Tocina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tocina é unha localidade andaluza, da provincia de Sevilla. En 2005 tiña 9.114 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A súa extensión é de 14 km² e ten unha densidade de 651,0 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 36' N, 5º 44' W. Atópase situada a unha altitude de 27 metros sobre o nivel do mar e a 37 quilómetros ao noroeste da capital de provincia, Sevilla. Tocina atópase na ribeira do río Guadalquivir, e ten dous núcleos principais, Tocina e Los Rosales.

Situada ao pé da vía do tren que une Sevilla con Córdoba, a súa economía vira ao redor da produción de azucre.

Historia[editar | editar a fonte]

Os restos arqueolóxicos permiten afirmar que o que hoxe é Tocina estivo poboado dende bastantes séculos atrás, con trazos neolíticos, romanos e árabes. Logo da invasión cristiá conformouse definitivamente un núcleo habitado, baixo o dominio da Orde de Malta, que o mantivo ata o século XIX nun conxunto de territorios que se estendían polas dúas ribeiras do Guadalquivir. O núcleo estaba baixo o dominio dun comendador que foi o encargado das repoboacións e de estabelecer alcaldes. A poboación viviu do agro e dos traballos temporeiros, e sufriu tamén a crise alimentaria de comezos do século XIX. En 1860 inaugúrase a estación do ferrocarril, que lle dá un novo pulo á economía da vila e que configura un novo núcleo de poboación: Los Rosales. En 1926 comeza a practicarse o regadío extensivo e a producir azucre.