Alfabeto glagolítico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia do alfabeto

Idade do Bronce Medio ss –XIX - -XV

Meroítico s. –III.
Xenealoxía completa
Glagolithic tablet.jpg

O alfabeto glagolítico ou Glagolitza é o máis antigo alfabeto eslavo. Foi creado na Bulgaria por San Cirilo. O seu código ISO 15924 é Glag.

Historia[editar | editar a fonte]

Este alfabeto eslavo foi introducido no reino da Gran Moravia no século IX polos santos Cirilo e Metodio como axuda á evanxelización das poboacións da Gran Moravia, pero tamén se usou para a evanxelización de Bulgaria. A orixe do nome é a antiga palabra eslava «glagoljati» que significa «falar». Expandiuse pola actual Croacia, en Bulgaria e mesmo ata Montenegro. Foi prohibido polo papa e desapareceu case completamente no século X. É a orixe do alfabeto cirílico desenvolvido polos discípulos de Cirilo.

Características[editar | editar a fonte]

O alfabeto ten dúas variantes: redonda e cadrada[1]. A variante redonda está dominada por círculos e curvas lixeiras, a variante angular (ou croata) comprende numerosos ángulos rectos e ás veces trapecios. A variante angular utiliza numerosas ligaturas tipográficas que se poden comparar cos alfabetos latinos ou cirílico.

A seguinte táboa representa cada letra clasificada alfabeticamente, cunha representación da súa variante cadrada, o seu nome, a súa representación fonética aproximada, a letra grega equivalente utilizada literalmente (se é posíbel), e a letra en cirílico moderno correspondente se existe. Os nomes de «Jer» a «Jus» escríbense tamén «Ier» a «Ius». Existen numerosas letras que non teñen equivalente moderno, como a vogal nasal «Jus».

Grafía Nome Fonema Equivalente grego Equivalente cirílico
Az Az /a/ Alpha (Α α) A (А а)
Buki Buki /b/ Be (Б б)
Vedi Vedi /v/ Beta (Β β) Ve (В в)
Glagol Glagol /g/ Gamma (Γ γ) Ghe (Г г)
Dobro Dobro /d/ Delta (Δ δ) De (Д д)
Jest Jest /ɛ/ Epsilon (Ε ε) E (Е е)
Zhivete Zhivete /ʒ/ Zhe (Ж ж)
Dzelo Dzelo /ʣ/ Dze macedonio
Zemlja Zemlja /z/ Zeta (Ζ ζ) Ze (З з)
Izhe Izhe /i/ Eta (Η η) I (И и)
I I /i/ Iota (Ι ι) I bielorruso/ucraíno (І і)
Dzherv Dzherv /ʤ/ Tshe serbio (Ћ ћ) ou Ðerv serbio (Ђ ђ)
Kako Kako /k/ Kappa (Κ κ) Ka (К к)
Ljudi Ljudi /l/ Lambda (Λ λ) El (Л л)
Mislete Mislete /m/ Mu (Μ μ) Em (М м)
Nash Nash /n/ Nu (Ν ν) En (Н н)
On On /ɔ/ Omicron (Ο ο) O (О о)
Pokoj Pokoj /p/ Pi (Π π) Pe (П п)
Rtsi Rtsi /r/ Rho (Ρ ρ) Er (Р р)
Slovo Slovo /s/ Sigma (Σ σ) Es (С с)
Tverdo Tverdo /t/ Tau (Τ τ) Te (Т т)
Uk Uk /u/ Omicron Upsilon U (У у)
Fert Fert /f/ Phi (Φ φ) Ef (Ф ф)
Kher Kher /x/ Chi (Χ χ) Ha (Х х)
Oht Oht /o/ Omega (Ω ω) Ot (Ѿ ѿ) (utilizado unicamente para a tradución do grego)
Tsi Tsi /ʦ/ hebreo Tsade (צ ץ) Tse (Ц ц)
Cherv Cherv /ʧ/ Che (Ч ч)
Sha Sha /ʃ/ hebreo Shin (ש) Sha
Shta Shta /ʃt/ Shcha (Щ щ)
Jer Jer /w/, /ə/ Signo duro (Ъ ъ)
Jery Jery /ɨ/ Jery (Ы ы)
Jerj Jerj /j/ Signo brando (Ь ь)
Jat Jat /jæ/ Yat (Ѣ ѣ) (suprimido do ruso en 1917, do búlgaro en 1945)
GlagolitsaJo.gif Jo /jɔ/ E iotificado (Ѥ ѥ) (obsoleto)
Ju Ju /ju/ Ju (Ю ю)
Jus Malij Jus Malij /ɛ̃/ Pequeno Jus (Ѧ ѧ) (obsoleto)
Jus Malij Jotirovannij Jus Malij Jotirovannij /jɛ̃/ Pequeno Jus iotificado (Ѩ ѩ) (obsoleto)
Jus Bolshoj Jus Bolshoj /ɔ̃/ Gran jus (Ѫ ѫ) (obsoleto)
Jus Bolshoj Jotirovannij Jus Bolshoj Jotirovannij /jɔ̃/ Pequeno Jus iotificado (Ѭ ѭ) (obsoleto)
Thita Thita /f/ Theta (Θ θ) Fita (Ѳ ѳ) (utilizado unicamente para a tradución do grego)
Izhitsa Izhitsa /v/, /i/ Upsilon (Υ υ) Ishitsa (Ѵ ѵ) (suprimido do [[lingua rusa|ruso en 1917)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fucic, Branko: Glagoljski natpisi. (In: Djela Jugoslavenske Akademije Znanosti i Umjetnosti, knjiga 57.) Zagreb, 1982. 420 p.
  • Fullerton, Sharon Golke: Paleographic Methods Used in Dating Cyrillic and Glagolitic Slavic Manuscripts. (In: Slavic Papers No. 1.) Ohio, 1975. 93 p.
  • Gosev, Ivan: Rilszki glagolicseszki lisztove. Szofia, 1956. 130 p.
  • Jachnow, Helmut: Eine neue Hypothese zur Provenienz der glagolitischen Schrift - Überlegungen zum 1100. Todesjahr des Methodios von Saloniki. In: R. Rathmayr (Hrsg.): Slavistische Linguistik 1985, München 1986, 69-93.
  • Jagic, Vatroslav: Glagolitica. Würdigung neuentdeckter Fragmente, Wien, 1890.
  • Kiparsky, Valentin: Tschernochvostoffs Theorie über den Ursprung des glagolitischen Alphabets In: M. Hellmann u.a. (Hrsg.): Cyrillo-Methodiana. Zur Frühgeschichte des Christentums bei den Slaven, Köln 1964, 393-400.
  • Miklas, Heinz (Hrsg.): Glagolitica: zum Ursprung der slavischen Schriftkultur, Wien, 2000.
  • Steller, Lea-Katharina: A glagolita írás In: B.Virághalmy, Lea: Paleográfiai kalandozások. Szentendre, 1995. ISBN 963-450-922-3
  • Vais, Joseph: Abecedarivm Palaeoslovenicvm in usum glagolitarum. Veglae, [Krk], 1917. XXXVI, 74 p.
  • Vajs, Josef: Rukovet hlaholske paleografie. Uvedení do knizního písma hlaholskeho. V Praze, 1932. 178 p, LIV. tab.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]