El Coronil
El Coronil é unha localidade da provincia de Sevilla, Andalucía, España.
Xeografía [editar]
No ano 2007 contaba con 5.045 habitantes. A súa extensión superficial é de 92 km² e ten unha densidade de 54,8 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 05' N, 5º 38' W. Atópase situada a unha altitude de 117 msnm e a 53 quilómetros da capital provincial, Sevilla.
O seu alargado termo municipal crúzano entre outras correntes, o río Guadalete e o arroio Salado. O núcleo urbano localízase na parte norte do termo e está bordeado pola estrada A-376. O xentilicio dos seus habitantes é o de coronileños.
Historia [editar]
Os vestixios arqueolóxicos máis antigos que se coñecen corresponden ao Calcolítico. Desa etapa é un dolmen que se acha enterrado nas inmediacións da zona coñecida como "El Calvario". Tamén existen no seu termo asentamentos do Bronce Final e os restos romanos son moi numerosos, aínda que a distribución xeral da súa parte antiga pertence ao século XV, xusto logo da súa fundación en 1381.
Digno de mención na historia da vila é o esplendor do século XVIII grazas á potente industria manufactureira dos produtos agrícolas que se daban na zona. El Coronil foi berce de personaxes relevantes no ámbito empresarial e político por exemplo a familia Candau. Na década de 1950 chegaron a constar no censo uns 10.000 habitantes. Desde entón e ata hoxe esta cifra foi descendendo progresivamente.
Monumentos [editar]
- Iglesia de Nuestra Señora de Consolación
- Castillo de las Aguzaderas
- Castillo de la Villa
- Antigua Casa Palaciega de D. Diego Quebrado (Actual Casa da Cultura)
- Casa blasonada. Calle Ricardo Candau nº 4
- Capilla de la Virgen de los Remedios
- Capilla de la Vera Cruz
- Capilla del Calvario
- Castillo de las Aguzaderas
- Casa de "la Marcela"
- Casa solariega da Calle Real-Plaza Vieja
- Torre de almazara
- Pozo del Morisco