Steve Young

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Steve Young
No. 8
Posición:Quarterback
Información persoal
Nacemento:11 de outubro de 1961 (62 anos)
Lugar:Utah Salt Lake City, Utah
Altura:6 ft 2 in (1,88 m)
Peso:215 lb (98 kg)
Información da carreira
Instituto:Greenwich (CT)
Universidade:Brigham Young
Draft suplementario:1984 / Rolda: 1
Historial de equipos
Los Angeles Express (1984−1985) (USFL)
Tampa Bay Buccaneers (1985–1986)
San Francisco 49ers (1987–1999)
Premios e galardóns
  • Super Bowl (XXIII, XXIV, XXIX)
  • 1× MVP da Super Bowl (XXIX)
  • 2× MVP da NFL (1992, 1994)
  • 7× Pro Bowl (1992–1998)
  • 3× Primeiro equipo All-Pro (1992–1994)
  • #23 Retirado por San Francisco 49ers
Estatísticas NFL
TD–Intercepción:232–107
Iardas de pase:33.124
Eficiencia de pase:96,8
Iardas percorridas:4.239
TD de carreira:43
Estatísticas en NFL.com

Jon Steven Young (popularmente Steve Young), nado o 11 de outubro de 1961 en Salt Lake City, Utah, é un ex xogador profesional de fútbol americano, que competiu na National Football League entre os anos 1985 e 1999, defendendo durante dúas tempadas as cores dos Tampa Bay Buccaneers, e durante outras 13 tempadas as cores dos San Francisco 49ers.

Carreira[editar | editar a fonte]

Nas súas primeiras dúas tempadas como profesional na NFL (1985 e 1986), xogando en Tampa Bay Buccaneers, disputou 19 encontros como quarterback titular, dos cales o equipo perdeu 16. Neses 19 encontros Young tan só conseguiu dar 11 pases de touchdown, e sufriu 21 intercepcións. Malia súas malas actuacións cos Buccaneers, Bill Walsh, o adestrador dos San Francisco 49ers, viu algo nel, e fichouno para ser o suplente de Joe Montana no equipo.

Young debutou cos 49ers na tempada 1987 fronte ós Chicago Bears despois dunha lesión de Montana, facendo unha grande actuación con catro pases de touchdown, que valeron para gañar o encontro por 41-0. Nas seguintes tempadas, malia súa suplencia, fixo varias actuacións salientables, demostrándolle ó seu adestrador que cando Montana se retirase, el sería un substituto de confianza.

Os 49ers gañaron as Super Bowls de 1989 e 1990, pero para Steve Young eses dous títulos non eran propiamente seus. Antes do comezo da tempada 1991, Montana sufriu unha grave lesión, que lle fixo perderse tódolos encontros daquel ano. Young colleu a titularidade do equipo, e xa non a deixou ata 1999, facendo que o propio Montana, unha vez recuperado, tivese que marchar a outro equipo.

En 1992 e 1994 foi elixido MVP da NFL, sendo esta última a tempada mais salientable da carreira de Steve Young, xa que foi a que rematou co quinto título dos 49ers, na Super Bowl XXIX disputada en xaneiro de 1995, na que tamén foi elixido MVP.

Nos últimos anos da súa carreira Young tivo varias lesións que baixaron o seu rendemento. Non obstante, cando se retirou, Young tiña varios récords históricos da competición que actualmente aínda non foron superados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]