Alfabeto portugués

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O alfabeto portugués está formado polas seguintes letras:

Formas maiúsculas (tamén chamado de letras maiúsculas)
A B C D E F G H I J K* L M N O P Q R S T U V W* X Y* Z
Minúscula Formularios (tamén chamado de minúsculas)
a b c d e f g h i j k* l m n o p q r s t u v w* x y* z
Nota:
  1. O Acordo Ortográfico Portugués de 1990, en vigor no Brasil desde o 1 de xaneiro de 2009, inclúe as letras K, W e Y, pasando o alfabeto portugués a 26 letras.

Ademais podemos considerar tamén as seguintes, de orixe europea:

k w y

Fonética:

  • Consoantes
    • b - como o galego;
    • c - como "k" e "q" excepto antes de "e" e "i" (caso no que se le como o "s" galego), pero seguido de "h" lese "x" [sh];
    • d - como o galego;
    • f - como o galego;
    • g - como o galego, pero antes de "e" ou "i" lese como o "g" ou "j" francés;
    • h - non se le, excepto se vén despois do "n", do "l" ou do "c" - neses casos lese como "ñ" (nh), "ll" (lh), "x [sh]" (ch);
    • j - sempre como o "j" francés (son parecido entre o "x" e o "z")
    • l - como o galego;
    • m - como o galego, pero nalgúns casos con vogais pode ser máis nasal;
    • n - como o galego, pero nalgúns casos con vogais pode ser máis nasal (con "h" lese 'ñ' - nh);
    • p - como o galego;
    • q - sempre seguido de "u" - en "qua" e "quo" lese como "kw", en "que" e "qui" lese como "k";
    • r - no comezo da palabra ou no caso de dobre "r" (rr) - en xeral, semellante ó "j" castelán, mais no norte de Portugal hai xente que aínda o pronuncia como o "r" de comezo de palabra galego, no medio da palabra só (non duplo) - como o "r" galego pero menos forte;
    • s - no comezo da palabra ou como dobre "s" (ss) lese como o "s" castelán, no medio da palabra só se le como o "z" francés (non o galego! Ese son non existe no portugués), antes de consoante ou no fin da palabra como o "x" galego;
    • t - como o galego;
    • v - como o "v" francés etc. - no entanto no norte de Portugal algúns o din como "b", pero iso tende a desaparecer;
    • x - varía moito - pode ser como "ch" (="x" galego; ex: xisto, xilófono, vexame, enxame), como o "z" portugués (ex: exemplo, exercício, exacto, exame), como "ks" (ex: fixar, prolixo), como "ss" (ex: próximo, máximo, auxilio) ou como "is" (ex: texto, sexta)
    • z - como o "z" francés (os dentes están cerrados, sen a lingua entre eles, porén en contacto con eles)

Notas[editar | editar a fonte]