Henry Wadsworth Longfellow
Henry Wadsworth Longfellow , nado en Portland (Maine) o 27 de febreiro de 1807 e finado en Cambridge (Massachusetts) o 24 de marzo de 1882, foi un poeta estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Un dos seus avós era senador estatal e o outro avó fora xeneral da Guerra Revolucionaria e deputado no Congreso. Despois da súa graduación en 1826 no Bowdoin College, onde era compañeiro de clase de Nathaniel Hawthorne, Longfellow foi a Europa para estudar; na Alemaña, familiarizouse co romanticismo e comezou a súa carreira coa tradución das Coplas, de Jorge Manrique.
En 1836, ao regresar aos Estados Unidos, ensinou francés e castelán en Harvard. Acada o éxito cando publicou en 1839 o poemario Voices of the Night que contén o famoso poema The Psalm of Life. Cando regresou aos Estados Unidos tres anos despois, ensinou linguas europeas, primeiro en Bowdoin e despois en Harvard.
Despois de 18 anos de ensino en Harvard, renunciou ao seu cargo porque sentiu que interfería coa súa escritura.[1] En 1854 comezou a dedicarse á literatura, publicando unha serie de poemas narrativos, como The song of Hiawatha (1855), unha visión idealizada da vida indíxena e The Courtship of Miles Standish (1858), que narra o romance dun antepasado. Antonín Dvořák afirmou ter escrito os dous movemientos centrais (II. Largo - III. Scherzo: Molto vivace) da súa ''Sinfonia Do Novo Mondo'' (No.9, Op. 95) inspirada na Hiawatha de Longfellow, e tamén indicou que faría toda unha obra adicada ao poema, aínda que esa obra nunca a rematou [2]. En 1872, Longfellow publicou unha triloxía sobre o cristianismo, Christus: a Mistery. En 1876, publicou unha tradución de "A Divina Comedia " de Dante Alighieri.
Unha colaboración da súa autoría pódese atopar na revista portuguesa O paquete do Tejo [3] (1866) e foi amigo de Pedro II.[4]
Obras principais
[editar | editar a fonte]- Voices of the Night, 1839
- Baladas, 1841
- Poems on Slavery, 1842
- Evangeline, 1847 (o seu poema mais popular).
- The Song of Hiawatha, 1855
- The Courtship of Miles Standish, 1858
- Christus: a Mistery, 1872
- Tradución de A Divina Comedia, de Dante Alighieri, 1876
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]Varios extractos de The Song of Hiawatha son cantados na segunda parte do álbum Incantations de Mike Oldfield. O mesmo poema foi adaptado ao cine en 1909 por William V. Ranous.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "About Henry Wadsworth Longfellow". poets.org. Consultado o 2022-11-20.
- ↑ "b430". antonin-dvorak.cz. Consultado o 10-3-2022.
- ↑ "O paquete do Tejo : publicação mensal [1866]". Consultado o 2021-02-27.
- ↑ The Emperor and the Poet: Longfellow House’s Brazilian Connection, Longfellow House Bolletin, Volume 4, No. 2, A Newsletter of the Friends of the Longfellow House and the National Park Service, December2000. (texto em inglês).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- VÁRIOS (1988). Grande Poetas da Lingua Inglesa. Río de Xaneiro. Nova fronteira. Trad. J. Lino Grünewald, ed. bilingüe.
- VÁRIOS (2000). Nova Enciclopédica Barsa. Encyclopedia Britannica do Brasil, Vol. 9, ISBN 85-7026-489-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Poemas de Henry Wadsworth Longfellow e biografía en PoetryFoundation.org Arquivado 10 de novembro de 2010 en Wayback Machine.
- Obras de Henry Wadsworth Longfellow no Proxecto Gutenberg - Plain text and HTML
- Obras de Henry Wadsworth Longfellow no Internet Archive - libros escaneados, moitos ilustrados e edicións orixinais.
- Audio - Hear the Village Blacksmith
- Maine Historical Society base de datos.
- Longfellow National Historic Site en Cambridge, Massachusetts
- Wadsworth-Longfellow House en Portland, Maine
- Tradución de Longfellow's de Dante
- Citas de Henry Wadsworth Longfellow Arquivado 10 de setembro de 2012 en Wayback Machine.
- Audiolibros--Layne Longfellow Reads H.W. Longfellow Arquivado 2008-07-25 en Wayback Machine.
A Galicitas posúe citas sobre: Henry Wadsworth Longfellow |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henry Wadsworth Longfellow |