Pedro Costa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Non confundir con Pedro Costa Musté (Barcelona, 1941-Torrelodones, 2016 ), guionista, produtor e director de cine e televisión catalán.
Pedro Costa
Nacemento3 de marzo de 1959
 Lisboa
NacionalidadePortugal
Alma máterUniversidade de Lisboa
Ocupacióndirector de cine, guionista, montador, director de fotografía e deseñador de iluminación
PremiosPrix France Culture Cinéma
editar datos en Wikidata ]

Pedro Costa, nado en Lisboa o 3 de marzo de 1959, é un director de cine portugués, coñecido como un innovador na área do cine experimental e docu-ficción. Emprega como ferramentas básicas de gravación as cámaras lixeiras de vídeo dixital. As súas planificacións estéticas recollen os principios do denominado cine directo. Está considerado como o herdeiro dos documentais en 16 mm do grupo Novo cinema portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pedro Costa é fillo do xornalista e realizador de televisión Luís Filipe Costa. Abandonou os seus estudos de historia na Universidade de Lisboa para ingresar na Escola Superior de Teatro e Cinema.

Logo de traballar como axudante de dirección para varios directores -como Jorge Silva Melo e João Botelho-, fixo o súa primeira longametraxe Ou Sangue (O sangue) en 1989. Pertence, como Teresa Villaverde, á xeración xurdida nos anos 90 do século XX.

A obra de Pedro Costa continúa a tarefa iniciada en Portugal por Manoel de Oliveira e António Campos, na que o cine inspírase no concepto antropoloxía visual, tradición tamén explorada por cineastas como António Reis e Ricardo Costa, quen utilizan a docu-ficción.

Moitas das súas películas están feitas nun barrio de Lisboa habitado por persoas marxinadas onde grava en ambientes reais -sen ningún tipo de decorado- nun ton narrativo que se achega aos documentais. Pero traballa coa sensibilidade, preto da ficción, quere lograr imaxes-sentimentos (citou, entre outros, a Renoir ou Mizoguchi). É famoso polo seu estilo ascético para describir ás situacións de desesperación que sofren os pobres e marxinados, sen ser sociolóxico. Non é de estrañar que fixese a película Onde jaz o teu sorriso? (2001), un documental sobre Danièle Huillet e Jean-Marie Straub.

Xa con No Quarto da Vanda (2000), logrou unha nova modernidade expresiva, que resultou rubricada con Juventude em Marcha (2006): en ambos filmes a imaxe dixital remitíase aos grandes mestres do claroscuro e removía toda a poética do realismo precedente.

A súa recente película Ne change rien, documental rodado en Portugal e Francia, céntrase nunha cantante que vive entre ensaios e gravacións nun ático, por unha banda, e no escenario dun café.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • 1984 - É Tudo Invenção Nossa
  • 1989 - O Sangue
  • 1995 - Casa de Lava
  • 1997 - Ossos (Huesos)
  • 2000 - No Quarto da Vanda
  • 2001 - Où gît votre sourire enfoui? Onde jaz o teu sorriso?, cos cineastas Danièle Huillet e Jean-Marie Straub
  • 2006 - Juventude em Marcha. Película seleccionada para o Festival de Cannes de 2006
  • 2007 - Memories
  • 2007 - O Estado do Mundo — Capítulo Tarrafal
  • 2009 - Ne Change Rien (A experiencia como cantante da actriz Jeanne Balibar).[1]100 minutos. con Jeanne Balibar, Rodolphe Burger, Hervé Loos e Arnauld Dieterlen.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Génesis en claroscuro", artigo en El País, 11 de xuño de 2010 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]