Iota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maiúscula e minúscula da letra iota.

Iota é o nome da novena letra do alfabeto grego (ἰῶτα); equivale ao /i/ e ao /i:/. Minúscula ι, maiúscula Ι. Adoita transcribirse como i. Provén da letra do alfabeto fenicio yōd, que representaba unha semivocal soante prepalatal, son inexistente en grego, o que propiciou a adaptación do signo á vocal /i/. Como signo numérico representaba o dez. En maiúscula serve tamén para designar o noveno canto da Ilíada de Homero e en minúscula o noveno da Odisea.

En canto ao chamado iota subscrito ou mudo ver o apartado correspondente do artigo Diacríticos do alfabeto grego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • ɩ, iota latino


Alfabeto grego
Alfa - Beta - Gamma - Delta - Epsilon - Dseta - Eta - Theta - Iota - Kappa - Lambda - Mi - Ni - Xi - Omicrón - Pi - Rho - Sigma - Tau - Ipsilon - Fi - Khi - Psi - Omega
Letras suplementarias do alfabeto grego
Digamma - Stigma - Heta - San - Sho - Qoppa - Sampi