Amandino Neira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAmandino Neira
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor em Wikidata
Mera de Arriba, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xuño de 1939 Editar o valor em Wikidata (26/27 anos)
Ortigueira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJosé Neira Fernández Editar o valor em Wikidata

Amandino Neira Fernández, coñecido como Neira, nado en Mera de Arriba (Ortigueira) cara a 1912 e finado en Ortigueira o 1 de xuño de 1939, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Músico, traballou de ferreiro en Cuíña, pertenceu á UGT e foi vocal da Agrupación Socialista de Ortigueira.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O 1 de xuño de 1939 a Garda Civil e tropas do exército procedentes de Ferrol rodearon a cova de Montemeao onde estaba acubillado co seu irmán José e Modesto Villar Ínsua; Amandino e Modesto morreron polos disparos,[2] e José, ferido nunha man, conseguiu saír do cerco grazas a colaboración dun grupo de soldados sitiadores. O 18 de xullo de 1939 os seus pais, dúas irmás, a súa cuñada e varios veciños foron deportados a Herrera del Pisuerga acusados de colaborar cos fuxidos; Gloria Giz Castro, a súa moza, foi encarcerada na prisión de Ferrol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Obrero, 9-5-1936, p. 1.
  2. La Voz de Ortigueira, 22-7-1939, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Parrado, Carlos (2009). Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco. Vigo: A Nosa Terra. pp. 107–110. ISBN 84-87783-79-1. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]