Saltar ao contido

Tierra del Fuego (filme de 2000)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tierra del Fuego
 Instancia de
 Título
Tierra del Fuego (es) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Xénero artístico
Implicados
 Director/a
 Director/a fotografía
Datas
 Data de publicación
19 de maio de 2000 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
ISAN0000-0000-4206-0000-H-0000-0000-N Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/080b3bx Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0192678 Filmaffinity: 775835 Allocine: 26841 Rottentomatoes: m/tierra_del_fuego_2000 Allmovie: v201826 TCM: 533574 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Tierra del Fuego é un filme chileno de 2000 dirixido por Miguel Littín. Baséase nunha historia curta homónima escrita por Francisco Coloane, e conta a conquista da Terra do Fogo por Julius Popper. Popper foi un enxeñeiro xudeoromanés nacionalizado arxentino, e un dos principais responsables do xenocidio selk'nam, un dos pobos indíxenas que habitaron o Arquipélago de Terra do Fogo.[1][2] Estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2000.[3]

O filme está protagonizado por recoñecidos actores de distintas nacionalidades, e a música foi composta polo grupo galego Milladoiro e polo cantautor chileno Ángel Parra, fillo de Violeta Parra.[4]

Ambientado a finais do século XIX, Julius Popper toma posesión da Illa Grande da Terra do Fogo en nome da raíña de Romanía Isabel de Wied (alcumada Carmen Sylva; 1843-1916).[5] Na súa misión na procura de ouro, amparada baixo o lema «civilización ou morte»,[4] é acompañado por personaxes de diversas nacionalidades, tales como Armenia, unha bela prostituta, Spiro, un aventureiro italiano, Shaeffer, un alemán fiel a Popper, Novak, un austríaco que exerce como xeneral do grupo e Silveira, un galego intérprete de gaita.[5]

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]

Foi rodado en Punta Arenas e Terra do Fogo, na Zona Austral de Chile, e en Galicia.[4] Estreouse no mes de maio no Festival de Cannes de Francia,[6] e a súa estrea en Chile foi o 6 de xullo do mesmo ano.[4]

  1. Segundo memorias de Federico Echelaite no filme documental Los onas, vida y muerte en Tierra del Fuego, de A. Montes, A. Chapman e Jorge Preloran.
  2. Gusinde, Martin (1951). Hombres primitivos en la Tierra del Fuego (de investigador a compañero de tribu). Sevilla: Escuela de Estudios Hispano-Americanos de Sevilla. pp. 98–99.
  3. festival-cannes.com (ed.). "Festival de Cannes: Tierra del fuego". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2012. Consultado o 16 de outubro de 2009.
  4. 1 2 3 4 CineChile. "Tierra del Fuego (2000)". Consultado o 13 de agosto de 2013.
  5. 1 2 Filmaffinity. "Tierra del Fuego". Consultado o 13 de agosto de 2013.
  6. IMDb. "Tierra del Fuego (2000). Release Info" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]