Grupo Rompente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grupo Rompente
Tipogrupo literario
Data de fundación1975
Traballos destacadosA dama que fala
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]
Manuel Romón, Antón Reixa e Alberto Avendaño: Rompente. Presentación de Que hostia din os rumorosos? da Libraría Miranda de Bueu o 23/08/2021

O Grupo de Comunicación Poética Rompente foi creado en 1975 por Alfonso Pexegueiro, Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manuel M. Romón, e a el estiveron vencellados de maneira máis fugaz Camilo Valdehorras e Xosé Leira López.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rompente comezou en 1975 cando no verán deste ano Pexegueiro coñece a Antón Reixa e fálalle de crear un Grupo de Poesía en Galicia. Antes, Pexegueiro, fixera a proposta de crear un Grupo de Poesía a Darío Xohan Cabana, que nese momento por razóns persoais non podía. Darío presentolle entón a Méndez Ferrín e este a Antón Reixa, quen despois de pensalo durante uns días, aceptou. O primeiro recital dérono Pexegueiro e Reixa en outubro de 1975 no Instituto Valle Inclán de Pontevedra. Este primeiro núcleo formado xa por Pexegueiro, Reixa, Romón e Avendaño, preparou manifestos, recitais e interviña poeticamente en festas e manifestacións. Dese momento son as Follas de resistencia poética (1976-77). A primeiros de 1978, Pexegueiro vaise do Grupo.

En 1977 vertébrase como grupo cohesionado esteticamente que quere controlar a comunicación literaria dunha maneira total, polo que se constituíron como editores alternativos publicando Seraogna de Pexegueiro e Con pólvora e magnolias de Xosé Luís Méndez Ferrín.

Pasan a chamarse Colectivo de Comunicación Poética Rompente comportándose como unha factoría poética e asumindo como propia a vangarda como actitude. O seu concepto integral da creación lévaos a montar diversos espectáculos poéticos que se presentan en institutos e festivais de música: Moisés e a Mona, A tristeza de Ezza e A Dama que fala. Desta época data a publicación de varios libros de poesía asinados polo colectivo e outros por cada un dos poetas.

Cultivaron moitas das modalidades da poesía experimental, especialmente as empregadas polo dadaísmo: poesía fonética, disolución dos xéneros literarios, espontaneidade...

O grupo desfaise en 1983.

Volveron xuntarse en 2021 para publicar Que hostia din os rumorosos?, Ilustrado e deseñado por Menchu Lamas, Rubén Romero e Antón Patiño, o limiar da obra está asinado polo músico Julián Hernández, de Siniestro Total.[1]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Publicacións e libros colectivos[editar | editar a fonte]

Libros individuais[editar | editar a fonte]

  • Alberto Avendaño, Facer pulgarcitos tres (1979).
  • Antón Reixa, As ladillas do travestí (1979).
  • Manuel M. Romón, galletas kokoschka non (1979).

Antoloxías[editar | editar a fonte]

En 1998 Xerais publicou Upalás, unha antoloxía do Grupo poético, realizada por Iris Cochón e Helena González.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O espertar do grupo Rompente: «Que hostia din os rumorosos»". VigoÉ. 2021-06-11. Consultado o 2021-06-12. 
  2. Escolma / Teima (13-20 xaneiro 1977). "Escolma / Teima - Libros". Teima (5): 33. ISSN C-649-1976 |issn= incorrecto (Axuda). 
  3. O.C. de R., O.C. de R. (1997). "FOLLAS DE RESISTENCIA POÉTICA". 32 IV (32): 99–104. ISSN 1130-2674. 
  4. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Diccionario da literatura galega. IV Termos e institucións literarias. Vigo: Galaxia, 2003.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]