Saltar ao contido

Edoras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monte Sunday (o menor pola dereita), lugar onde se situou Edoras para a adaptación cinemotográfica de The Two Towers.

Edoras é un lugar ficticio que pertence ó legendarium creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien e que aparece na súa novela O Señor dos Aneis. Edoras significa "As Cortes", na linguaxe de Rohan.

Localización

[editar | editar a fonte]

É a cidade capital de Rohan. Está situada sobre un monte, ós pés das Montañas Brancas (Ered Nimrais), país de homes.

Foi fundada por Brego, o segundo rei de Rohan, sobre o 2560 da Terceira Idade, sendo anteriormente Aldburg a capital baixo o reinado de Eorl.

No centro de Edoras elévase Meduseld, o pazo real recuberto de ouro, que podía observarse a grandes distancias polo xeito no que escintilaba.

A cidade estaba protexida soamente por un alto valado de madeira e tiña unha soa vía de acceso. Xusto antes das portas está o cemiterio formado por nichos cubertos de herba verde e flores brancas coñecidas como Simbelmynë. Alí xacen os restos dos reis da Casa de Eorl. Ó final da Terceira Idade existían nove tumbas no lado oeste para os reis da primeira liñaxe: Eorl, Brego, Aldor, Fréa, Fréawine, Goldwine, Déor, Gram e Helmo, e oito do lado leste, para os da segunda liñaxe: Fréaláf, Brytta, Walda, Folca, Folcwine, Fengel, Thengel e, o último de todos, Theoden, morto na Batalla dos Campos de Pelennor.

Adaptacións

[editar | editar a fonte]

Para a adaptación do libro realizada por Peter Jackson, construíse un set a escala real da cidade no monte Sunday, na parte alta do val Rangigata preto a Erewhon. Toda a rodaxe se realizou con tomas reais, incluíndo as paisaxes e a cidade, sen uso de gráficos por ordenador.