Tomares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación do concello dentro da provincia de Sevilla

Tomares é un municipio do sur de España, pertencente á provincia de Sevilla, Andalucía. No ano 2008 contaba con 21.921 habitantes. A súa extensión superficial é de 5,20 km² e ten unha densidade de 4.240,04 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 78 metros e a 4 quilómetros da capital de provincia, Sevilla. Pertence á comarca do Aljarafe.

Gran parte da súa poboación traballa ou estuda en Sevilla cidade, de cuxos barrios está separada unicamente polo río Guadalquivir.

Foi un dos primeiros municipios sevillanos en sufrir os procesos de urbanización masiva que caracterizan ás modernas áreas metropolitanas, ata o punto de que o 90% do seu termo municipal está xa edificado. Isto fixo que se converta nunha referencia para os municipios da súa contorna, xa que se converteu no municipio con maior crecemento demográfico de España nos últimos 10 anos.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]