Vila Real
| Vila Real | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | Portugal |
| Rexión: | Rexión Norte |
| Subrexión: | Douro |
| Distrito: | Vila Real |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Superficie: | 377,67 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 49.957 hab. (2001) |
| Densidade de poboación: | 132,3 hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | 5000 Vila Real |
| Alcalde: | Manuel Martins |
| Sitio na web: | www.cm-vilareal.pt |
Vila Real é unha cidade portuguesa, capital do distrito de Vila Real, na rexión Norte e subrexión do Douro, con cerca de 19.000 habitantes (37.000 no seu perímetro urbano). Sitúase nun planalto cercado por varias montañas, de onde se destacan a serra do Marão e a do Alvão. Encóntrase a cerca de 460 metros de altitude, estando a cidade vella situada nun promontorio, delimitado polos ríos Corgo e Cabril.
É sede dun municipio con 377,67 km² de área e 49.957 habitantes (2001), subdividido en 30 freguesías. O municipio limitado ao norte cos concellos de Ribeira de Pena e de Vila Pouca de Aguiar, ao leste con Sabrosa, ao sur con Peso da Régua, ao suroeste con Santa Marta de Penaguião, ao oeste con Amarante, e ao noroeste con Mondim de Basto.
Vila Real é tamén a sede da Universidade dos Tras-os-Montes.