Xenxibre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Zingiber officinale»)
Raíz de xenxibre empregada coma ingrediente culinario.
Gari, conserva en vinagre típica da gastronomía xaponesa, especialmente acompañando ao suxi.

O xenxibre[1][2] (Zingiber officinale) é unha planta da familia das cinxiberáceas, cuxa raíz está formada por rizomas horizontais moi apreciados polo seu recendo e sabor picante. A planta chega a 90 cm. de altura, con longas follas de 20 cm. O seu rizoma é carnoso, de forma alongada, nodoso, de cor castaña clara polo exterior e abrancazada polo interior; desecado emprégase coma condimente, caracterizándose polo seu sabor picante[3].

Medra en todas as rexións tropicais do mundo. As variedades máis caras e de maior calidade xeralmente proceden de Australia, India e Xamaica, mentres que as máis comercializadas cultívanse na China.

Usos culinarios[editar | editar a fonte]

O rizoma utilízanse na maioría das cociñas do mundo, é tenro e zumarentos e carnosos cun suave sabor. Adóitanse conservar en vinagre (no gari tan frecuente coma acompañante no suxi xaponés) como aperitivo ou simplemente engádense coma ingrediente de moitos pratos. As raíces maduras son fibrosas e enxoitas. O mollo dos rizomas vellos é extremadamente picante e a miúdo utilízase como especia na cociña chinesa para disimular outros recendos e sabores máis fortes, coma o do marisco e maila carne de año.

Na cociña occidental, o xenxibre, seco ou en po restrínxese tradicionalmente aos alimentos doces, utilízase para elaborar caramelos, pan de xenxibre, para lle dar sabor aos biscoitos e galletas e coma condimento principal da gasosa de xenxibre ou "ginger ale", bebida doce, carbonatada e sen alcol.

Usos terapéuticos[editar | editar a fonte]

En investigacións médicas demostrouse que a raíz de xenxibre é un efectivo tratamento contra das vascas causadas polos mareos en medios de transporte, así coma das padecidas polas mulleres embarazadas. Utilízase tamén como estimulante gastrointestinal, tónico e expectorante, entre outros. Contén moitos antioxidantes. Externamente serve para tratar traumatismos e reumatismos.

Valor nutricional[editar | editar a fonte]

Po de xenxibre
Raíz de xenxible crúa
Valor nutricional por 100 g
Enerxía333 kJ (80 kcal)
17.77 g
Azucres1.7 g
Fibra alimentaria2 g
0.75 g
1.82 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
2%
0.025 mg
Riboflavina (B2)
3%
0.034 mg
Niacina (B3)
5%
0.75 mg
Ácido pantoteico (B5)
4%
0.203 mg
Vitamina B6
12%
0.16 mg
Ácido fólico (B9)
3%
11 μg
Vitamina C
6%
5 mg
Vitamina E
2%
0.26 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
2%
16 mg
Ferro
5%
0.6 mg
Magnesio
12%
43 mg
Manganeso
11%
0.229 mg
Fósforo
5%
34 mg
Potasio
9%
415 mg
Sodio
1%
13 mg
Cinc
4%
0.34 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga79 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient


Especies semellantes[editar | editar a fonte]

Os xermolos da especie Zingiber mioga Roscoe consómense na cociña xaponesa.

Outra das especies da Zingiberáceas, a Alpinia galanga, utilízase de forma semellante ao xenxibre na cociña tailandesa.

A especie procedente do leste dos EUA, Asarum canadense, da familia das Aristolochiaceae, coñecida como teudo silvestre aínda que non está emparentada co xenxibre, ten propiedades recendentes parecidas, mais con todo, non se debe utilizar coma substituto do xenxibre xa que contén ácido aristolóchico, un axente canceríxeno. Esta planta é un diurético e estimulante urinario.

Produción[editar | editar a fonte]

Dez primeiros produtores mundiais – 11 de xuño de 2008
País Produción (toneladas)
India India 380,100
China 331,393
Indonesia 192,500
Nepal 174,268
Tailandia 170,125
Nixeria Nixeria 152,106
Bangladesh 72,608
Xapón 52,000
Filipinas 27,415
Camerún Camerún 12,000
Total mundial 1,615,974

Fonte: Food And Agricultural Organization of United Nations: Economic And Social Department: The Statistical Division

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Zingiber officinale foi descrita por William Roscoe e publicado en Transactions of the Linnean Society of London 8: 348. 1807.[4]

Etimoloxía

O seu nome provén do indoeuropeo: en sánscrito dicíase singavera, que significa «corpo de corno» (śṛṅga: «corno» e vera: «corpo, berinxela, sasafrán, boca»).[5]

Sinonimia
  • Amomum angustifolium Salisb.
  • Amomum zingiber L.
  • Amomum zinziba Hill
  • Curcuma longifolia Wall.
  • Zingiber aromaticum Noronha
  • Zingiber cholmondeleyi (F.M.Bailey) K.Schum.
  • Zingiber majus Rumph.
  • Zingiber missionis Wall.
  • Zingiber officinale var. cholmondeleyi F.M.Bailey
  • Zingiber officinale f. macrorhizonum (Makino) M.Hiroe
  • Zingiber officinale var. macrorhizonum Makino
  • Zingiber officinale f. rubens (Makino) M.Hiroe
  • Zingiber officinale var. rubens Makino
  • Zingiber officinale var. rubrum Theilade
  • Zingiber officinale var. sichuanense (Z.Y.Zhu, S.L.Zhang & S.X.Chen) Z.Y.Zhu, S.L.Zhang & S.X.Chen
  • Zingiber sichuanense Z.Y.Zhu, S.L.Zhang & S.X.Chen
  • Zingiber zingiber (L.) H.Karst.[6]

Nome en galego[editar | editar a fonte]

A Real Academia Galega só recolle o termo xenxibre como normativo. Como planta non nativa en Galicia, carece de forma tradicional en galego, e os primeiros dicionarios galegos empregaron a voz sinxebra[7]. Existen tamén as variantes xinxebra[8] e gingebra[9], pero ás máis das veces estes termos confúndense coa especie chamada oficialmente en galego seixebra: Teucrium scorodonia, polo que non está claro Juan Cuveiro Piñol (1876): Diccionario Gallego, Barcelona O nome teudo parece referirse exclusivamente á especie Teucrium scorodonia (a seixebra), que, como ás veces é chamada de sinxebra ou xinxebra, confúndese co xenxibre.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xenxibre.
  2. Sen presenza nas obras lexicográficas modernas, a voz sinxebra aparece entre outros nos dicionarios: Leandro Carré Alvarellos (1928-1931): Diccionario galego-castelán, 1ª ed., Lar, A Cruña, 1926-1931; Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo; X. L. Franco Grande (1972): Diccionario galego-castelán, 2ª ed., Galaxia, Vigo
  3. Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012), Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  4. "Xenxibre". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  5. Segundo o Sanskrit-English Dictionary do sanscritólogo británico Monier Monier-Williams (1819-1899).
  6. "Xenxibre". The Plant List. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  7. Leandro Carré Alvarellos (1928-1931): Diccionario galego-castelán, 1ª ed., Lar, A Cruña, 1926-1931; Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo; X. L. Franco Grande (1972): Diccionario galego-castelán, 2ª ed., Galaxia, Vigo
  8. Juan Cuveiro Piñol (1876): Diccionario Gallego, Barcelona; e Leandro Carré Alvarellos (1979): Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán -galego, A Coruña, Moret
  9. Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]