Albaida del Aljarafe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praza de España

Albaida del Aljarafe é unha localidade da provincia de Sevilla, en Andalucía (España).

Xeografía[editar | editar a fonte]

No ano 2005 contaba con 2.500 habitantes. A súa extensión é de 11 km² e ten unha densidade de 202 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 25 N, 6º 10' W. Atópase situada a unha altitude de 162 metros e a 20 quilómetros da capital da provincia, Sevilla.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundada en época turdetana co nome de Kaelia; como Laelia foi coñecida en época romana e como Al-Baida (A Branca) en época árabe. Foi conquistada por Castela en 1253 e repoboada en 1302. Pasou a chamarse Sanlúcar de Albaida ata que tomou o nome definitivo de Albaida del Aljarafe.

Cultura[editar | editar a fonte]

Dentro dos dialectos do español Albaida del Aljarafe é coñecida por conservar a pronuncia arcaica palatal do dígrafo -ll-, que en boa parte do territorio do español europeo foi substituído por un fonema fricativo (yeísmo).

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Albaida del Aljarafe