Solidariedade (Polonia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Solidariedade
Logo
Tiposindicato
Data de fundaciónsetembro de 1980
Fundador(es)Lech Wałęsa
Presidente/aPiotr Duda (en) Traducir (2010-) Editar o valor em Wikidata
SedeGdańsk
PaísPolonia
Na rede
http://www.solidarnosc.org.pl
editar datos en Wikidata ]
Tygodnik Solidarność ("Solidariedade Semanal") - O primeiro xornal legal semanal "Solidarność" antes da lei marcial en Polonia
Entrada aos estaleiros de Gdansk

Solidariedade (Solidarność en polaco) é unha federación sindical autónoma e independente polaca de raíces cristiás, nada das loitas obreiras e campesiñas pola liberdade sindical e en contra do Estado socialista, dirixidas por Lech Wałęsa,[1] fundada en setembro do ano 1980 e considerado un dos maiores sindicatos da historia.

Orixe[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Solidarność.

A historia de Solidarność, como sindicato non gobernamental polaco, comeza en agosto de 1980 nos estaleiros de Gdańsk, onde Lech Wałęsa xunto a outros oito obreiro fundaron o sindicato clandestino Solidariedade cuxa principal demanda era a constitución de sindicatos libres (como existían desde moito atrás na antiga Iugoslavia, e intentaron facer en 1968 en Checoslovaquia, durante a Primavera de Praga) e autónomos do partido e do goberno. A comezos dos anos 1980, Solidariedade converteuse no primeiro sindicato independente nun país do Bloque soviético. Solidariedade deu lugar a un amplo movemento social anticomunista e non-violento, no seu maior auxe, uniu aproximadamente a 10 millóns de membros e contribuíu infinitamente á caída do comunismo na Europa do leste.

O sindicato Solidarność caracterizouse pola gran militancia obreira católica e pola súa tenaz loita contra o autoritarismo comunista. A Igrexa católica, encabezada polo cardeal polaco Wojtyła, comprendeu á súa vez as posibilidades que se abrían para contrarrestar ao goberno comunista.

Gdansk- Monumento aos caídos nas protestas de Dic. 1970

Convocado o seu primeiro congreso, con tolerancia gobernamental, na que dominaría na axenda sindical o sector procatólico. Paralizáronse todas as cuncas mineiras e pecháronse aos seus principais dirixentes nas minas de carbón, con miras a chamar a atención sobre o congreso. O goberno ordenou inxectar auga nos devanditos pozos, afogando a algúns dirixentes. Antes do fin de 1981 Solidariedade tiña nove millóns de membros.

Folgas de 1980[editar | editar a fonte]

O 2 de xullo de 1980 o goberno polaco anunciou aumentos masivos dos produtos alimentarios, o cal provocou un estoupido de folgas. A dos ferroviarios de Lublin, estratéxico nó ferroviario na ruta á Unión Soviética preocupaba especialmente a Breznev que convoca a Gierek interrompendo as súas vacacións en Crimea esixíndolle solucións. O Ministro de Defensa Wojciech Jaruzelski non considerou conveniente o emprego do exército e aconsellando que se deixase pasar o tempo.

A lei marcial e fin do comunismo[editar | editar a fonte]

O 13 de decembro de 1981, o Presidente do goberno, o Mariscal Wojciech Jaruzelski declarou a lei marcial e encarcerou á maioría dos dirixentes de Solidariedade, que foi prohibido de novo o 8 de outubro de 1982.

Levantada formalmente en xullo de 1983. Solidariedade persistiu soamente como organización clandestina. A finais dos anos 80, Solidariedade era suficientemente forte para frustrar as tentativas reformistas de Jaruzelski: as folgas a nivel nacional en 1988 forzaron ao Goberno a negociar con Solidariedade, que deixou de presentarse como sindicato para facer públicas as súas pretensións como partido político, especialmente de eleccións libres. Nun exceso de confianza, estimulado por Gorbachov, que pretendía experimentar coas posibilidades, o goberno cedeu, perdendo as eleccións, en pequena parte debido á propaganda estadounidense prometendo o investimento de inmensas cantidades de fondos se se acababa co comunismo.

Portas dos Estaleiros Gdansk-25º aniversario-agosto 2005

Así resultou que este movemento obreiro contra a burocracia e o socialismo e pola solidariedade, propugnado pola intelectualidade e os mineiros, acabou co sistema comunista. Lech Wałęsa estivo un mandato no goberno. Aínda existe un sindicato que se continúa denominando Solidariedade, que conta na actualidade con 1,5 millóns de afiliados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jòsef Tischner, páxina 5

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]