La Puebla del Río

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°16′N 06°03′W / 37.267°N 6.050°W / 37.267; -6.050 La Puebla del Río é unha localidade da provincia de Sevilla, Andalucía, España.

Xeografía[editar | editar a fonte]

No ano 2007 contaba con 11.851 habitantes. A súa extensión superficial é de 377 km² e ten unha densidade de 31,43 hab/km². Os súas coordenadas xeográficas son 37º 16′ N, 6º 03′ W. Atópase situada a unha altitude de 22 metros e a 14 quilómetros da capital de provincia, Sevilla.

Na súa extensión hai cultivos de regadío, laranxeiras, arroz e millo, entre outros.

Turismo[editar | editar a fonte]

Situada dentro da contorna do Parque Nacional de Doñana, esta localidade sobresae pola súa gran riqueza ambiental. Diversos espazos protexidos ocupan gran parte do seu termo municipal, dotándoo dun gran interese para estudiosos e amantes da natureza en xeral.