Loxo, Touro
Loxo | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa María de Loxo. | |
Concello | Touro[1] |
Provincia | A Coruña |
Poboación | 430 hab. (2012) |
Entidades de poboación | 18[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Loxo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Touro na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2012 tiña 430 habitantes (226 mulleres e 204 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 526 habitantes.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Dentro da súa orografía destaca o monte do Coto (392 m). Posúe un río, o Pucheiras, que é subafluente do Ulla. No territorio de Loxo encontrase parte dunha antiga explotación mineira dedicada a extracción de cobre, actualmente ocupadas por unha empresa dedicada a construción de obras.
Comunícase a través da estrada AC-240 que vertebra todo o municipio de Touro. Hai servizos de autobuses diarios entre Loxo e Santiago de Compostela.
Economía[editar | editar a fonte]
Loxo pasou de ser unha parroquia eminentemente agrícola e gandeira a converterse no lugar de residencia dependente economicamente dos sectores secundarios e terciarios de Santiago de Compostela principalmente.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
- Igrexa parroquial de Santa María.
- Capela de San Sebastián.
- Cruceiro.
- Sobreira centenaria (no cemiterio da igrexa parroquial).
Festividades[editar | editar a fonte]
O Coto, na honra a San Sebastián e a Santa Lucía (sábado e domingo da primeira fin de semana de xullo respectivamente), Santa María 15 de agosto, San Roque 16 de agosto e Virxe do Carme 17 de agosto[Cómpre referencia].
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Loxo[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Loxo no concello de Touro (A Coruña) | |
---|---|
Arinteiro | Os Bravos | A Capela | As Casas Novas | O Cotiño | A Eirexe | A Goleta | As Goritas | Loureda | Louredela | Loxo | Outeiro | Peixón | Os Torreis de Abaixo | Os Torreis de Arriba | Tribás | Vilanova | Vilaperre |