Walter Ulbricht
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Walter Ulbricht | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Walter Ernst Paul Ulbricht |
Nacemento | 30 de xuño de 1893 |
Lugar de nacemento | Leipzig |
Falecemento | 1 de agosto de 1973 |
Lugar de falecemento | Groß Dölln |
Causa | Ictus |
Soterrado | The Socialists' Memorial |
Nacionalidade | República Democrática Alemá |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | Escola Lenin |
Ocupación | político e membro da resistencia |
Cónxuxe | Lotte Ulbricht |
Fillos | Beate Ulbricht |
Premios | Heroe da Unión Soviética, Orde de Lenin, Bandeira Vermella do Traballo, Orde do Nilo, Orde da Amizade dos Pobos, Orde da Revolución de Outubro, Fritz Heckert Medal, Orde da Guerra Patria de 1ª Clase, Order of the Patriotic War 2nd class e Orden de karl Marx |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Walter Ernst Paul Ulbricht, nado en Leipzig o 30 de xuño de 1893 e finado en Groß Dölln o 1 de agosto de 1973 foi o político máis importante da República Democrática Alemá dende 1949 ata a súa dimisión no 1971. Baixo o seu mandato a RDA comezou a desenvolverse como un estado socialista.
Sendo mozo participou activamente no movemento obreiro de Alemaña, converténdose no proceso nun revolucionario profesional. Na fase final da República de Weimar dirixiu a sección do Partido Comunista de Alemaña (KPD) de Berlín. Membro do círculo de poder, ó que tamén pertencía Ernst Thälmann, participou na loita contra a socialdemocracia e a orde republicana no marco dun partido de corte stalinista.
En 1945 volveu a Berlín do exilio na Unión Soviética convertido xa en líder do 'Grupo Ulbricht'. Na zona de ocupación soviética colaborou estreitamente coa potencia ocupante. A súa labor como principal funcionario do KPD e do Partido Socialista Unificado de Alemaña (SED) marcou fortemente a posterior construción do aparato estatal da RDA.
De 1950 a 1971 permaneceu na cume do Comité central do SED, tendo así sempre a última palabra nas decisións políticas. Grazas a este cargo e a confianza da Unión Soviética, Ulbricht favoreceu dende 1952 a 'construción do socialismo' na RDA e en 1961 a construción do Muro de Berlín.
Así tamén, do 1949 a 1960 foi vicepresidente da RDA, e do 1960 ata a súa morte Presidente do Consello de Estado da RDA.