Rennes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Roazhon")

Coordenadas: 48°6′53″N 1°40′46″O / 48.11472, -1.67944

Rennes
Roazhon (en bretón)
Drapeau Rennes.svg Blason Rennes.svg
Rennes place de la République DSC 4521.JPG
Palais de Commerce
Situación xeográfica
Rennes en Francia
Rennes
Rennes
Rennes en Bretaña
Rennes
Rennes
País Francia Francia
Rexión Bretaña
Departamento Ille e Vilaine
Distrito Distrito de Rennes
Xeografía
Altitude 20-74 msnm
Superficie 50,39 km²
Poboación
Poboación 206.604 hab. (2009)
Densidade 4.100 hab/km²
Información
Código postal 35000, 35200, 35700
Alcalde Nathalie Appéré (PS) (2014-2020)
Páxina web Páxina oficial de Rennes
O pazo do parlamento da Bretaña, reconstruído despois do incendio de 1994. Protexe o Tribunal de Apelación de Rennes.

Rennes (en bretón: Roazhon, en galó: Resnn) é un concello francés, cabeza do departamento de Ille e Vilaine e da rexión da Bretaña en Francia, así como unha das capitais históricas do ducado da Bretaña. Sitúase ao leste da Bretaña na confluencia do río Ille e do río Vilaine, no Arco Atlántico, a 50 km da canle da Mancha e a 80 km do océano Atlántico.

Rennes xorde entre o II e o primeiro século antes de Cristo como capital da tribo gala dos redóns. A cidade chamábase Condate. Durante a Idade Media, coa chegada dos pobos bretóns e a consolidación do ducado da Bretaña fronte o poder carolinxio e logo dos reis de Francia, Rennes confirmouse como unha das poboacións máis importantes da rexión fronteiriza do ducado, a marca da Bretaña. Após a anexión do ducado da Bretaña ó reino de Francia, Rennes converteuse nunha capital provincial e acolleu o Parlamento da Bretaña.

Trala Segunda Guerra Mundial, Rennes aumentou fortemente a súa poboación, desenvolvendo o sector industrial (destacando a gran fábrica de Citröen) e consolidouse como importante centro educativo grazas ás súas universidades. Hoxe en día, Rennes é un centro de innovación dixital e tecnolóxico recoñecido en Francia.

En 2012, cunha poboación de 210 000 habitantes (incluíndo 60 000 estudantes) e 700 000 habitantes na súa área urbana[1], Rennes é a décima cidade máis importante de Francia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Rennes atópase a 308 km ó oeste de París, en liña recta. Ocupa unha posición excéntrica en relación co conxunto do territorio da Bretaña, atopándose a 50 km do límite oriental da rexión e a 250 km da punta occidental de Finistère. A súa situación occidental en relación co resto do territorio nacional impulsouno a xogar un papel central no Arco Atlántico, unha das grandes rexións transnacionais recoñecidas pola Comisión Europea.[2]

Atópase no corazón dunha área urbana de 690 000 habitantes, repartidos entre unhas 190 comunidades periurbanas. Xoga un papel crucial na economía da Bretaña moderna.

Rennes forma parte e é sede de Rennes Métropole.[3]

Clima[editar | editar a fonte]

Goza dun clima oceánico, con invernos un pouco fríos e húmidos, e veráns algo secos e moderadamente quentes.

Datos climáticos de Rennes, Brittany
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Media máxima en °C (°F) 8.7 9.6 12.7 15.2 18.9 22.2 24.5 24.3 21.6 17.0 12.1 9.1 16.4
Media mínima en °C (°F) 3.0 2.6 4.5 5.9 9.3 11.9 13.8 13.7 11.4 9.1 5.5 3.3 7.9
Precipitación mm (pulgadas) 67.6 49.1 51.6 50.9 67.2 46.7 49.1 37.8 59.0 74.8 67.5 72.7 694.0
Med. días de precipitacións 11.5 9.4 9.8 9.9 9.8 7.3 7.3 6.4 7.7 11.1 11.7 12.4 114.4
Med. días de neve 2.1 2.6 1.5 0.6 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.7 1.7 9.2
 % humidade 87 83 79 76 77 75 75 76 80 85 87 87 80.6
Media de horas de sol mensuais 69.1 87.2 128.4 162.7 191.2 217.3 210.7 205.5 177.8 117.5 81.3 68.6 1717.1
Source #1: Météo France[4][5]
Source #2: Infoclimat.fr (humidity, snowy days 1961–1990)[6]

Administración[editar | editar a fonte]

Lista de alcaldes
Período Nome Partido
1944-1953 Yves Millon
1953-1977 Henri Fréville MRP
1977-2008 Edmond Hervé PS
2008-2014 Daniel Delaveau PS
2014- Nathalie Appéré PS

Demografía[editar | editar a fonte]

Poboación[editar | editar a fonte]

Área urbana de Rennes.

Evolución demográfica[editar | editar a fonte]

1793 1800 1806 1821 1831 1836 1841 1846 1851
30 160 25 904 29 225 29 589 27 340 35 552 37 895 39 218 39 505
1856 1861 1866 1872 1876 1881 1886 1891 1896
45 664 45 483 48 283 52 044 57 177 60 974 66 139 69 232 69 937
1901 1906 1911 1921 1926 1931 1936 1946 1954
74 676 75 640 79 372 82 241 83 418 88 659 98 538 113 781 124 122
1962 1968 1975 1982 1990 1999 2006 - -
151 948 180 943 198 305 194 656 197 536 206 229 209 613 - -

Educación[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]
  2. Páxina da Comisión Arco Atlántico
  3. http://metropole.rennes.fr/
  4. "Données climatiques de la station de Rennes" (en French). Meteo France. Consultado o 16 de decembro de 2014. 
  5. "Climat France" (en French). Meteo France. Consultado o 16 de decembro de 2014. 
  6. "Normes et records 1961-1990: Rennes-St Jacques (35) - altitude 36m" (en French). Infoclimat. Consultado o 16 de decembro de 2014. 
  7. delimitada polos movementos cotiáns de traballo, segundo os criterios do INSEE

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rennes Modificar a ligazón no Wikidata
Bretagne-Drapeau.png
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]