Mairena del Aljarafe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mairena del Aljarafe é unha localidade andaluza, localizada na provincia de Sevilla. No ano 2008 contaba con 39.831 habitantes. A súa extensión superficial é de 17 km² e ten unha densidade de 2.250,34 hab/km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

As súas coordenadas xeográficas son 37º 20' N, 6º 04' Ou. Atópase situada a unha altitude de 85 metros e a 9 km da capital de provincia, Sevilla.

Pertence á área metropolitana de Sevilla situada no Aljarafe sevillano, de carácter residencial e cun dos máis modernos parques industriais de Andalucía, o Parque Industrial e de Servizos Aljarafe (PISA).

Conta con vivendas de calidade media e barrios residenciais como Ciudad Aljarafe e Ciudad Expo e algunhas urbanizacións con perfís socioeconómicos alto como Simón Verde, o que a converten nun gran atractivo para a poboación da veciña capital. O principal problema, presente en toda a área metropolitana, segue sendo a escasa rede viaria para acceder tanto á capital como a outras poboacións da contorna. Unha próxima liña de metro con saída na urbanización Ciudad Expo comunicaraa en poucos minutos cos barrios sevillanos dos Remedios, Puerta Jerez e Nervión, podendo dar orixe a un novo despegue desta zona.

O 20 de novembro de 2006 abriuse o centro comercial Metromar.