Shōnen
Shōnen (kanji: 少年, hiragana: しょうねん) significa literalmente "mozo" (home), pero tamén pode denominar a un tipo de anime e manga, dirixido aos mozos adolescentes (aínda que pode atraer a mozas). Neste xénero adoita haber grandes doses de loita e acción, ou romances vistos dende o punto de vista do rapaz. Algúns exemplos son Gundam Wing, Dragon Ball, Inuyasha e O puño da Estrela do Norte.
O manga e anime dirixido os homes xoves (pero non adolescentes, senón algo maiores) coñécese como seinen, pero en Occidente non é raro ver que é vendido co shōnen, como se foran unha mesma cousa.
Tamén se escribe "shonen", "shônen" ou incluso "shounen". Esta última forma é a transcrición individual de cada caracter hiragana, pero pode dar lugar a confusión respecto á pronunciación da palabra.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- Shōjo, o manganime para rapazas.