Alberto Avendaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alberto Avendaño Prieto, nado en Vigo en 1957, é un xornalista e escritor galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Xunto con Manuel M. Romón e Antón Reixa fundou o Grupo poético Rompente (1976-1982). Estudou Filoloxía Xermánica na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como profesor de inglés, como tradutor, actor e director de dobraxe para televisión. Viviu en Barcelona, Londres, Dublín, e Milán, desde onde colaborou para a prensa galega. Recibiu dous premios, o Barco de Vapor de narrativa infantil e xuvenil, e un premio internacional de Tradución pola tradución ó galego da novela de E.A. Poe. Arthur Gordon Pym.

Traballou para a Radio e Televisión de Galicia conducindo e dirixindo programas informativos e magazines como Crocante en 1990. Como xornalista entrevistou a importantes figuras da política e da cultura: Rafael Alberti, Severo Ochoa, Fidel Castro... a mandatarios latinoamericanos e a estrelas da canción. En decembro de 1991 trasladouse a vivir a Texas, onde se licenciou Magna cum laude en Xornalismo pola Texas Tech University. En 1998 chegou a Bethesda, Maryland, nas aforas de Washington, D.C.. Foi lector de Lingua e Literatura española na Johns Hopkins University en Baltimore, ata o ano 2000. A finais dese ano foi director do semanario El Tiempo Latino.

En 2001 estableceu unha alianza co diario The Washington Post e o 17 de maio de 2004 a compañía do Post comprou a publicación nomeando a Avendaño director xeral de El Tiempo Latino. Avendaño e a publicación que dirixe ten recibido numerosos premios nacionais de xornalismo en español en Estados Unidos.

Ademais de tradutor de Roald Dahl, Edgar Allan Poe e John M. Synge, entre outros, Avendaño é autor de dous manuais sobre medios de comunicación, dunha importante obra poética e dunha incipiente obra de ficción. Avendaño é un habitual colaborador dos medios de comunicación electrónicos en español e inglés en Estados Unidos.

[editar] Obra

[editar] Poesía

[editar] Narrativa

  • E outras historias, 1989, Galaxia.

[editar] Literatura infanto-xuvenil

  • Aventuras de Sol, 1987, Edicións S. M.
  • O gato metido nun saco, 1988.
  • Os náufragos de Malakudula, 1993.

[editar] Traducións

[editar] Obras colectivas

  • O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990), 1990, Galaxia.

[editar] Premios

  • 3º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1978, por O Lito e máis as bestas aceleradas.
  • Premio Barco de Vapor en 1986, por Aventuras de Sol.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas