantes do continente tanto a nivel de clubs como de seleccións.

Despois de non destacar moito nas súas dúas primeiras tempadas na capital rusa,[1] na tempada 2004-05 converteuse nunha importante peza para éxito do CSKA saíndo do banco, tanto na Euroliga como na liga rusa. Na súa cuarta tempada co CSKA en 2006, mellorou moito a súa achega, sendo elixido por vez primeira no quinteto ideal da Euroliga e levando ao seu equipo a gañar o título da Euroliga por primeira vez en trinta e cinco anos, sendo ademais elixido como o MVP da Final Four. Ao ano seguinte foi nomeado mellor xogador da Euroliga antes de caer no intento de conseguir o seu segundo campionato continental consecutivo. En 2008, gañou o seu segundo título da Euroliga co CSKA no que sería o seu último ano en Moscova. No verán de 2008 Papaloukas volveu a Olympiacos e chegou a outras dúas Final Four da Euroliga, o que fixo unha marca de oito anos consecutivos xogándoa.

A nivel internacional, Papaloukas liderou o equipo nacional grego ao título no EuroBasket 2005, así como unha medalla de prata do Campionato Mundial FIBA en 2006 saíndo do banco, sendo elixido nos quintetos ideais de ambas competicións. En 2006, foi nomeado o Mellor Xogador Europeo do Ano por FIBA Europa, un dos cincuenta maiores contribuidores da Euroliga en 2008 e no equipo ideal da Euroliga de década 2000-10. Unha figura revolucionaria no baloncesto, Papaloukas simboliza o ascenso do baloncesto europeo no novo milenio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Grecia[editar | editar a fonte]

Nado en Atenas, Grecia, Papaloukas comezou a súa carreira baloncestítica no pequeno equipo xuvenil local de Ethnikos Ellinoroson. Posteriormente pasaría a xogar no modesto equipo, aínda que en ascenso, do barrio de Ampelokipoi, con quen comezou a súa carreira profesional con 1995. Posteriormente sería transferido ao AO Dafni da Liga A2 grega en 1997, e trasladado de novo dous anos máis tarde ao Panionios, un tradicional club de baloncesto tradicional da Liga A1, máxima competición grega. En 2001, Papaloukas finalmente asinaría co Olympiacos do Pireo, un dos equipos máis importantes e do baloncesto heleno e europeo.

Co Dafni, Papaloukas gañou a Liga A2 grega e o título de Xogador do Ano da categoría na tempada 1998-99. Xa máis tarde co Olympiacos lideraría a Liga A1 en asistencias na tempada 2000-01. Despois da tempada 2001-02 Papaloukas foise do Olympiacos, marchando de Grecia e mudándose a outra potencia do baloncesto europeo, o equipo da Superliga Rusa CSKA Moscova.

O 20 de xuño de 2008, Papaloukas foi liberado do seu contrato co CSKA e asinou un contrato de tres anos co Olympiacos, polo que o volveu a Grecia e ao seu ex-equipo. Papaloukas asinara até a tempada 2010-11 por salario anual de 3,5 millóns de euros (netos). Posúe ademais contrato de patrocinio coa marca deportiva Nike.

Rusia[editar | editar a fonte]

Papaloukas no Top-16 de 2011.

Con 19 puntos na semifinal da Euroliga 2005-06 contra o Winterthur FC Barcelona e con 18 puntos e 7 asistencias na final contra o actual campión Maccabi Elite, Papaloukas foi galardoado co premio ao mellor xogador (MVP) da Final Four, despois de ser nomeado o mellor base no quinteto ideal da competición. Xunto a el no quinteto ideal foron o mellor escolta, Juan Carlos Navarro do Barcelona, aleiro Anthony Parker do Maccabi (MVP da competición), ala-pivote Luis Scola do Tau Cerámica e pivote Nikola Vujčić de Maccabi.

Ao ano seguinte Papaloukas foi elixido como o mellor xogador da Euroliga 2006-07. O CSKA conseguiu chegar á final do Olympic Indoor Hall de Atenas contra o equipo local, o Panathinaikos (que fora elixido como o sede da Final Four un ano antes). O Panathinaikos gañou o partido cun marcador de 93-91, gañando por tan só dous puntos nun partido moi emocionante. Papaloukas anotou vinte e tres puntos e repartiu oito asistencias que non foron dabondo para gañar, mesmo segundo a opinión dunha serie de xornalistas deportivos, non recibiu suficiente apoio dos seus compañeiros de equipo, o que levou ao equipo a perder na final.

Ao ano seguinte, na Euroliga 2007-08, Papaloukas volveu a ser un membro crave do CSKA, e esta vez si que conseguiu o título tras vencer na final do campionato de novo ao Maccabi Elite. Posteriormente Papaloukas foi obxectivo de varios equipos da NBA: Boston Celtics, Los Angeles Lakers, Milwaukee Bucks e Miami Heat para ocupar cubrir unha vacante no posto de base. Con todo, o 7 de xullo de 2007, os xornais gregos informaron de que Papaloukas renovara o seu compromiso co CSKA a razón de 10,5 millóns de euross (netos) por tres anos de contrato co CSKA. Con todo, tiña a opción de rescindir o seu contrato en calquera momento, e fíxoo xusto un ano despois, cando asinou co Olympiacos do Pireo

Israel[editar | editar a fonte]

O 13 de agosto de 2011, Papaloukas asinou un contrato cos finalistas da Euroliga 2011: o Maccabi Tel Aviv, equipo ao que derrotara até en dúas ocasións na final desa competición. Ao comezo da competición Papaloukas non está a ter un rol moi protagonista, senón que complementa ao base estadounidense Jordan Farmar, que chegou ao club de Tel Aviv procedente dos New Jersey Nets da NBA por mor do peche patronal que afecta á competición americana.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

As seguintes son as estatísticas de Papaloukas na Euroliga.[2]

Con Grecia en 2008.
Ano Equipo PX MPP PPP RPP APP ROU TPP
2001–02 Olympiacos 19 27,0 8,4 2,9 4,0 2,0 0,2
2002–03 CSKA Moscova 21 16,5 4,7 2,0 3,4 1,1 0,0
2003–04 CSKA Moscova 21 17,4 6,3 1,7 2,7 1,5 0,1
2004–05 CSKA Moscova 23 18,5 7,6 2,3 3,8 1,3 0,1
2005–06 CSKA Moscova 24 22,8 9,3 3,1 4,0 1,8 0,3
2006–07 CSKA Moscova 25 24,4 9,8 3,2 5,4 1,7 0,2
2007–08 CSKA Moscova 23 21,8 7,7 2,7 4,6 1,2 0,0
2008–09 CSKA Moscova 22 25,0 8,0 2,7 5,2 1,1 0,0
2008–09 Olympiacos 22 25,0 8,0 2,7 5,2 1,1 0,0
2009–10 Olympiacos 19 24,4 7,4 2,1 5,1 1,3 0,1
2010–11 Olympiacos 18 21,4 5,4 2,6 3,8 1,6 0,0
2011–12 Maccabi Tel Aviv 20 9,6 3,0 1,1 1,6 0,6 0,0

Premios[editar | editar a fonte]

Clubs[editar | editar a fonte]

Selección[editar | editar a fonte]

  • 7x Torneo Acropolis: (2000, 2002, 2003, 2005, 2006, 2007, 2008)
  • Medalla de ouro EuroBasket 2005
  • Quinteto ideal EuroBasket 2005
  • 1x Copa Stanković: (2006)
  • Medalla de Prata Mundial 2006
  • Quinteto ideal Mundial 2006

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]