A lingua das bolboretas
| A lingua das bolboretas | |||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||||||
A lingua das bolboretas é a versión cinematográfica de varios relatos do escritor Manuel Rivas, publicados dentro do libro Que me queres, amor?. José Luis Cuerda levou ó cine no ano 1999 esta historia da infancia nun contorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República Española.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O filme trata sobre a relación dun neno e o seu mestre durante a época anterior á guerra civil española. Ó principio o neno, Moncho, ten medo de ir á escola xa que o asustaran dicíndolle que os mestres zoupaban nos estudantes. Iso era habitual na educación da época, pero o seu mestre non é así, xa que Don Gregorio utiliza o método de observación como ensinanza. Don Gregorio ensínalle moitas cousas a Moncho e principalmente fálalle sobre a liberdade.
Nese tempo prodúcese a sublevación militar de 18 de xullo de 1936. Os sublevados conseguen o control dos gobernos civís e militares nas capitais provinciais galegas, e comezan as incursións de determinados grupos de falanxistas e gardas civís polas vilas e aldeas, á procura de republicanos para lles aplicaren represalias. Iso acontece na vila do filme: levan presos varios republicanos nun camión. No camión, atópanse varios amigos e coñecidos do lugar e tamén está Don Gregorio. Os pais de Moncho, en especial a súa nai, exhórtano a que berre contra os republicanos, deixando clara a súa postura política. Comezou a berrarlles "Roxos! Asasinos!", como facían os demais, pero ó cabo, marchou correndo detrás do camión dicíndolle a Don Gregorio "Tilonorrinco! Espiritrompa!", palabras que aprendera del nas súas clases.
Contexto político do filme
[editar | editar a fonte]A historia narrada ten como pano de fondo os feitos acontecidos logo que os militares sublevados en xullo de 1936 atinxisen o poder civil e militar nas catro provincias galegas. Determinados grupos de falanxistas e gardas civís axiña comezaron a percorrer o territorio galego e asasinaron milleiros de persoas que cumprisen unha ou varias das seguintes características: seren militantes de partidos da esquerda ou de sindicatos; seren defensores da lingua galega ou galeguistas en xeral; seren mestres/as a exerceren a súa profesión segundo uns principios de modernidade pedagóxica e laicismo, de acordo coa Institución Libre de Enseñanza e o Museo Pedagóxico Nacional español.
Premios
[editar | editar a fonte]| Persoa | Resultado | |
|---|---|---|
| Mellor filme | Candidata | |
| Mellor director | José Luis Cuerda | Candidato |
| Mellor actor protagonista | Fernando Fernán Gómez | Candidato |
| Mellor actor revelación | Manuel Lozano | Candidato |
| Mellor guión adaptado | Rafael Azcona José Luis Cuerda Manuel Rivas |
Gañadores |
| Mellor música orixinal | Alejandro Amenábar | Candidato |
| Mellor fotografía | Javier G. Salmones | Candidato |
| Mellor montaxe | Nacho Ruiz Capillas | Candidato |
| Mellor dirección artística | Josep Rosell | Candidato |
| Mellor dirección de produción | Emiliano Otegui | Candidato |
| Mellor deseño de vestiario | Sonia Grande | Candidata |
| Mellor maquillaxe e peiteado | Ana López Puigcerver Teresa Rabal |
Candidatas |
| Mellor son | Daniel Goldstein Ricardo Steinberg Patrick Ghislain |
Candidatos |
Actores
[editar | editar a fonte]- Fernando Fernán Gómez como Don Gregorio
- Manuel Lozano como Moncho
- Elena Fernández como Carmiña
- Uxía Blanco como Rosa
- Gonzalo Uriarte como Ramón
- Alexis de los Santos como Andrés
- Jesús Castejón
- Guillermo Toledo
- Tamar Novas
- Tatán
- Roberto Vidal Bolaño
- Celso Parada
- Celso Bugallo
- Tucho Lagares
- Milagros Jiménez
- Lara López
- Alberto Castro
- Diego Vidal
- Xosé Manuel Olveira "Pico"
- Manuel Piñeiro
- Alfonso Cid
- Manuel Seara
- José Ramón Vieira
- Antonio Pérez
- Eduardo Gómez
- Eva Fernández
- Fely Manzano
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A lingua das Bolboretas en AVG Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- Galespa[Ligazón morta]