Uzbekistán nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uzbekistán nos Xogos Olímpicos

Código COI UZB
Comité nacional Comité Olímpico Nacional de Uzbekistán
www.olympic.uz (en uzbeko)
Medalleiro
Ouro
11
Prata
6
Bronce
20
Total
37

Uzbekistán participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos como unha nación independente en 1994, e dende entón enviou deportistas para participar en cada edición dos Xogos de Verán e de Inverno. Anteriormente, os deportistas uzbekos competiron como parte da Unión Soviética dende 1952 até 1988, e despois da disolución da Unión Soviética, Uzbekistán formou parte do Equipo Unificado en 1992.

Os deportistas uzbekos gañaron un total de trinta e seis medallas nos Xogos Olímpicos de Verán, principalmente en loita e boxeo. O país tamén gañou unha medalla nos Xogos Olímpicos de Inverno.

O Comité Olímpico Nacional de Uzbekistán foi creado en 1992 e recoñecido polo Comité Olímpico Internacional en 1993.

Táboas coas medallas[editar | editar a fonte]

Medallas nos Xogos de Verán[editar | editar a fonte]

Xogos Ouro Prata Bronce Total Posto
1900–1912 como parte do Imperio Ruso Imperio Ruso
1952–1988 como parte da Unión Soviética Unión Soviética
España Barcelona 1992 como parte do Equipo Unificado
Atlanta 1996 0 1 1 2 58
Australia Sydney 2000 1 1 2 4 43
Grecia Atenas 2004 2 1 2 5 35
República Popular da China Pequín 2008 0 1 3 4 62
Londres 2012 0 0 3 3 48
Río de Xaneiro 2016 4 2 7 13 21
Xapón Toquio 2020 3 0 2 5 32
Francia París 2024 Evento futuro
Os Ánxeles 2028 Evento futuro
Total 10 6 20 36 51

Medallas nos Xogos de Inverno[editar | editar a fonte]

Xogos Ouro Prata Bronce Total
1952–1988 como parte da Unión Soviética Unión Soviética
Francia Albertville 1992 como parte do Equipo Unificado
Lillehammer 1994 1 0 0 1
Xapón Nagano 1998 0 0 0 0
Salt Lake City 2002 0 0 0 0
Italia Turín 2006 0 0 0 0
Vancouver 2010 0 0 0 0
Sochi 2014 0 0 0 0
Pyeongchang 2018 0 0 0 0
República Popular da China Pequín 2022 Evento futuro
Italia Milán–Cortina 2026 Evento futuro
Total 1 0 0 1

Medallas por deporte[editar | editar a fonte]

Xogos de Verán
Deporte Ouro Prata Bronce Total
Boxeo 5 2 8 15
Loita 2 2 4 8
Halterofilia 2 0 1 3
Taekwondo 1 0 0 1
Judo 0 2 5 7
Ximnasia 0 0 2 2
Total 10 6 20 36
Xogos de Inverno
Deporte Ouro Prata Bronce Total
Esquí acrobático 1 0 0 1
Total 1 0 0 1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]