Osuna
Osuna é unha cidade e un concello español da provincia de Sevilla, na comunidade autónoma de Andalucía. O municipio tiña unha poboación 17. 698 habitantes no ano 2007, nunha área de 592 km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 14' N e 5º 06' O.
Índice |
Situación [editar]
Osuna áchase situada no centro de Andalucía a 282 metros de altitude, nunha dilatada chaira da campina sevillana, que é irrigada polos ríos Salado e Peinado, tributarios do Corbones.O extremo sur é mais montañoso (serra de Algámitas). Atravésana as estradas A-92 e máis a Nacional IV. Dista 86 km da cidade de Sevilla.
Historia [editar]
Osuna é unha cidade de gran antigüidade. Foi coñecida en época prerromana con o nome de Urso e Ursao. Os romanos nomeárona como Gemina Urbanorum. No 711 foi tomada polos árabes. O rei san Fernando conquistouna en 1239, cedéndoa en encomenda á orde de Calatrava. A mediados do século XV, foille recoñecido o señorío da cidade a Pedro Girón, comendador da orde. Xa en tempos do rei Filipe II este señorío pasou á calidade de ducado de Osuna. En 1548, o seu señor, Juan Téllez Girón, fundou a súa universidade, famosa sobre todo pola facultade de Teoloxía.
Patrimonio monumental [editar]
- Colexiata, edificada entre 1534 e 1539, en estilo plateresco, con interesantes pinturas, frescos e esculturas.
- Capela do Santo Sepulcro (1540), con o monumento funerario dos duques de Osuna.
- Universidade, tamén de estilo plateresco, construída a partir de 1538.
- Igrexa de San Domingos (Santo Domingo), posúe obras do pintor José Ribera e do tallista andaluz Juan de Mesa.
- Igrexa de Nosa Señora da Vitoria, do XVIII;
- Mosteiro da Encarnación, con decoración de azulexos.
Cidadáns célebres [editar]
- Francisco de Osuna (séc. XVI), mistico.
- Francisco Rodríguez Marín, polígrafo e erudito da literatura española.