Saltar ao contido

Pacto de Varsovia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tratado de Varsovia»)
Pacto de Varsovia
Logo
AcrónimoAínda que non existía un acrónimo como tal, era coñecido como "Pacto" ou "O Pacto"; en inglés o seu nome era "Warsaw Pact," e en ruso, "Варшавский договор" (Varshavskiy dogovor)
Tipoorganización internacional e alianza militar
Data de fundación14 de maio de 1955
Data de disolución1 de xullo de 1991
Nomeado en referencia aTratado de Varsovia
Nº de empregados7.300 Editar o valor en Wikidata
SedeMoscova
editar datos en Wikidata ]
En vermello, os países membros do Pacto de Varsovia.

O Pacto de Varsovia ou Tratado de Varsovia foi unha alianza militar dos países do bloque soviético de Europa do Leste coma un intento para organizarse en contra da ameaza que percibían da OTAN, establecida en 1949, pero especificamente incitado pola integración dunha remilitarizada Alemaña Occidental dentro da OTAN coa ratificación dos Acordos de París polas nacións de occidente.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O tratado foi establecido por Nikita Khrushchev o 14 de maio de 1955. Oficialmente denominado Tratado da Amizade, Colaboración e Asistencia Mutua. Foi firmado pola Unión Soviética, Albania, Bulgaria, Romanía, Alemaña do Leste, Hungría, Polonia e Checoslovaquia.

Todos os países comunistas de Europa do leste, agás Iugoslavia, asinaron o tratado. Os membros do Pacto de Varsovia acordaron a defensa mutua se algún dos membros fose atacado.

Aínda que o pacto tiña o nome da capital polaca Varsovia, na práctica, a Unión Soviética tiña practicamente o control da alianza, tanto político coma militar. O pacto finalizou o 31 de marzo de 1991 e foi oficialmente disolto nunha reunión en Praga o 1 de xullo dese ano.

Albania retirouse da alianza en 1961 coma resultado da separación sino-soviética na que o réxime estalinista de liña dura apoiou á República Popular da China.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]