Anime

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Wikipe-tan
Wikipe-tan


Anime (アニメ, anime, en xaponés) é o nome co que se coñece a animación xaponesa. Sería algo como a extrapolación dos mangas (bandas deseñadas xaponesas) para as pantallas de televisión.

A palabra Anime ten significados diferentes para os xaponeses e para os occidentais. Para os xaponeses, Anime é todo o que sexa deseño animado, sexa el estranxeiro ou nacional. Para os occidentais, Anime é todo o deseño animado que veña do Xapón.

No século XX destacou un modelo de estudio produtor de animes chamado Studio Ghibli, o cal foi responsábel de animes como "Princesa Mononoke" e "Grave of the Fireflies", e tamén a TOEI, responsábel de animes como Sailor Moon, Saint Seiya ou Digimon, ou ou incluso creadores como Satoshi Tajiri, en Pokémon.

Son moi famosos os dobradores, coñecidos alí como seiyuu.

[editar] Características principiais

Recoñécese pola variedade de xéneros e polo profundas que son as súas historias, pero sobre todo polo estilo artístico. É unha forma de arte expresamente comercial, e a maioría das series de anime está orientada a públicos moi concretos.

A animación do anime é moi particular, comparada coa occidental. Os estudios teñen preparado técnicas para reducir o esforzo en facer unha serie, tales como usar a mínima cantidade de fotogramas por segundo (8 fps), a repetición de escenarios, personaxes que se deslizan pola pantalla, diálogos que permiten animar unicamente as bocas dos falantes (animación limitada é o término técnico), deixando estático o resto...

[editar] Tipos de anime

Pola orientación de audiencia:

kodomo (nenos) shôjo (rapazas) shônen (rapaces) seinen (adultos) josei (mulleres adultas)

Por xéneros (tamén serven para o manga):

Otros xéneros, paralelos ós occidentales son: aventuras, acción, ciencia-ficción, comedia, deportes, drama, fantasía, romance... E outros temas que se adoitan tratar, tales como colexiais, demos, artes marciais, maxia...

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais