Conversa usuario:Fersanlo58

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Fersanlo58!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Prezado Fernando Santamaría Lozano: por favor, bótalle un ollo a Wikipedia:Conflito de intereses. Non se considera correcto editar sobre proxectos ou persoas cos que se ten unha relación persoal. Non obstante, anímoo a seguir editando na Wikipedia noutros campos de coñecemento. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras...

Fersanlo58 (conversa) 29 de decembro de 2018 ás 17:10 (UTC)[responder]

Conflito de interese[editar a fonte]

Boas tardes Fernando, por favor abstéñase de editar en Uniom por Umha Democracia Nacional Galega, xa que supón exemplo claro conflito de intereses. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 10 de decembro de 2018 ás 17:06 (UTC)[responder]

Xa expuxen o tema na tua páxina de "conversa" coma Administrador. (Figura no nº 40 no "Índice" de "conversas".)Fersanlo58 (conversa) 28 de decembro de 2018 ás 12:37 (UTC)Fersanlo58 (conversa) 28 de decembro de 2018 ás 12:41 (UTC)[responder]

En fin, "Amperio", podería vostede, canto teña tempo explicarme qué podo fazer para ter un artigo encol da UDNG na Galipedia? Helena Villar Janeiro dixome polo Messenger que o seu artigo fixerao un tal Ramiro Torres. Tentei contatar con él, pero non o consigo. Tamén con Jorge Sierra Canduela, e o mesmo. E mesmo con Xose Carlos Solla Lago. Poderían fazelo dende EEUU?

Bos días, perdoe por non contestar ata agora, non estiven na casa e non tiña o ordenador a man. Eu pouco máis podo dicirlle sobre este tema, as políticas da Galipedia son as que son. En Wikipedia:Conflito de intereses queda bastante claro, ao meu entender, que se eu son o creador neste caso dun partido político non poderei crear o artigo sobre ese partido xa que eu non sería parte neutral. Non entendo que teñen que ver todas esas persoas que menciona neste asunto, nin a diferenza que poida haber en que o artigo se cree desde Estados Unidos. Por outro lado, vin que no taboleiro dos administradores mencionou que na wikipedia inglesa hai menos trámites, aquí ten as súas políticas sobre este tema e verá que son incluso máis duras cas nosas. Como xa lle dixo outro usuario, se seu partido realmente ten importancia ou relevancia pública xa se encargará alguén de crear a súa páxina. O que fagan en Znet, parabén por eles, pero a Wikipedia non é un blog nin un foro político. Saúdos. --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2018 ás 11:39 (UTC)[responder]

Prezado Fernando: por que esa teima en que haxa artigo na Galipedia sobre Uniom por Umha Democracia Nacional Galega? Sobre Helena Villar Janeiro hai moita bibliografía en enciclopedias e libros de referencia; pero realmente consideras que un partido que -como ti mesmo comentaches- creaches cuns amigos, que nunca acadou representación en institución ningunha, e que non ten actividade ningunha, merece ter artigo nunha enciclopedia? Eu diría que non. A Wikipedia é unha enciclopedia, e os seus contidos responden aos criterios de notoriedade. Todos e todas temos uns embigos fermosísimos, pero hai cousas que son importantes e cousas que non o son.

Dígoche isto sen acritude, e como mencionou outro compañeiro, anímote a colaborar na Wikipedia noutros campos de coñecemento.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de decembro de 2018 ás 22:08 (UTC)[responder]

Acho unha última solución: deixar o artigo como estaba antes de que eu redactara a sección "Ideoloxia." Alguén, non eu, redactou esa pequena entrada. Imagino que a teredes a versión nalgún arquivo. Encol da "teima," non sei ... A UDNG existe, ten acta notarial, acudin a Madrid a rexistrala na sede do Ministerio de Interior. Ten certa actividade na rede, como poidedes ver buscando en Facebook nas páginas de Anova-asamblea de Compostela, ou tecleando "Fernando Santamaria, Naomi Klein" no caxetín de búsquedas de Facebook. Presentei ultimamente escritos á WHO (Organización Mundial da Saude, encol dos presupostos da Sanidade Pública en Galicia), a Greenpeace International e dous eurodiputadas do grupo verde do Parlamento Europeo (Franziska Keller e Gabriele Zimmer) sobre a cuestión da Avaliación do Impacto Ambiental das plantas de Alcoa na Comunidade). E gustaría ter unha mención da UDNG, linda que fose mínima, na Wikipedia em Galego.Fersanlo58 (conversa) 30 de decembro de 2018 ás 12:06 (UTC)[responder]