Super Bowl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Super Bowl
Reliantstadium.jpg
Fundación 15 de xaneiro de 1967
Rexión Flag of the United States.svg Equipos da NFL
Equipos 2 (campións da NFC e da AFC)
Actual campión Colorado Denver Broncos (3º título)
Máis laureado Pensilvania Pittsburgh Steelers (6 títulos)
Sitio web nfl.com/superbowl

A Super Bowl é o partido final anual da National Football League (NFL), principal campionato profesional de fútbol americano do mundo. O partido culmina unha temporada que comeza a finais de verán do ano anterior. Habitualmente, máis que o ano no que se disputa o encontro, utilizanse números romanos para identificar e diferenciar cada partido. Por exemplo, a Super Bowl I foi disputada o 15 de xaneiro de 1967 seguindo a temporada regular de 1966. A única excepción a esta regla foi a Super Bowl 50, xogada o 7 de febreiro de 2016a continuación da temporada regular de 2015.

A celebración deste encontro xorde como parte do acordo de fusión entre a NFL e a entón competición rival, a American Football League (AFL). Acordouse que o campión de cada unha das dúas ligas xogase un partido para decidir o Campionato Mundial da AFL-NFL (en inglés: AFL–NFL World Championship Game) até que a confluencia fose efectiva en 1970. Despois da fusión, cada unha das ligas pasou a ser unha "conferencia", converténdose o partido nunha final na que se enfrontan os campións de cada conferencia para decidir quen é o campión da NFL. Actualmente, o equipo con máis títulos da Super Bowl son os Pittsburgh Steelers con seis.

O día que se xoga a Super Bowl, considerado por algúns como un festivo nacional non oficial nos Estados Unidos,[1][2] é chamado "Super Bowl Sunday" (do inglés: Domingo de Super Bowl). De feito, é o segundo día do ano con maior consumo no país, tan só despois do Día de Acción de Grazas.[3] A Super Bowl é frecuentemente o a emisión televisiva máis vista do ano, sendo os catro programas máis vistos da historia da televisión estadounidense Super Bowls.[4] De feito, no ano 2015, a Super Bowl XLIX converteuse no programa máis visto da historia nos Estados Unidos cunha audiencia media de 114,4 millóns de telespectadores, sendo a quinta vez en seis anos que se bate o récord de audiencia, xeira que comezou en 2010 cando a Super Bowl XLIV supera o récord de 27 anos sendo o programa máis visto do episodio final de M*A*S*H.[5][6][7] A Super Bowl é tamén un dos espetaculos deportivos anuais máis vistos a nivel mundial, grazas principalmente ao mercado estadounidense, tan só por detrás da final da UEFA Champions League.[8]

Xa que a NFL restrinxe o uso da marca rexitrada "Super Bowl", o partido é frecuentemente chamado como o "Big Game" (don inglés: Gran Partido) ou outros termos xenéricos por corporacións non patrocinadoras do encontro. Debido á súa gran audiencia, os anuncios emitidos durante a retransmisión son os máis caros do ano, levando ás compañías a producir os seus anuncios máis custosos para o evento. Como resultado, ver e discutir sobre os anuncios tense convertido nun dos aspectos máis significantes do evento.[9] Alén diso, tamén son famosas as cerimonias antes e durante o descanso do encontro, nas cales teñen intervido cantantes e músicos como Michael Jackson, Madonna, Prince, Bruce Springsteen, Paul McCartney, Coldplay, The Rolling Stones, The Who ou Whitney Houston.

Campións[editar | editar a fonte]

Os números entre paréntese na táboa refírense ao número de aparicións na Super Bowl até ese momento. Segundo a columna o uso de paréntese significa:

  • Nas columnas de Campión e Subcampión indican o número de veces que o equipo participou na Super Bowl así como o balance de vitorias e derrotas.
  • Na columna de Sede indica o número de veces que ese estadio ten acollido a Super Bowl.
  • Na columna de Cidade indica o número de veces que esa área metropolitana ten acollido a Super Bowl.
National Football League (NFL, 1967–1970) American Football League (AFL, 1967–1970)
Campión da NFL
(4, 2–2)
Campión da AFL
(4, 2–2)
National Football Conference (NFC, 1971–presente) American Football Conference (AFC, 1971–presente)
Campión da NFC
(46, 24–22)
Campión da AFC
(46, 22–24)
Edición Data Campión Resultado Subcampión Sede Cidade Asistencia
I 01967-01-15 15 de xaneiro de 1967 Green Bay Packers
(1, 1–0)
35–10 Kansas City Chiefs
(1, 0–1)
Los Angeles Memorial Coliseum Os Ánxeles, California 61 946
II 01968-01-14 14 de xaneiro de 1968 Green Bay Packers
(2, 2–0)
33–14 Oakland Raiders
(1, 0–1)
Miami Orange Bowl Miami, Florida 75 546
III 01969-01-12 12 de xaneiro de 1969 New York Jets
(1, 1–0)
16–7  Baltimore Colts
(1, 0–1)
Miami Orange Bowl (2) Miami, Florida (2) 75 389
IV 01970-01-11 11 de xaneiro de 1970 Kansas City Chiefs
(2, 1–1)
23–7  Minnesota Vikings
(1, 0–1)
Tulane Stadium Nova Orleáns, Luisiana 80 562
V 01971-01-17 17 de xaneiro de 1971 Baltimore Colts
(2, 1–1)
16–13  Dallas Cowboys
(1, 0–1)
Miami Orange Bowl (3) Miami, Florida (3) 79 204
VI 01972-01-16 16 de xaneiro de 1972 Dallas Cowboys
(2, 1–1)
24–3  Miami Dolphins
(1, 0–1)
Tulane Stadium (2) Nova Orleáns, Luisiana (2) 81 023
VII 01973-01-14 14 de xaneiro de 1973 Miami Dolphins
(2, 1–1)
14–7  Washington Redskins
(1, 0–1)
Los Angeles Memorial Coliseum (2) Os Ánxeles, California (2) 90 182
VIII 01974-01-13 13 de xaneiro de 1974 Miami Dolphins
(3, 2–1)
24–7  Minnesota Vikings
(2, 0–2)
Rice Stadium Houston, Texas 71 882
IX 01975-01-12 12 de xaneiro de 1975 Pittsburgh Steelers
(1, 1–0)
16–6  Minnesota Vikings
(3, 0–3)
Tulane Stadium (3) Nova Orleáns, Luisiana (3) 80 997
X 01976-01-18 18 de xaneiro de 1976 Pittsburgh Steelers
(2, 2–0)
21–17 Dallas Cowboys
(3, 1–2)
Miami Orange Bowl (4) Miami, Florida (4) 80 187
XI 01977-01-09 9 de xaneiro de 1977 Oakland Raiders
(2, 1–1)
32–14 Minnesota Vikings
(4, 0–4)
Rose Bowl Pasadena, California (3) 103 438
XII 01978-01-15 15 de xaneiro de 1978 Dallas Cowboys
(4, 2–2)
27–10 Denver Broncos
(1, 0–1)
Louisiana Superdome Nova Orleáns, Luisiana (4) 76 400
XIII 01979-01-21 21 de xaneiro de 1979 Pittsburgh Steelers
(3, 3–0)
35–31 Dallas Cowboys
(5, 2–3)
Miami Orange Bowl (5) Miami, Florida (5) 79 484
XIV 01980-01-20 20 de xaneiro de 1980 Pittsburgh Steelers
(4, 4–0)
31–19 Los Angeles Rams
(1, 0–1)
Rose Bowl (2) Pasadena, California (4) 103 985
XV 01981-01-25 25 de xaneiro de 1981 Oakland Raiders
(3, 2–1)
27–10 Philadelphia Eagles
(1, 0–1)
Louisiana Superdome (2) Nova Orleáns, Luisiana (5) 76 135
XVI 01982-01-24 24 de xaneiro de 1982 San Francisco 49ers
(1, 1–0)
26–21 Cincinnati Bengals
(1, 0–1)
Pontiac Silverdome Pontiac, Míchigan 81 270
XVII 01983-01-30 30 de xaneiro de 1983 Washington Redskins
(2, 1–1)
27–17 Miami Dolphins
(4, 2–2)
Rose Bowl (3) Pasadena, California (5) 103 667
XVIII 01984-01-22 22 de xaneiro de 1984 Los Angeles Raiders
(4, 3–1)
38–9  Washington Redskins
(3, 1–2)
Tampa Stadium Tampa, Florida 72 920
XIX 01985-01-20 20 de xaneiro de 1985 San Francisco 49ers
(2, 2–0)
38–16 Miami Dolphins
(5, 2–3)
Stanford Stadium Stanford, California 84 059
XX 01986-01-26 26 de xaneiro de 1986 Chicago Bears
(1, 1–0)
46–10 New England Patriots
(1, 0–1)
Louisiana Superdome (3) Nova Orleáns, Luisiana (6) 73 818
XXI 01987-01-25 25 de xaneiro de 1987 New York Giants
(1, 1–0)
39–20 Denver Broncos
(2, 0–2)
Rose Bowl (4) Pasadena, California (6) 101 063
XXII 01988-01-31 31 de xaneiro de 1988 Washington Redskins
(4, 2–2)
42–10 Denver Broncos
(3, 0–3)
Jack Murphy Stadium San Diego, California 73 302
XXIII 01989-01-02 2 de xaneiro de 1989 San Francisco 49ers
(3, 3–0)
20–16 Cincinnati Bengals
(2, 0–2)
Joe Robbie Stadium Miami Gardens, Miami (6) 75 129
XXIV 01990-01-28 28 de xaneiro de 1990 San Francisco 49ers
(4, 4–0)
55–10 Denver Broncos
(4, 0–4)
Louisiana Superdome (4) Nova Orleáns, Luisiana (7) 72 919
XXV 01991-01-27 27 de xaneiro de 1991 New York Giants
(2, 2–0)
20–19 Buffalo Bills
(1, 0–1)
Tampa Stadium (2) Tampa, Florida (2) 73 813
XXVI 01992-01-26 26 de xaneiro de 1992 Washington Redskins
(5, 3–2)
37–24 Buffalo Bills
(2, 0–2)
Metrodome Minneapolis, Minnesota 63 130
XXVII 01993-01-31 31 de xaneiro de 1993 Dallas Cowboys
(6, 3–3)
52–17 Buffalo Bills
(3, 0–3)
Rose Bowl (5) Pasadena, California (7) 98 374
XXVIII 01994-01-30 30 de xaneiro de 1994 Dallas Cowboys
(7, 4–3)
30–13 Buffalo Bills
(4, 0–4)
Georgia Dome Atlanta, Xeorxia 72 817
XXIX 01995-01-29 29 de xaneiro de 1995 San Francisco 49ers
(5, 5–0)
49–26 San Diego Chargers
(1, 0–1)
Joe Robbie Stadium (2) Miami Gardens, Florida (7) 74 107
XXX 01996-01-28 28 de xaneiro de 1996 Dallas Cowboys
(8, 5–3)
27–17 Pittsburgh Steelers
(5, 4–1)
Sun Devil Stadium Temple, Arizona 76 347
XXXI 01997-01-26 26 de xaneiro de 1997 Green Bay Packers
(3, 3–0)
35–21 New England Patriots
(2, 0–2)
Louisiana Superdome (5) Nova Orleáns, Luisiana (8) 72 301
XXXII 01998-01-25 25 de xaneiro de 1998 Denver Broncos
(5, 1–4)
31–24 Green Bay Packers
(4, 3–1)
Qualcomm Stadium (2) San Diego, California (2) 68 912
XXXIII 01999-01-31 31 de xaneiro de 1999 Denver Broncos
(6, 2–4)
34–19 Atlanta Falcons
(1, 0–1)
Pro Player Stadium (3) Miami Gardens, Florida (8) 74 803
XXXIV 02000-01-30 30 de xaneiro de 2000 St. Louis Rams
(2, 1–1)
23–16 Tennessee Titans
(1, 0–1)
Georgia Dome (2) Atlanta, Xeorxia (2) 72 625
XXXV 02001-01-28 28 de xaneiro de 2001 Baltimore Ravens
(1, 1–0)
34–7  New York Giants
(3, 2–1)
Raymond James Stadium Tampa, Florida (3) 71 921
XXXVI 02002-02-03 3 de febreiro de 2002 New England Patriots
(3, 1–2)
20–17 St. Louis Rams
(3, 1–2)
Louisiana Superdome (6) Nova Orleáns, Luisiana (9) 72 922
XXXVII 02003-01-26 26 de xaneiro de 2003 Tampa Bay Buccaneers
(1, 1–0)
48–21 Oakland Raiders
(5, 3–2)
Qualcomm Stadium (3) San Diego, California (3) 67 603
XXXVIII 02004-02-01 1 de febreiro de 2004 New England Patriots
(4, 2–2)
32–29 Carolina Panthers
(1, 0–1)
Reliant Stadium Houston, Texas (2) 71 525
XXXIX 02005-02-06 6 de febreiro de 2005 New England Patriots
(5, 3–2)
24–21 Philadelphia Eagles
(2, 0–2)
ALLTEL Stadium Jacksonville, Florida 78 125
XL 02006-02-05 5 de febreiro de 2006 Pittsburgh Steelers
(6, 5–1)
21–10 Seattle Seahawks
(1, 0–1)
Ford Field Detroit, Míchigan (2) 68 206
XLI 02007-02-04 4 de febreiro de 2007 Indianapolis Colts
(3, 2–1)
29–17 Chicago Bears
(2, 1–1)
Dolphin Stadium (4) Miami Gardens, Florida (9) 74 512
XLII 02008-02-03 3 de febreiro de 2008 New York Giants
(4, 3–1)
17–14 New England Patriots
(6, 3–3)
University of Phoenix Stadium Glendale, Arizona (2) 71 101
XLIII 02009-02-01 1 de febreiro de 2009 Pittsburgh Steelers
(7, 6–1)
27–23 Arizona Cardinals
(1, 0–1)
Raymond James Stadium (2) Tampa, Florida (4) 70 774
XLIV 02010-02-07 7 de febreiro de 2010 New Orleans Saints
(1, 1–0)
31–17 Indianapolis Colts
(4, 2–2)
Sun Life Stadium (5) Miami Gardens, Florida (10) 74 059
XLV 02011-02-06 6 de febreiro de 2011 Green Bay Packers
(5, 4–1)
31–25 Pittsburgh Steelers
(8, 6–2)
Cowboys Stadium Arlington, Texas 103 219
XLVI 02012-02-05 5 de febreiro de 2012 New York Giants
(5, 4–1)
21–17 New England Patriots
(7, 3–4)
Lucas Oil Stadium Indianapolis, Indiana 68 658
XLVII 02013-02-03 3 de febreiro de 2013 Baltimore Ravens
(2, 2–0)
34–31 San Francisco 49ers
(6, 5–1)
Mercedes-Benz Superdome (7) Nova Orleáns, Luisiana (10) 71 024
XLVIII 02014-02-02 2 de febreiro de 2014 Seattle Seahawks
(2, 1–1)
43–8 Denver Broncos
(7, 2–5)
MetLife Stadium East Rutherford, Nova Jersey 82 529
XLIX 02015-02-01 1 de febreiro de 2015 New England Patriots
(8, 4–4)
28–24 Seattle Seahawks
(3, 1–2)
University of Phoenix Stadium (2) Glendale, Arizona (3) 70 288
50 02016-02-07 7 de febreiro de 2016 Denver Broncos
(8, 3–5)
24–10 Carolina Panthers
(2, 0–2)
Levi's Stadium Santa Clara, California (2) 71 088

Próximas edicións[editar | editar a fonte]

As datas de celebración dos encontros son estimacións.

Edición Data Campión Resultado Subcampión Sede Cidade Asistencia
LI 02017-02-05 5 de febreiro de 2017 Campión 2016–17 da AFC contra Campión 2016–17 da NFC Non determinado (ND) NRG Stadium (2) Houston, Texas (3) ND
LII 02018-02-04 4 de febreiro de 2018 Campión 2017–18 da NFC contra Campión 2017–18 da AFC Non determinado (ND) U.S. Bank Stadium Minneapolis, Minnesota (2) ND
LIII 02019-02-03 3 de febreiro de 2019 Campión 2018–19 da AFC contra Campión 2018–19 da NFC Non determinado (ND) Mercedes-Benz Stadium Atlanta, Xeorxia (3) ND
LIV 02020-02-02 2 de febreiro de 2020 Campión 2019–20 da NFC contra Campión 2019–20 da AFC Non determinado (ND) New Miami Stadium (6) Miami Gardens, Florida (11) ND
LV 02021-02-07 7 de febreiro de 2021 Campión 2020–21 da AFC contra Campión 2020–21 da NFC Non determinado (ND) City of Champions Stadium Inglewood, California (8) ND

Gañadores consecutivos[editar | editar a fonte]

Sete diferentes franquicias gañaron Super Bowls de forma consecutiva, unha das cales dúas veces:

  • Green Bay Packers (Super Bowls I e II)
  • Miami Dolphins (VII e VIII)
  • Pittsburgh Steelers (dúas veces: IX e X así como XIII e XIV)
  • San Francisco 49ers (XXIII e XXIV)
  • Dallas Cowboys (XXVII e XXVIII)
  • Denver Broncos (XXXII e XXXIII)
  • New England Patriots (XXXVIII e XXXIX)

Ningunha franquicia gañou tres Super Bowls seguidas, aínda que varías estiveron cerca:

  • Os Green Bay Packers gañaron as dúas primeiras Super Bowls, así como o título da NFL o ano precedente.
  • Os Miami Dolphins apareceron en tres Super Bowls consecutivas (VI, VII e VIII), gañando as dúas últimas.
  • Os Pittsburgh Steelers gañaron dúas Super Bowls consecutivas (IX e X); o ano seguinte foron eliminados na final da AFC polos Oakland Raiders, eventuais campións da Super Bowl.
  • Os San Francisco 49ers gañaron dúas Super Bowls consecutivas (XXIII e XXIV); o ano seguinte foron eliminados na final da NFC polos New York Giants, eventuais campións da Super Bowl.
  • Os Dallas Cowboys gañaron dúas Super Bowls consecutivas (XXVII e XXVIII); o ano seguinte foron eliminados na final da NFC polos San Francisco 49ers, eventuais campións da Super Bowl. Ao ano seguinte, os Cowboys voltaron gañar o trofeo, o que supuxo tres títulos en catro anos.

Participacións na Super Bowl por equipo[editar | editar a fonte]

Equipos da NFL/NFC (26 vitorias) Equipos da AFL/AFC (24 vitorias)
Equipo da NFL/AFC

Na seguinte táboa os equipos están ordenados primeiro polo número de participacións, despois polo número de vitorias e, finalmente, pola súa primeira participación. Na columna de "Temporada(s)", os anos en negra indican a consecución do título.

Aparicións Equipo Vitorias Derrotas Porcentaxe
de vitorias
Temporada(s)
8 Pittsburgh Steelers 6 2 .750 1974, 1975, 1978, 1979, 1995, 2005, 2008, 2010
8 Dallas Cowboys 5 3 .625 1970, 1971, 1975, 1977, 1978, 1992, 1993, 1995
8 New England Patriots 4 4 .500 1985, 1996, 2001, 2003, 2004, 2007, 2011, 2014
8 Denver Broncos 3 5 .375 1977, 1986, 1987, 1989, 1997, 1998, 2013, 2015
6 San Francisco 49ers 5 1 .833 1981, 1984, 1988, 1989, 1994, 2012
5 Green Bay Packers 4 1 .800 1966, 1967, 1996, 1997, 2010
5 New York Giants 4 1 .800 1986, 1990, 2000, 2007, 2011
5 Oakland/Los Angeles Raiders 3 2 .600 1967, 1976, 1980, 1983, 2002
5 Washington Redskins 3 2 .600 1972, 1982, 1983, 1987, 1991
5 Miami Dolphins 2 3 .400 1971, 1972, 1973, 1982, 1984
4 Baltimore/Indianapolis Colts 2 2 .500 1968, 1970, 2006, 2009
4 Minnesota Vikings 0 4 .000 1969, 1973, 1974, 1976
4 Buffalo Bills 0 4 .000 1990, 1991, 1992, 1993
3 Los Angeles/St. Louis Rams 1 2 .333 1979, 1999, 2001
3 Seattle Seahawks 1 2 .333 2005, 2013, 2014
2 Baltimore Ravens 2 0 1.000 2000, 2012
2 Kansas City Chiefs 1 1 .500 1966, 1969
2 Chicago Bears 1 1 .500 1985, 2006
2 Philadelphia Eagles 0 2 .000 1980, 2004
2 Cincinnati Bengals 0 2 .000 1981, 1988
2 Carolina Panthers 0 2 .000 2003, 2015
1 New York Jets 1 0 1.000 1968
1 Tampa Bay Buccaneers 1 0 1.000 2002
1 New Orleans Saints 1 0 1.000 2009
1 San Diego Chargers 0 1 .000 1994
1 Atlanta Falcons 0 1 .000 1998
1 Tennessee Titans 0 1 .000 1999
1 Arizona Cardinals 0 1 .000 2008
0 Cleveland Browns 0 0 N/A
0 Detroit Lions 0 0 N/A
0 Jacksonville Jaguars 0 0 N/A
0 Houston Texans 0 0 N/A

Equipos que non participaron na Super Bowl[editar | editar a fonte]

Catro dos actuais equipo da NFL nunca chegaron a xogar unha Super Bowl. Dous deles, foron campións da competición antes da celebración da Super Bowl I na temporada 1966.

  • Detroit Lions, foron campións da NFL catro veces: 1935, 1952, 1953 e 1957; participaron na final da NFL en 1954; e na final da NFC en 1991.
  • Cleveland Browns, foron campións da NFL catro veces: 1950, 1954, 1955 e 1964; participaron en sete finais da NFL: 1951, 1952, 1953, 1957, 1965, 1968 e 1969]]; e participaron en tres finais da AFC: 1986, 1987 e 1989. Os Browen están considerados oficialmente como unha franquía continua no tempo desde 1946 como membro da All-America Football Conference, uníndose á NFL en 1950, suspendendo a súa actividade desde 1996 até 1998, e voltando en 1999. Os Baltimore Ravens están considerados unha franquía de expansión fundada en 1996 con ex-xogadores dos Browns.
  • Jacksonville Jaguars, franquía de expansión fundada en 1995, participaron en dúas finais da AFC: 1996 e 1999
  • Houston Texans, franquía de expansión fundada en 2002, apareceu en dúas roldas divisionais en 2011 e 2012.

Alén diso, tanto Detroit, como Houston, como Jacksonville teñen acollido Super Bowls; isto significa que Cleveland é a única cidade actual da NFL que nunca organizou nin participou nunha Super Bowl.

Equipos que participaron na Super Bowl pero non gañaron[editar | editar a fonte]

Nove equipos teñen participado na Super Bowl sen nunca ter conseguido a vitoria. En número descendente de aparicións son:

  • Buffalo Bills (4), participaron nas Super Bowls XXV, XXVI, XXVII, and XXVIII. O seu segundo e último título da AFL foi en 1965, xusto a temporada anterior á primeira Super Bowl.
  • Minnesota Vikings (4), participaron nas Super Bowls IV, VIII, IX e XI. Gañaron o título da NFL en 1969, a última temporada antes da fusión AFL-NFL, con todo, non conseguiron gañar a Super Bowl que os enfrontaba ao campión da AFL.
  • Cincinnati Bengals (2), participaron nas Super Bowls XVI e XXIII. Equipo de expansión de 1968 da AFL, non teñen títulos previos á Super Bowl.
  • Philadelphia Eagles (2), participaron nas Super Bowls XV e XXXIX. O seu último campionato foi en 1960.
  • Carolina Panthers (2), participaron nas Super Bowls XXXVIII e 50. Como equipo de expansión posterior á fusión AFL-NFL, a súa primeira temporada foi en 1995.
  • Arizona Cardinals (1), participaron na Super Bowl XLIII. O seu último campionato foi en 1947 como Chicago Cardinals.
  • Atlanta Falcons (1), participaron na Super Bowl XXXIII. Equipo de expansión de 1966, non teñen títulos previos á Super Bowl.
  • San Diego Chargers (1), participaron na Super Bowl XXIX. O seu único campionato da AFL foi en 1963.
  • Tennessee Titans (1), participaron na Super Bowl XXXIV. O seu segundo e último campionato da AFL foi en 1961 como Houston Oilers.

Equipos con longos períodos sen participar[editar | editar a fonte]

Os seguintes oito equipo teñen participado na Super Bowl, mais non desde 1995. Isto significa que levan máis tempo sen participar que Jacksonville e Houston.

Dous destes equipos levan sen participar na Super Bowl desde a fusión AFL-NFL en 1970:

  • New York Jets (a súa participación máis recente foi na Super Bowl III en 1968)
  • Kansas City Chiefs (Super Bowl IV en 1969)

A última participación na Super Bowl dos seguintes equipos foi posterior á fusión AFL-NFL, mais anterior a temporada 1995.

  • Minnesota Vikings (Super Bowl XI, 1976)
  • Miami Dolphins (Super Bowl XIX, 1984)
  • Cincinnati Bengals (Super Bowl XXIII, 1988)
  • Washington Redskins (Super Bowl XXVI, 1991)
  • Buffalo Bills (Super Bowl XXVIII, 1993)
  • San Diego Chargers (Super Bowl XXIX, 1994)

Partidos da Super Bowls repetidos[editar | editar a fonte]

Os seguintes equipo enfrontáronse máis dunha vez entre eles na Super Bowl:

  • Dallas Cowboys e Pittsburgh Steelers (3) – as Super Bowls X e XIII foron gañadas por Pittsburgh e a Super Bowl XXX foi gañada por Dallas.
  • Miami Dolphins e Washington Redskins (2) – a Super Bowl VII foi gañada por Miami e a Super Bowl XVII foi gañada por Washington.
  • Cincinnati Bengals e San Francisco 49ers (2) –as Super Bowls XVI e XXIII foron ambas gañadas por San Francisco.
  • Buffalo Bills e Dallas Cowboys (2) – as Super Bowls XXVII e XXVIII, a única repetición de final en temporadas consecutivas, foron gañadas ambas por Dallas.
  • New England Patriots e New York Giants (2) – as Super Bowls XLII e XLVI foron ambas gañadas por New York.

Récords[editar | editar a fonte]

Os seguintes son algúns dos récords individuais máis destacábeis da Super Bowl.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Belkin, Douglas (29 de xaneiro de 2004). "Super Bowl underscores cultural divide". Boston Globe (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2016. 
  2. "Super Bowl Sunday: An Unofficial Holiday for Millions" (en inglés). Bureau of International Information Programs. 29 de xaneiro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2016. 
  3. "USDA Offers Food Safety Advice for Your Super Bowl Party" (Nota de prensa) (en inglés). U.S. Department of Agriculture. 27 de xaneiro de 2006. Consultado o 10 de novembro de 2016. 
  4. Mark Koba (28 de xaneiro de 2014). "Super Bowl TV ratings: Fast facts at a glance" (en inglés). CNBC. Consultado o 10 de novembro de 2016. 
  5. Hibberd, James (8 de febreiro de 2010). "Super Bowl dethrones 'M*A*S*H,' sets all-time record". The Hollywood Reporter (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2011. 
  6. Patra, Kevin (2 de febreiro de 2015). "Super Bowl XLIX is most-watched show in U.S. history" (en inglés). National Football League. Consultado o 10 de novembro de 2016. 
  7. Kissell, Rick (2 de febreiro de 2015). "Update: Super Bowl on NBC Draws Record U.S. Television Audience". Variety (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2016. 
  8. Harris, Nick (31 de xaneiro de 2010). "Elite clubs on Uefa gravy train as Super Bowl knocked off perch". The Independent (en inglés) (London). 
  9. "EEUU detense para ver os anuncios da Super Bowl". Galicia Hoxe. 6 de febreiro de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Super Bowl Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]