Isla Mayor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Isla Mayor é unha localidade situada no cuadrante suroccidental da provincia de Sevilla, Andalucía, España.

No ano 2006 contaba con 5.798 habitantes. A súa extensión superficial é de 114 km² e ten unha densidade de 51,3 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 08' N, 6º 10' W. Atópase situada a unha altitude de 5 metros e a 45 km da capital de provincia, Sevilla.

O seu termo municipal atópase en terreos pertencentes ás Marismas do baixo Guadalquivir, e parte destes inclúense no ámbito do Parque Natural da Contorna de Doñana.