Sukarno
Sukarno | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Kusno Sosrodihardjo |
Nacemento | 6 de xuño de 1901 |
Surabaia | |
Falecemento | 21 de xuño de 1970 |
Iacarta | |
Causa | insuficiencia renal |
Soterrado | Soekarno Cemetery |
Nacionalidade | Indonesia e Indias Orientais Neerlandesas |
Relixión | Islam |
Alma máter | Technische Hoogeschool te Bandoeng |
Ocupación | político |
Pai | Soekemi Sosrodihardjo |
Nai | Ida Ayu Nyoman Rai |
Cónxuxe | Siti Oetari, Inggit Garnasih, Fatmawati, Hartini, Kartini Manoppo, Dewi Sukarno, Haryati, Yurike Sanger e Heldy Djafar |
Fillos | Guntur Soekarnoputra, Megawati Sukarnoputri, Taufan Sukarnoputra, Sukmawati Soekarnoputri, Guruh Sukarnoputra, Rachmawati Soekarnoputri, Bayu Sukarnoputra, Totok Suryawan, Kartika Sari Dewi Soekarno e Ayu Gembirowati |
Premios | Orde de Lenin, National Hero of Indonesia, Premio Lenin da Paz, Gran Cruz da Orde do Cóndor dos Andes, Orden de Georgi Dimitrov, honorary doctor of Sofia University e Gran Cruz Especial da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Kusno Sosrodihardjo (ꦯꦸꦏꦂꦤ), coñecido como Sukarno,[1] nado en Surabaia o 6 de xuño de 1901 e finado en Iacarta o 21 de xuño de 1970), foi un político indonesio e o primeiro presidente da República de Indonesia (1945-1967) trala independencia do arquipélago, anteriormente colonia dos Países Baixos.
Sukarno ideou a filosofía e ideoloxía do novo estado co Pancasila.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sukarno era fillo dun mestre de escola xavanés e da súa esposa balinesa de Buleleng. Naceu en Surabaia, mais pasou a infancia en diferentes lugares como Mojokerto, Tulungagung e Blitar. Cando o seu pai o devolveu a Surabaya en 1916 para asistir a unha escola secundaria reuníuse con Tjokroaminoto, un futuro independentista. En 1921 comezou a estudar na Technische Hogeschool (Escola Superior Técnica de Bandung), graduándose en 1925. Estudou enxeñaría civil e centrouse na arquitectura.
En 1927 fundou o Partido Nacional Indonesio. Dous anos despois foi detido polas autoridades coloniais dos Países Baixos, sendo posto en liberdade en 1931. En 1939 foi desterrado á illa de Sumatra, da que foi liberado polos xaponeses trala invasión da illa en 1942, durante a segunda guerra mundial. Ao acabar a contenda proclamou a independencia de Indonesia,[2] dirixindo a guerra contra os Países Baixos ata que en 1949 recoñeceron o novo estado.
En 1956 suprimiu todos os partidos políticos e tres anos máis tarde instituíu a democracia dirixida. Ante o crecemento progresivo do Partido Comunista de Indonesia (PKI), que contaba co apoio táctico de Sukarno, o xeneral Suharto, apoiado polos Estados Unidos obrigouno a delegarlle o poder en marzo de 1966 e substituíuno como presidente en 1967. Sukarno viviu illado e baixo arresto domiciliario ata a súa morte.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O seu nome adoita escribirse como Sukarno ou Soekarno. A primeira forma corresponde coa ortografía actual da lingua indonesia e a segunda á antiga, influída polo neerlandés, aínda que continúa a empregarse, por exemplo no nome do Aeropuerto Internacional Soekarno-Hatta de Iacarta, debido a que a propia personaxe asinaba como Soekarno.
- ↑ H. J. Van Mook (1949). "Indonesia". Royal Institute of International Affairs 25 (3): 274–285.