La Razón (España)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fundación 1998
Xénero Información xeral
País España España
Cidade Madrid
Ámbito Nacional
Lingua Castelán
Periodicidade Diaria
Publicación Matutina
Prezo unitario 1,30€
Fundador Luis María Anson
Director Francisco Marhuenda

La Razón é un xornal español de información xeral, fundado en 1998 por Luis María Anson e propiedade do Grupo Planeta. O seu director actual é Francisco Marhuenda e conta con colaboradores como Alfonso Ussía, César Vidal, Carmen Gurruchaga ou Carlos Rodríguez Braun.

A súa liña editorial é conservadora. Aínda que o seu formato variou en numerosas ocasións desde o seu primeiro número, as portadas de La Razón adoitan ser rechamantes, formadas por apenas tres ou catro noticias. A súa redacción central atópase en Madrid aínda que conta con delegacións en Cataluña, Andalucía, Murcia, Valencia e Castela e León.

Polémica[editar | editar a fonte]

Desde que Francisco Marhuenda é o seu director o diario foi protagonista pola intencionalidade e deseño das súas portadas. Chegando ata a saltar a outros medios de comunicación e propiciar un debate na rúa acerca da conveniencia de utilizar este tipo de portadas.[1] En Internet pódense atopar concursos para votar e decidir cal é a portada máis polémica.[2]

A edición do 9 de maio de 2012 causou un gran rexeitamento entre amplos sectores da esquerda e foi criticada ata polo diario francés Le Monde, onde aparecían as fotografías de cinco estudantes con nomes e apelidos e debaixo das imaxes un texto cualificábaos de axitadores por chamar á participación na manifestación contra os recortes educativos. O sindicato de estudantes de España decidiu denunciar ao xornal.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A polémica portada de La Razón axita as redes". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2013. Consultado o 28 de novembro de 2012. 
  2. "As portadas máis polémicas de La Razón". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2012. Consultado o 28 de novembro de 2012. 
  3. A portada de 'La Razón' revolve á esquerda

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]