Cuíña, Ortigueira
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cuíña.
| Cuíña | |
|---|---|
| Igrexa de Santiago de Cuíña | |
| Concello | Ortigueira |
| Área | 5,6 km² |
| Poboación | (Ano 2009) 321 hab. |
| Densidade | 57,3 hab./km² |
| Entidades de poboación | 40 |
Santiago de Cuíña é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal.
Índice |
[editar] Poboación
Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 321 habitantes (166 mulleres e 155 homes) distribuídos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 365 habitantes.
[editar] Xeografía
Cuíña está situada na beira leste da ría de Ortigueira, na marxe dereita do río Maior, nas abas dos montes Meixón, Burgo e Penaoseira. Os seus límites son: polo norte coa parroquia de Ortigueira e coa ría dende a desembocadura do río Maior até o camiño da Lagarea, polo nordeste coas parroquias de Luía e Barbos, polo leste limita coa parroquia de San Salvador de Couzadoiro, polo sur coa parroquia dos Freires e polo oeste co río Maior que a separa da parroquia de Senra.
Como tantas outras parroquias co paso do tempo a poboación foise asentando nas proximidades da estrada AC-862 que a atravesa polos lugares da Clara e A Lagarea ao pé da ribeira do mar.
[editar] Patrimonio
A igrexa parroquial, situada no lugar do Igrexario é unha construción moderna de principios de 1900, de cruz latina. O campanario foi rematado non hai pouco ao tempo que se recubría todo o corpo do templo cun lucido de cemento ocultando unha estrutura de pedra moi fermosa. O cemiterio está algo afastado, o mesmo que a reitoral, aínda que sen saír do mesmo lugar.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Cuíña
| Lugares da parroquia de Cuíña no concello coruñés de Ortigueira | |
|---|---|
|
Os Amieiros | A Areosa | O Barral | O Burgo | As Calzadas | Camporrozado | Cancelo de Acó | Cancelo de Aló | Casavella | A Clara | O Conde | Os Currás | A Encrucelada | O Fabeiro | A Igrexa | O Lagar | A Lagarea | A Lavandeira | O Meixón | Miudelos | Montemeao | O Nogueirido | O Penal | A Penaoseira | Pereira | O Pormellor | O Prado | A Preta | Rabo de Gato | A Rega | Reñalde | A Rúa | Salgueiro de Abaixo | Salgueiro de Arriba | Sanguiñedo | Soborribas | O Souto | Valella de Abaixo | Valella de Arriba | Valescura |