Thomas Brock
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1847 Worcester, Reino Unido (pt) |
Morte | 22 de agosto de 1922 (75 anos) Londres, Reino Unido |
Actividade | |
Lugar de traballo | Londres |
Ocupación | escultor |
Período de actividade | 1868 - 1922 |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Británico |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica |
Thomas Brock, nado en Worcester, Inglaterra, o 1 de marzo de 1847 e finado en Londres o 22 de agosto de 1922, foi un escultor e medallista inglés, recoñecido pola creación de varias esculturas e monumentos públicos de gran tamaño en Gran Bretaña e noutros países a finais do século XIX e principios do XX.[1][2]
A súa obra de máis sona é o monumento á raíña Vitoria fronte ao Palacio de Buckingham, en Londres.[2] Outras das súas encargas salientables foron o redeseño do busto de Vitoria para o anverso das moedas británicas en 1893, e a enorme estatua ecuestre de bronce de Eduardo, o Príncipe Negro, en City Square, Leeds.[3][4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Brock naceu o 1 de marzo de 1847 en Worcester,[2] fillo único de William Brock, pintor e decorador, e da súa esposa. Asistiu á Escola Gobernamental de Deseño de Worcester, logo do cal se formou en modelaxe na Real Fábrica de Porcelana de Worcester. En 1866 converteuse en alumno do escultor John Henry Foley e tamén se matriculou nas Escolas da Royal Academy,[5] onde gañou unha medalla de ouro de escultura en 1869.[6][7]
Carreira artística
[editar | editar a fonte]Tivo amizade co pintor e escultor Frederic Leighton, cuxa énfase no realismo e o naturalismo na escultura levou a Brock a formar parte do movemento da Nova Escultura e a desenvolver o seu talento para o retrato simpático e realista.[4] Tras a repentina morte de Foley en 1874, Brock finalizou varias das súas encargas, entre elas o monumento a Daniel O'Connell en Dublín,[5] e unha gran estatua ecuestre de bronce de Charles Canning para Calcuta.[6][8] Foi a finalización da estatua do príncipe Alberte, iniciada por Foley para o Albert Memorial, o que deu a coñecer a Brock e asegurou a súa posición como escultor establecido.[7][9][10]
Brock foi elixido membro asociado da Royal Academy en 1883 e converteuse en membro de pleno dereito en 1891.[7] Foi tamén membro fundador e primeiro presidente da Sociedade de Escultores Británicos.[11]
Ao grupo escultórico de Brock The Moment of Peril —actualmente no xardín de Leighton House— seguiuno The Genius of Poetry ("O xenio da poesía") na fábrica de cervexa Carlsberg, de Copenhague. En 1898 expúxose na Royal Academy un modelo en xeso de Eve, cuxa versión en mármore (1900) se acha na colección da Tate, e Brock tamén fundiu algunhas réplicas en bronce máis pequenas e outras obras imaxinativas que marcan a súa evolución.[13] Entre as súas obras de retrato figuran bustos, como os de Frederic Leighton e a raíña Vitoria; estatuas, como as de Richard Owen e Henry Philpott, bispo de Worcester; e monumentos sepulcrais, como o de Frederic Leighton na catedral de San Paulo, de Londres.[1][7][11]
Brock fixo estatuas e medallas de Vitoria para celebrar o seu Xubileu de Ouro —os 50 anos de reinado— e o de Diamante —os 60 anos—, e tamén deseñou a representación da efixie desta monarca coñecida como "cabeza velada" ou "cabeza viúva", utilizada en todas as moedas británicas de ouro, de prata e de bronce entre 1893 e 1901.[11][14]
En 1901, Brock recibiu a encarga de realizar unha colosal estatua ecuestre de Eduardo, de Woodstock, para a praza da cidade de Leeds. Ese mesmo ano recibiu tamén a que quizais sexa a súa encarga máis importante: o monumento imperial á raíña Vitoria, con múltiples figuras, que se erixiría fronte ao Palacio de Buckingham.[10] A inauguración deste monumento tivo lugar o 16 de maio de 1911 e,[15] segundo a lenda, o rei Xurxo V ficou tan conmovido pola excelencia do monumento que pediu unha espada e nomeou cabaleiro a Brock no acto.[10] En calquera caso, á marxe da lenda, o certo é que ese mesmo día a Oficina do Lord Chamberlain notificou a The London Gazette que o rei ordenara que Brock fose nomeado cabaleiro comendador da Orde de Baño.[16]
De 1914 a 1919 Brock volveu ocupar o cargo de presidente da Sociedade de Escultores Británicos.[11]
Brock casou en 1869 e tivo oito fillos. Morreu en Londres o 22 de agosto de 1922 e está soterrado no adro da igrexa de St. Dunstan, en Mayfield, East Sussex.[4][17]
Escolma de obras
[editar | editar a fonte]Moedas e medallas
[editar | editar a fonte]-
Reverso da anterior.
Escultura pública
[editar | editar a fonte]1875-1889
[editar | editar a fonte]Imaxe | Motivo / título | Situación actual | Datación | Tipo e material |
---|---|---|---|---|
Richard Baxter [22][23][24][25] |
Kidderminster, Worcestershire. | 1875 | Estatua en pedestal. Mármore e granito. | |
William Rathbone [26] |
Setton Park, Liverpool. | 1877 | Pedra Portland e bronce. | |
A Moment of Peril [27] |
Castelo Rosenborg, Copenhage, Dinamarca. | 1880 | Grupo escultórico en bronce. | |
Robert Raikes [28][29][30] |
Xardíns Victoria Embankment, Londres. | 1880 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra. | |
Rowland Hill [25][31][32][33] |
Vicar Street, Kidderminster. | 1881 | Estatua en pedestal. Mármore e granito. | |
Richard Temple [8] |
Museo Dr. Bhau Daji Lad, Bombai. | 1884 | Estatua. Mármore. | |
Henry W. Wadsworth [4][11][34] |
Abadía de Westminster, Londres. | 1884 | Busto. Mármore. | |
William Menelaus [35] |
Museo Nacional, Cardiff. | 1884 | Busto. Mármore. | |
Colin Milton Campbell [25][36] |
London Road, Stoke-on-Trent. | 1887 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra. | |
Raíña Vitoria [25][37] |
Shire Hall, Worcester. | 1887 | Estatua en pedestal. Mármore e granito.. | |
Henry Bartle Frere [7][28][30][38] |
Whitehall Gardens, Londres. | 1888 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. |
1890-1899
[editar | editar a fonte]Imaxe | Motivo / título | Situación actual | Datación | Tipo e material |
---|---|---|---|---|
Raíña Vitoria |
Parlamento, Cidade do Cabo. | 1890 | Estatua en pedestal. Mármore. | |
Daniel O'Connell [39] |
Catedral San Patricio, Melbourne, Australia. | 1891 | Estatua en pedestal. Bronce. | |
Bispo Henry Philpott [11][40][41] |
Catedral de Worcester. | 1892 | Estatua sedente en pedestal. Mármore e pedra. | |
Arthur Hervey [11][42] |
Catedral de Gales. | >1894 | Tumba con efixie. Mármore e pedra. | |
Richard Owen [11][43] |
Museo de Hª Natural, Londres. | 1896 | Estatua en pedestal. Bronce e mármore. | |
Memorial Augustus Harris [44] |
Teatro Drury Lane, Covent Garden. | 1897 | Fonte e escultura. Granito e bronce. | |
William Lewis [25][45] |
Upper Thomas Street, Merthyr Tydfil. | 1898 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. | |
Henry Tate [46] |
Tate Britain, Londres. | 1898 | Busto. Mármore. | |
Thomas Hughes [47] |
Rugby School, Rugby, Warwickshire. | 1899 | Estatua en pedestal. |
1900-1909
[editar | editar a fonte]Imaxe | Motivo / título | Situación actual | Datación | Tipo e material |
---|---|---|---|---|
Raíña Vitoria [48] |
Victoria Square, Birmingham. | 1901 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra. | |
Raíña Vitoria [25][49][50] |
Grand Avenue, Hove. | 1901 | Estatua en pedestal. Bronce e mármore. | |
Frederic Leighton [51] |
Catedral de San Paulo, Londres. | 1902 | Efixie en pedestal, con figuras de apoio. Bronce e mármore. | |
Raíña Vitoria [28] |
Carlton House Terrace, Londres. | 1902 | Estatua. Mármore. | |
Raíña Vitoria [52][53] |
Bitts Park, Carlisle, Cumbria. | 1902 | Estatua en pedestal con chanzos. Bronce e granito. | |
Royal Scots Fusiliers [54][55] |
Burns Statue Square, Ayr. | 1902 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. | |
Eduardo de Woodstock [7][25][56] |
Leeds City Square, Leeds. | 1903 | Estatua ecuestre en pedestal. Bronce e granito. | |
Raíña Vitoria [57][58] |
Belfast City Hall, Belfast. | 1903 | Estatua en pedestal con chanzos e esculturas. Mármore, pedra e bronce. | |
Edward James Harland [59] |
Belfast City Hall, Belfast. | 1903 | Estatua en pedestal. Pedra | |
William E. Gladstone [25][60] |
St John's Gardens, Liverpool. | 1904 | Estatua en pedestal e dúas estatuas na base. Bronce. | |
William E. Gladstone [4][61][62] |
Abadía de Westminster, Londres. | 1904 | Estatua en pedestal. Mármore. | |
John Everett Millais [28][63][64] |
Tate Britain, Londres. | 1905 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra Portland. | |
Henry Tate [25][65] |
Brixtol Oval, Londres. | 1905 | Busto en pedestal. Bronce e pedra. | |
Raíña Vitoria [8][66] |
Queen's Park, Bangalore, India. | 1906 | Estatua en pedestal. Mármore e arenito. | |
Raíña Vitoria [67] |
Queens Gardens, Brisbane, Australia. | 1906 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra. | |
John Nicholson [8][68][69][70] |
Royal School Dungannon, Condado de Tyrone. | 1906 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra. |
1910-1919
[editar | editar a fonte]Imaxe | Motivo / título | Situación actual | Datación | Tipo e material |
---|---|---|---|---|
Henry Irving [28][71] |
Charing Cross Road, London | 1910 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra Portland. | |
Eduardo VII [72][73] |
Galerías de Eudardo VII, Museo Británico. | 1911 | Busto. Bronce dourado. | |
Victoria Memorial [7][25][28][74][75] |
The Mall, Londres. | 1911 | Escultura sobre piar con estatuas e fontes. Mármore, bronce e pedra. | |
William Lewis [76] |
Parque de Aberdare. | 1913 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. | |
Navigation [77] |
Arco do Almirantado, Londres. | 1908 1913 |
Estatua mural. Pedra Portland. | |
Gunnery [77][78] |
Arco do Almirantado, Londres. | 1908 1913 |
Estatua mural. Pedra Portland. | |
James Cook [25][28][79][80] |
The Mall, Londres. | 1914 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra Portland. | |
Joseph Lister [4] |
Abadía de Westminster, Londres. | 1915 | Medallón de retrato. Mármore. | |
Eduardo VII [8][81] |
Queen's Park, Toronto, Canadá. | 1919 | Estatua ecuestre pedestal. Bronce e pedra. |
Despois de 1920
[editar | editar a fonte]Imaxe | Motivo / título | Situación actual | Datación | Tipo e material |
---|---|---|---|---|
Titanic Memorial [58] |
Belfast City Hall, Belfast. | 1920 | Grupo escultórico en pedestal. Pedra. | |
Eduardo VII [82] |
Macquarie Street, Sydney, Australia. | 1921 | Estatua ecuestre en pedestal. Bronce e granito. | |
Raíña Vitoria [8][83][84] |
Victoria Memorial, Calcuta, India. | 1921 | Estatua pedestal. Mármore. | |
Charles Grant Seely [85][86] |
Igrexa de San Olav, Gatcombe, Wight. | 1922 | Escultura sobre sepulcro. Mármore e pedra. | |
Joseph Lister [87] |
Portland Place, Londres. | 1924 | Busto en columna con esculturas. Bronce e granito. | |
Memorial de guerra [88] |
Queen's University. Belfast. | 1924 | Grupo escultórico en pedestal. Bronce e granito. | |
Robert Raikes [25][89] |
Gloucester. | 1930 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra. |
Outras obras
[editar | editar a fonte]- Bronce ecuestre A Moment of Peril (1880), actualmente na colección do Tate Britain.[90]
- Estatua de Thomas Gainsborough na Royal Academy, en Burlington House, Londres.[11]
- Estatua da raíña Vitoria en Agra (1905), trasladada para a súa almacenaxe en Mathura logo da independencia da India (1947). Orixinariamente estaba nun pedestal con dúas figuras, logo desaparecidas, na base: Truth ("Verdade") e Justice ("Xustiza").[8][91]
- Estatua de bronce de Vitoria, erixida en 1904 en Kanpur e logo trasladada ao museo estatal de Uttar Pradesh, Lucknow. Crese que é un molde do deseño que Brock utilizou para as súas estatuas da raíña en Agra, Hove, Brisbane e Carlise.[8]
- Busto do cirurxián Henry Lee, na entrada do Real Colexio de Cirurxiáns.[92]
- Bustos de Henry W. Longfellow no Sitio Histórico Nacional de Grand-Pré, Nova Scotia.[93]
- Bustos of Joseph Lister, Michael Faraday e Frederic Leighton na colección da Galería Nacional de Retratos de Londres.[11]
- Estatua de mármore en pedestal de Sorabjee Shapurjee Bengallee (1898), en Fort, Bombai.[8]
- Busto de mármore de Cowasjee Jehangir (1915), Jehangir Public Hall, India.[8]
- Estatua de George Clarke, primeiro barón Sydenham de Combe, erixida en 1919, na entrada do Science Institute College, de Bombai.[8]
- Busto de mármore para a India de Darasha Ruttonjee Chichgur (1903), do que se descoñece a súa localización.[8]
- Estatua sedente en mármore en pedestal de Dinshaw Maneckji Petit, exposta na Royal Academy en 1916 e logo erixida preto do Victoria Terminus (estación ferroviaria Chhatrapati Shivaji), en Bombai.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Chisholm, H., ed. (1911).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Chilvers, I. (2004).
- ↑ Stocker, M. (2008).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Thomas Brock - shaping the 'New Sculpture' movement". Westminster Abbey.
- ↑ 5,0 5,1 Forrer, L. (1904). Páxina 295.
- ↑ 6,0 6,1 University of Glasgow History of Art / HATII (2011). "Sir Thomas Brock RA, KCB, PRBS, HRSA Arquivado 15 de maio de 2023 en Wayback Machine.". Mapping the Practice and Profession of Sculpture in Britain & Ireland 1851-1951.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 Beattie, S. (1983). The New Sculpture. Paul Mellon Centre for Studies in British Art / Yale University Press. ISBN 0300033591
- ↑ 8,00 8,01 8,02 8,03 8,04 8,05 8,06 8,07 8,08 8,09 8,10 8,11 8,12 Steggles, M. A.; Barnes, R. (2011). British Sculpture in India: New Views & Old Memories. Frontier Publishing. ISBN 9781872914411
- ↑ "Sir Thomas Brock RA (1847-1922)". Royal Academy.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Droth, M.; Edwards, J.; Hatt, M. (2014). Sculpture Victorious: Art in the Age of Invention, 1837-1901. Yale Center for British Art, Yale University Press. ISBN 9780300208030
- ↑ 11,00 11,01 11,02 11,03 11,04 11,05 11,06 11,07 11,08 11,09 "Thomas Brock PPRSS (1847-1922)". Royal Society of Sculptors.
- ↑ "Sir Thomas Brock". National Portrait Gallery (NPG.org.uk).
- ↑ "Sir Thomas Brock. Eve. 1900". Tate (Tate.org.uk).
- ↑ Forrer, L. (1904). Páxinas 295-296.
- ↑ "Victoria Memorial Is Unveiled by King George". En Dundee Evening Telegraph. 16 de maio de 1911.
- ↑ The London Gazette. Nº 28.496. 19 de maio de 1911. Páxina 3.816.
- ↑ "Thomas Brock". Findagrave.com
- ↑ "2 Pounds - Victoria 3rd portrait". Numista.com
- ↑ "Queen Victoria's Diamond Jubilee, 1897. Gold". Metropolitan Museum of Art (Metmuseum.org).
- ↑ "Queen Victoria's Diamond Jubilee, 1897. Silver". Metropolitan Museum of Art (Metmuseum.org).
- ↑ "British North West Canada War Medal 1885". Powerhouse Collection (Collection.powerhouse.com.au).
- ↑ Historic England. "The Baxter Monument (1100091)". National Heritage List for England.
- ↑ Pevsner, N. (1968). The Buildings of England: Worcestershire. Penhuin Books, Londres. Páxina 207.
- ↑ Tomkinson, K.; Hall, G. (1975). Kidderminster Since 1800. Tompkinson & Hall. Páxinas 209-210.
- ↑ 25,00 25,01 25,02 25,03 25,04 25,05 25,06 25,07 25,08 25,09 25,10 25,11 Darke, J. (1991). The Monument Guide to England and Wales. Macdonald Illustrated. ISBN 0-356-17609-6
- ↑ Historic England. "Statue of William Rathbone (1073451)". National Heritage List for England.
- ↑ "A Moment of Peril". The Victorian Web (Victorianweb.org).
- ↑ 28,0 28,1 28,2 28,3 28,4 28,5 28,6 Blackwood, J. (1989). London's Immortals: the Complete Outdoor Commemorative Statues. Savoy Press,Oxford. ISBN 0951429604
- ↑ Historic England. "Statue of Robert Raikes (1066179)". National Heritage List for England.
- ↑ 30,0 30,1 Gomme, G. L. (1910). Return of Outdoor Memorials in London. London County Council, Londres.
- ↑ Historic England. "Statue of Sir Rowland Hill (1100054)". National Heritage List for England.
- ↑ Pevsner, N. (1968). The Buildings of England: Worcestershire. Penhuin Books, Londres. Páxina 208.
- ↑ "Sir Rowland Hill (1795-1879)". The Victorian Web (Victorianweb.org).
- ↑ "Henry Wadsworth Longfellow". Westminster Abbey.
- ↑ "Art Collection Online: William Menelaus". Amgueddfa Cymru.
- ↑ Beresford, W. (1909). Memorials of Old Staffordshire. Allen & Sons, Londres. Páxina 83
- ↑ Historic England. "Statue of Queen Victoria Approximately 15 metres to west of Shire Hall (1389833)". National Heritage List for England.
- ↑ Historic England. "Statue of Sir Bartle Frere (1066176)". National Heritage List for England.
- ↑ "St Patrick's Cathedral, Melbourne". Australia's Christian Heritage.
- ↑ Pevsner, N. (1968). The Buildings of England: Worcestershire. Penhuin Books, Londres. Páxina 312.
- ↑ "Monument to Bishop Philpot Arquivado 24 de novembro de 2022 en Wayback Machine.". The Courtauld Institute of Art.
- ↑ Historic England. "Cathedral Church of St Andrew, Chapter House and Cloisters (1382901)". National Heritage List for England.
- ↑ Thackray, J. C. (1995). A catalogue of portraits, paintings and sculpture at the Natural History Museum, London. Mansell, London. ISBN 978-0720122893
- ↑ Historic England. "Theatre Royal Drury Lane and attached Sir Augustus Harris Memorial Drinking Fountain (1357276)". National Heritage List for England.
- ↑ "Statue & Plinth to Sir W.T. Lewis (11476)". Full Report for Listed Buildings. Welsh Government.
- ↑ "Sir Henry Tate". Tate (Tate.org.uk).
- ↑ Noszlopy, G. T. (2003). Public sculpture of Warwickshire, Coventry and Solihull. Liverpool University Press. ISBN 978-0853238478. Páxinas 28-29.
- ↑ Noszlopy, G. T. (1998). Public Sculpture of Britain volume 2: Public Sculpture of Birmingham including Sutton Coldfield. Liverpool University Press. ISBN 0-85323-682-8
- ↑ Historic England. "Statue of Queen Victoria (1187555)". National Heritage List for England.
- ↑ Pezzini, B. (2019). "Classical beauty to expressive wisdom: the changing image of Queen Victoria". Art UK. 24 de maio.
- ↑ Edwards, J.; Harris, A.; Sullivan, G. (2021). Monuments of St Paul's Cathedral 1796-1916. Scala Arts & Heritage Publishers Ltd. ISBN 978-1-78551-360-2
- ↑ Historic England. "Statue of Queen Victoria (1218785)". National Heritage List for England.
- ↑ "Queen Victoria Monument, Carlisle". History and Heritage.
- ↑ "Burns Statue Square, South African War Memorial (Category B Listed Building) (LB21516)". Historic Environment Scotland.
- ↑ "War Memorials Register: Royal Scots Fusiliers - Burma, Sudan, Tirah Campaign, 1st Boer War and 2nd Boer War". Imperial War Museum.
- ↑ Historic England. "Statue of the Black Prince (1375045)". National Heritage List for England.
- ↑ "Victoria Memorial". Buildings Database, Northern Ireland Department of Communities.
- ↑ 58,0 58,1 "Belfast City Hall". Causeway Coastal Path.
- ↑ "Edward James Harland statue". Titanic Memorials.
- ↑ Historic England. "Gladstone Monument (1073469)". National Heritage List for England.
- ↑ "Statue of W.E. Gladstone Arquivado 29 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". The Courtauld Institute of Art.
- ↑ "William and Catherine Gladstone". Westminster Abbey.
- ↑ "Sir Thomas Brock: Sir John Everett Millais 1904". Tate (Tate.org.uk).
- ↑ Historic England. "Statue of John Everett Millais (1222797)". National Heritage List for England.
- ↑ Historic England. "Bust of Sir Henry Tate (1434203)". National Heritage List for England.
- ↑ Meera Iyer (2013). "Empress of all she surveys". En Deccan Herald. 4 de febreiro.
- ↑ "Queen Victoria". Monument Australia.
- ↑ "Brigadier General John Nicholson". The Victorian Web (Victorianweb.org).
- ↑ "The Nicholson Memorial". En Madras Weekly Mail. 12 de abril de 1906. Páxina 18.
- ↑ Bathoe Rainsford (1960). "Nicholson Hero of Delhi". En Belfast Telegraph. 12 de abril. Páxina 10.
- ↑ Historic England. "Statue of Henry Irving, London (1357292)". National Heritage List for England.
- ↑ "Portrait bust Edward VII". British Museum (Britishmuseum.org).
- ↑ Dawson, A. (1999). Portrait Sculpture A Catalogue of the British Museum collection c. 1675-1975. British Museum Press. ISBN 0714105988
- ↑ Historic England. "Queen Victoria Memorial (1273864)". National Heritage List for England.
- ↑ "National Victoria Memorial 1911". Yale Centre for British Art (Interactive.britishart.yale.edu).
- ↑ "Pedestal and Statue of Lord Merthyr in Aberdare Park (10885)". Full Report for Listed Buildings. Welsh Government.
- ↑ 77,0 77,1 "Sculpture by Thomas Brock on Admiralty Arch". The Victorian Web (Victorianweb.org).
- ↑ "Gunnery". The Victorian Web (Victorianweb.org).
- ↑ "The Mall, London". The Captain Cook Society (Captaincooksociety.com).
- ↑ Historic England. "Statue of Captain Cook (1239083)". National Heritage List for England.
- ↑ "Equestrian statue of king Edward VII in Toronto - gifted by India in 1969". En Navrang India (Navrangindia.in). 6 de agosto de 1921.
- ↑ Cumming, K. (1998). Royalty and Australian Society. National Archives of Australia. Páxinas 23-27.
- ↑ "Queen Victoria". The Victorian Web (Victorianweb.org).
- ↑ "HM The Queen Empress Victoria (1819-1901)". Museums of India, National Portal & Digital Repository (Museumsofindia.gov.in).
- ↑ Harris, O. D. (2018). "A crusading 'captain in khaki': Sir Thomas Brock's monument to Charles Grant Seely at Gatcombe (Isle of Wight)". En Church Monuments, 33. Páxinas 97-120.
- ↑ "War Memorials Register: Captain CG Seely". Imperial War Museum (Iwm.org.uk).
- ↑ Historic England. "Lister Monument in Centre of Road [...] (1265542)". National Heritage List for England.
- ↑ "War Memorial, Queen's University, Belfast". Geograph.org.uk.
- ↑ "Robert Raikes Statue Achievements". Gloucester Civic Trust (Gloucestercivictrust.org).
- ↑ "A Moment of Peril, 1880, Sir Thomas Brock". Tate (Tate.org.uk).
- ↑ "Statue of Queen Victoria | Yale Center For British Art". interactive.britishart.yale.edu (Interactive.britishart.yale.edu).
- ↑ "Plarr's Lives of the Fellows: Lee, Henry (1817 - 1898)". Royal College of Surgeons of England (Rseng.ac.uk).
- ↑ "Bust of Henry Wadsworth Longfellow, Grand-Pré National Historic Site, Nova Scotia, Cananda". Alamy.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thomas Brock |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brock, F. (2012). Thomas Brock: forgotten sculptor of the Victoria Memorial. AuthorHouseUK. ISBN 9781467883344
- Chilvers, I. (2004). The Oxford Dictionary of Art. Oxford University Press. ISBN 0-19-860476-9
- Chisholm, H., ed. (1911). "Brock, Thomas". Encyclopædia Britannica. Vol. 4 (11ª ed.). Cambridge University Press. Páxina 623.
- Forrer, L. (1904). "Brock, Thomas". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol. 1. Spink & Son, Londres. Páxinas 295-296.
- Sankey, J. A. (2002). Thomas Brock and the Critics. An Examination of Brock's Place in the New Sculpture Movement (Tese de doutoramento). University of Leeds.
- Stocker, M. (2008). "Brock, Sir Thomas". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Joseph Edgar Boehm |
Moedas da libra esterlina Autores dos anversos 1893 - 1901 |
Sucesor: George William de Saulles |