Lebrija, Sevilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Lebrija na provincia de Sevilla

Lebrija é unha vila española, con concello propio da provincia de Sevilla, Andalucía. A súa poboación era de 25.165 habitantes no ano 2006. O municipio espállase por unha área de 372 km².

Lebrija é a antiga Nebrissa Venerea da época romana.

Situación[editar | editar a fonte]

Lebrija está situada na comarca das Marismas do Guadalquivir, no suroeste da provincia, a 76 km da capital, Sevilla. O terreo no que se asenta a localidade, formado polos aluvións do río Guadalquivir, no seu curso baixo, é un terreo chairo. A cidade está a tan só 36 metros de altura sobre o nivel do mar. As súas coordenadas geográficas son 36º 55' N e 6º 04' O.

Casa do Concello de Lebrija

Patrimonio cultural[editar | editar a fonte]

  • Igrexa de Santa María do Castelo, o corpo principal corresponde ao século XVI, mais está construída sobre unha antiga mezquita e contén elementos de estilo mudéxar. Retablo de Alonso Cano.
  • Igrexa da Vera Cruz, cunha talla de Juan Martínez Montañés.
  • Igrexa da Nosa Señora da Oliva.
  • Ermida do Castelo, do século XVI.
  • Ruinas do castelo medieval.

Nativos ilustres[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]