Epsilon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maiúscula e minúscula da letra epsilon.

Epsilon é a quinta letra do alfabeto grego (ἔ ψιλόν); equivale ao /e/, vocal breve. Represéntase en minúscula como ε e en maiúscula como Ε. Adoita transcribirse como e.

O seu nome provén do da quinta letra do alfabeto fenicio , onde representaba o son /h/, laringal fricativa xorda, inexistente en grego: foi, pois, reutilizado para a notación dunha vocal, sons para os que os fenicios carecían de letra. Como signo numérico representaba o cinco. En maiúscula serve tamén para designar o quinto canto da Ilíada de Homero e en minúscula o quinto da Odisea.


Alfabeto grego
Alfa - Beta - Gamma - Delta - Epsilon - Dseta - Eta - Theta - Iota - Kappa - Lambda - Mi - Ni - Xi - Omicrón - Pi - Rho - Sigma - Tau - Ipsilon - Fi - Khi - Psi - Omega
Letras suplementarias do alfabeto grego
Digamma - Stigma - Heta - San - Sho - Qoppa - Sampi


Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]