Batalla do Abismo de Helmo
| Batalla do Abismo de Helmo | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
|
Resultado
Vitoria de Rohan | |||
| Datas e cronoloxía | |||
| Implicados | |||
|
Forzas
| |||
| Número de implicados | |||
| Mortes | 10.000 | ||
| Localización | |||
|
Localización
| |||
| Wikidata | |||
A Batalla do Abismo de Helmo é unha batalla ficticia, pertencente á Guerra do Anel, que se narra na novela O Señor dos Aneis, do escritor británico J. R. R. Tolkien. Nesta batalla enfrontáronse as forzas de Rohan e as de Isengarda. Participaron tamén varios membros da Irmandade do Anel e os cuornos.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a Guerra do Anel, os homes de Rohan refuxiáronse no Abismo de Helmo do asedio do exército de Saruman o Branco, formado por máis de 10 000 Uruk-hais, orcos|orcos e lobos de Isengarda. O obxectivo das forzas de Isengarda era aniquilar totalmente ó pobo de Rohan dun golpe, e deixar a Gondor sen aliados formais ante as lexións de Sauron. Algúns heroes coñecidos desta batalla son Aragorn, Legolas e Gimli, ademais de Théoden, rei de Rohan e Éomer, o seu sobriño e herdeiro.
A vitoria de Rohan produciuse a pesar da diferenza de forzas pola combinación de tres factores:
- A excelente defensa que proporcionaba a fortaleza, combinada coas heroicidades persoais dalgúns defensores.
- A chegada de Gandalf o Branco e Erkenbrand cun exército de reforzo recrutado entre os homes dispersos por todo o oeste de Rohan.
- A entrada en escena dos Cuornos, misteriosas criaturas metade Ent e metade árbore corrente. Os c son moi hostís, e foran espertados para loitar contra Saruman. Un enorme bosque cuorno apareceu fronte ó Abismo de Helmo tras unha noite de asedio, eliminando a cantos orcos ou homes se internaron nel.
A derrota de Isengarda supuxo unha gran vitoria para os Pobos Libres sobre o maior aliado de Sauron neses momentos. Tamén provocou que Mordor lle declarara a guerra aberta á toda a Terra Media. As baixas no exército de Isengarda foron practicamente totais, aínda que Rohan tamén perdeu unha cantidade considerable de poboación.
Adaptacións
[editar | editar a fonte]No filme de Peter Jackson The Lord of the Rings: The Two Towers, engádese a chegada dos elfos dende Lothlórien enviados a petición de Elrond, algo que non aparece no libro e que, no mundo que describe Tolkien, sería difícil pois o camiño era longo e probablemente cheo de perigos como para chegar con tempo á batalla. Asemade, os elfos estaban decaendo na Terra Media e, con algunhas excepcións, non se interesaron polos devires desta batalla contra Sauron e Saruman.
No filme The Lord of the Rings de Ralph Bakshi, a batalla segue case os mesmos movementos que no libro, mais o lume de Isengarda é retratado como un enorme cometa que deixa un burato na muralla.
| A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |
