Cónxuxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cónxuxes o día do seu casamento, rodeados de parentes.

En dereito, denomínase cónxuxe a calquera das persoas físicas que forman parte dun matrimonio. O termo «cónxuxe» é de xénero común, é dicir, pódese usar para referirse a un home («o marido» ou «o cónxuxe») ou a unha muller («a muller» ou «a cónxuxe»). Cando o sexo é descoñecido normalmente dise «cónxuxe» aínda que tamén se pode dicir «o ou a cónxuxe».

Como sinónimo de cónxuxe adóitase utilizar o termo «esposo» ou «esposa» (a orixe do termo é o verbo latino spondeo, que significa prometer solemnemente, comprometerse), aínda que tecnicamente non son equivalentes, pois son esposos quen celebraron esponsais, pero aínda non o matrimonio. É sinónimo de consorte.

Usos do termo cónxuxe[editar | editar a fonte]

Xosé e Anisia no día do seu casamento.

O uso do termo cónxuxe no canto de marido, muller, esposo ou esposa, foise estendendo na área do dereito de familia por diversos motivos, entre os cales cómpre salientar:

  • Que a gradual equiparación dos sexos en dereitos e deberes dentro do matrimonio, moitas lexislacións preferiron evitar a mención a cada unha das partes por separado, e falar sempre de «cónxuxes», deixando claro a igualdade xurídica de ambos.
  • Recentemente, coa aparición da posibilidade nalgúns países do matrimonio entre persoas do mesmo sexo fíxose necesario nas súas lexislacións utilizar sempre termos neutros ou de xénero común (non «esposa» ou «marido»).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]