Theta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maiúscula e minúscula da letra theta.

Nome da oitava letra do alfabeto grego (θῆτα); na pronunciación erasmista equivale ao /θ/, o primeiro son de zapato no galego non seseante, na pronunciación orixinal correspondíase cunha oclusiva dental xorda aspirada /tʰ/, que posteriormente evolucionou á fricativa /θ/. Minúscula θ, maiúscula Θ. Adoita transcribirse como t. Provén da letra do alfabeto fenicio ţēt, que representaba unha alveolar xorda enfática; ao non existir en grego un son tal, aproveitouse o signo para a representación da aspirada dental. Como signo numérico representaba o nove. En maiúscula serve tamén para designar o oitavo canto da Ilíada de Homero e en minúscula o oitavo da Odisea.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]