Individuo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un individuo é unha unidade elemental dun sistema maior ou máis complexo. Respecto de dito sistema non ten sentido algo menor que un individuo. Por exemplo, respecto dunha sociedade humana non ten sentido algo menor que unha persoa.

En metafísica, a palabra individuo, se ben algunhas veces significa "unha persoa", máis frecuentemente designa calquera cousa numericamente singular. "Individuo", en canto elemento do vocabulario filosófico é un termo moi usado que se adoita encontrar en compañía de "particular" (de feito moitas veces trátase como sinónimo de particular, aínda que un se pregunta se os particulares abstractos se poden contar como individuos) e así úsase en contraposición con "universal"

O individuo é unha unidade, cada quen é un ser diferente que posúe intelixencia.

Unha famosa obra sobre os individuos e a súa individualización é a escrita por P. F. Strawson,Individuals: An essay in Descriptive Methaphysics(Londres: Methuen & Co.Ltd., 1959; Nova York: Anchor 1963)

Na vida diaria un individuo é un conxunto de pensamentos e accións que se considera coma unha entidade. Adóitase considerar a un individuo responsable das súas accións.

Pero non obstante, ocorre que despois de accidentes e enfermidades que causaron dano cerebral, os pensamentos e accións dun corpo tórnanse tan drasticamente distintas que moita xente non opina que este corpo mantén ó mesmo individuo.

No pasado as persoas non se consideraban responsables polos danos causados en estado de embriaguez. Aparentemente considerábase que nese estado o corpo non mantén ó mesmo individuo que en estado sobrio.

Pódese supoñer que a tolemia transitoria pódelle acontecer a calquera, e daquela o individuo normal é considerado ausente do corpo e polo tanto non responsable.