New England Patriots

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
New England Patriots
Fundado en 1959
Sede en Foxborough, MA
Wordmark dos New England Patriots
Wordmark
Afiliacións de Liga/Conferencia

American Football League (1960−1969)

  • Eastern Division (1960−1969)

National Football League (1970–presente)

Uniforme actual
Patriots 12uniforms.png
Cores

Azul, vermello, prata, branco

                   
Mascota Pat Patriot
Cadro de persoal
Propietario(s) Robert Kraft
CEO Robert Kraft
Presidente Jonathan Kraft
Director xeral Bill Belichick (de facto)
Adestrador Bill Belichick
Historia
  • Boston Patriots (1960−1970)
  • Bay State Patriots (1971)
  • New England Patriots (1971–presente)
Alcume(s)
  • The Pats
Campionatos

Títulos de Liga (4)

  • Super Bowl (4)
    2001 (XXXVI), 2003 (XXXVIII), 2004 (XXXIX), 2014 (XLIX)

Conferencia (8)

  • AFC: 1985, 1996, 2001, 2003, 2004, 2007, 2011, 2014

División (19)

  • AFL East: 1963
  • AFC East: 1978, 1986, 1996, 1997, 2001, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016
Estadios
  • Nickerson Field (1960–1962)
  • Fenway Park (1963–1968)
  • Alumni Stadium (1969)
  • Harvard Stadium (1970)
  • Foxboro Stadium (1971–2001)
  • Gillette Stadium (2002–presente)

Os New England Patriots son un equipo profesional estadounidense de fútbol americano con sede na rexión da área metropolitana de Boston, Massachusetts. Forman parte da National Football League (NFL) como membro da American Football Conference (AFC) na súa División Leste. O equipo xoga os seus partidos como local no Gillette Stadium, situado na localidade de Foxborough, a cal está situada a 34 km ao suroeste do centro de Boston e 32 km ao nordés de Providence, Rhode Island. A sede do club está tamén situada no Gillette Stadium.

Membro orixinal da American Football League (AFL), os Patriots uníronse á NFL en 1970 grazas á fusión de ambas competicións. Ao ano seguinte, tras trasladar a súa sede a Foxborough, o club muda o seu nome orixinal: Boston Patriots. A franquía xogou entón no Foxboro Stadium desde 1971 até 2001, traslandándose ao seu actual estadio ao comezo da temporada 2002. O principal equipo rival dos Patriots son os New York Jets, con quen manteñen unha das rivalidades máis encarnizadas da NFL.

Os Patriots participaron en oito Super Bowls ao longo da súa historia, seis das cales son a partir da chegada á franquía do adestrador Bill Belichick e o quarterback Tom Brady no ano 2000. Desde aquela convertéronse nun dos equipos máis existosos da historia da NFL, gañando catorce títulos da AFC Leste en dezaseis anos desde 2001, con todas as temporadas rematadas con máis vitorias que derrotas. Batiron, ademais, moitos récords, incluíndo o maior número de vitorias nun período de dez anos (126 no período 2003–2012), unha temporada perfecta con 16 vitorias e ningunha derrota, a maior xeira de vitoiras consecutivas da historia da NFL (contando liga regular e playoffs) con 21, e a maior xeira de títulos de división consecutivos con 8 (2009−2016). Ademais, o tándem Belichick-Brady posúe o récord de máis Super Bowls disputadas polo mesmo par adestrador e quarterback con seis, sendo ademais a primeira parella destas características que consegue disputar unha Super Bowl trece anos despois da primeira.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundación[editar | editar a fonte]

Billy Sullivan (no medio).

A historia dos New England Patriots comeza o 16 de novembro de 1959 cando ao empresario William "Billy" Sullivan e a Sullivan Brother Printers, propiedade de Joseph Sullivan, se lles concedeu a oitava e última franquía da aínda en desenvolvemente American Football League (AFL). O seguinte inverno, os veciños da cidade enviaron miles de ideas para escoller o nome do novo equipo de fútbol americano de Boston. Finalmente, o 20 de febreiro, Sullivan escolle o nome de "Boston Patriots", o cal fora suxerido por 74 seareiros, entre os cales sen encontraba Larry Kepne. A escolla do nome ten a ver cos históricos patriotas da Guerra da Independencia. Inmediatamente despois o artista Phil Bissell desenvolve o logo de "Pat Patriot".[1]

O primeiro adestramento da franquía foi o 4 de xullo de 1960, pouco máis de dous meses antes do primeiro partido oficial. Así, o 9 de setembro, os Boston Patriots debutan ante os Denver Broncos no primeiro partido de tempada regular do AFL. Os Broncos derrotaron aos Patriots 13-10. Nas súas primeiras tres tempadas, os Patriots conseguiron unha puntuación acumulada de 23-17, mais non acadaron os playoffs en ningún dese tres anos. Con todo, en 1963 o equipo proclámase campión da División Leste da AFL e xoga por vez primeira as eliminatorias polo título. En semifinais conseguen vencer aos Buffalo Bills por 26-8, aínda que despois non son capaces de vencer na final aos San Diego Chargers, equipo que gaña por 51-10. Durante o resto da década o equipo non volve a xogar os playoffs.

Durante esta súa etapa da AFL, o equipo non tivo ningún estadio permanente. De feito, foron utilizados o Nickerson Field, o Harvard Stadium, Fenway Park e o Alumni Stadium, todos eles situados en Boston ou nas proximidades. Os primeiros xogadores destacados do equipo foron os defensive tackles Jim Lee "Earthquake" Hunt e Houston Antwine, o quarterback Vito "Babe" Parilli e o flanker-placekicker Gino "The Duke" Cappelletti. Hunt, Parilli e Cappelletti xogaron todos anos da existencia da AFL. Hunt e Cappelletti pasaron en total dez anos no equipo de Massachusets. Cómpre destacar que Cappelletti foi o máximo anotador da historia da AFL. Posteriormente chegarían á franquía estrelas como o defensive end Larry Eisenhauer, o fullback Jim Nance e middle linebacker e futuro membro do Hall of Fame Nick Buoniconti.[1]

Comezos na NFL[editar | editar a fonte]

Johnny Rembert en 1988.

Como resultado da fusión da NFL coa AFL, os Patriots unísronse á NFL en 1970. A franquía foi incluída na American Football Conference (AFC), onde permanencen desde aquela. O debut, con todo, non sería o deseaxado, xa que os Patriots remtaron cun balance de 2-12, o peor da nova liga. Ao ano seguinte, tras pasar toda a súa historia mudando de terreo de xogo en diferentes sitios da área metropolitana de Boston, o equipo trasládase a un novo estadio en Foxborough. Denomidado na súa inauguración Schaefer Stadium, mudaría de nome en 1983 a Sullivan Stadium e en 1990 a Foxborough Stadium. Ademais, para reflictir o feito de que o equipo estaba agora localizado na área metropolitana da cidade, en marzo de 1971 o equipo mudo o seu nome a New England Patriots. Sullivan considerou tamén o nome de Bay State Patriots, mais rexeitou o nome porque sería inevitablemente abreviado como "BS Patriots".

En 1973 a franquía contrata como adestrador xefe e xerente xeral a Chuck Fairbanks, quen chegaba de dirixir con notábel éxito á Universidade de Oklahome, a cal situou entre os dez mellores equipo de fútbol americano universitario do país. Xa no equipo de Boston, comezou a crear unha das máis talentosas escuadras da NFL nos anos 1970, aínda que sen chegar a conseguir ningún título.[2] Tras acabar en 1974 cun balance de 7-7 e en 1975 cun 3-11, acometéronse varias mudanzas de importancia no equipo, destacando o traspaso de Plunkett aos San Francisco 49ers e a fichaxe do seu substituto, Steve Grogan. Grogan e Fairbanks encontraron o éxito en 1976: os Patriots terminaron 11-3, o mellor resultado na historia da franquía até ese momento, e clasificáronse para os playoffs por primeira vez desde 1963. Porén, pero perderon ante os Oakland Raiders 24-24 na primeira rolda nun partido marcado por unha falta controvertida sinalada polo árbitro Ben Dreith contra o xogador defensivo Ray "Sugar Bear" Hamilton.[3] A decisión foi tan disputada que Dreit nunca máis volveu arbitrar ante os New England Patriorts.

En 1978, Fairbanks foi despedido como adestrador xefe cando se revelou que fora secretamente contratado como adestrador xefe da Universidade de Colorado. Foi substituído por Ron Erhardt, ao que á súa vez sucedeu Ron Meyer en 1981. De 1977 a 1984, os Patriots só alcanzaron os playoffs as tempadas de 1978 e 1982, saíndo en ambas derrotados na primeira rolda. En busca de mellorar o liderado, os Sullivan trocaron a Ron Meyer por Raymond Berry en 1984. Ao ano seguinte, os Patriots fixeron un balance de 11-5 en temporada regular, conseguindo o dereito de participar nos playoffs por ser un dos mellores equipos de entre os non clasificados directamente (posto coñecido como "wild card"). Con Berry convertéronse no primeiro equipo en gañar tres partidos como visitante nas eliminatorias para chegar á Super Bowl. Na final, aínda que gozando dunha vantaxe de 3-0 durante o primeiro cuarto, os Patriots perderon ente os Chicago Bears por 46-10. Na seguinte temporadada, os de Boston gañaron a AFC Leste de novo cun balance de 11-5, mais esta vez nos playoffs perderon na primeira rolda de playoffs ante os Denver Broncos na primeira rolda dos playoffs.

Crise financieira e deportiva[editar | editar a fonte]

Drew Bledsoe.

Durante o finais dos anos 1980 e principios da seguinte década, os Patriots non conseguiron clasificarse nunca para os playoffs. Isto manifestouse en constantes trocos de adestradores e problemas na administración por parte dos Sullivan. A familia perde millóns de dólares en investimentos custosos, incluíndo o Victory Tour de The Jackson Five en 1984 e aproximadamente 100 millóns de dólares na franquía. Como consecuencia, os Sullivan víronse forzados a vender o equipo por 84 millóns ao magnate propietario de Remington Products, Victor Kiam, en 1988. Con todo, Billy Sullivan e o seu fillo permaneceron, respectivamente, como presidente e xerente xeral da franquía. Mentres tanto, Robert Kraft comezou a súa relación cos Patriots ao comprar o Sullivan Stadium (previamente Schaefer Stadium) o 23 de novembro de 1988. Durante esta mudanza de liderado, o adestrador Berry foi remplazado por Rod Rust.

A peor camapaña na historia da franqucia dos Patriots viño baixo o mando de Rust en 1990, cando o equipo terminou 1-15. Finalmente, Rust foi despedido despois ao finalizar a temporada, sendo substituído por Dick MacPherson. En setembro, os Patriots víronse envolvidos nun escándalo de acoso sexual cando o Boston Herald deu a noticia de que Lisa Olson fora acosada sexualmente e insultada verbalmente por varios xogadores dos Patriots nos vestiarios do equipo. A NFL investigou o incidente e o comisionado da NFL multou ao equipo con 50.000 dólares. Tamén varios xogadores foron multados: Zeke Mowatt con 12.500 dólares e Michael Tompson e Robert Perryman con 5000 cada un. Este asunto foi ademais unha das razóns polas cales Rod Rust foi rapidamente despedido do seu posto como adestrador xefe.

En 1992, chega á franquía un novo dono, o empresario de St. Louis James Orthwein. Por toda Nova Inglaterra, os comentaristas deportivos e os afeccionados rumoreaban a psobilidade de que a Orthwein trasladase a franquía en á súa cidade. Con todo, non se realizou ningún movemento para a tempada dese ano. En 1993, os Patriots volveron realizar mudanzas a nivel deportivo ao despedir a MacPherson e contratar ao adestrador Bill Parcells. A fichaxe máis destacada para 1993 foi Drew Bledsoe, quen sería o quarterback do equipo até 2001. A pesar do novo xogador, os resultados do ano foron negativos, e os rumores da recolocación continuaron tras a tempada. Para salvar ao equipo da mesma, Robert Kraft venceu a unha forte competencia e obtivo a propiedade absoluta dos Patriots en 1994.

Os Patriots comezaron a temporada de 1994 elixindo na primeira rolda do draft ao linebacker Willie McGinest, o cal posteriormente se convertiría nun importante xogador da historia da franquía. Ese mesmo ano o equipo chega so playoffs, mais o equipo perde en primeira rolda por 20-13 ante os Cleveland Browns. A temporada de 1995 cun sería peor, e o equipo acaba cun balance de 6-10. Porén, Kraft decide manter a Parcells como adestrador. Ao ano seguinte o equipo acada un destacábel balance de 11-5, gañando o campionato da AFC Leste. Tras gañar aos Pittsburgh Steelers cun contundente 28-3 na rolda divisional, os Patriots gañan tamén con claridade (20-6) aos Jacksonville Jaguars na final da Conferencia Americana, clasificándose por segunda vez á Super Bowl. Na final agasradaban os Green Bay Packers de Brett Favre. Porén, ao igual que sucedera en 1986, o equipo queda ás portas do título tras perder por 35-21.

Debido ao incremento da tensión entre Parcells e Kraft, o primeiro foi remplazado por Pete Caroll en 1997. Mentres tanto, os Patriots e os New York Jets comezaron a intercambiar xogadores e adestradores, incluíndo ao até ese entón adestrador en xefe dos NY Jets, Eric Mangini, o mencionado Parcells e o running back Curtis Martin. Os Patriots terminaron o ano 1997 cun resultado de 10-6, suficientemente bo para obter o primeiro lugar na AFC Leste. NA rolda inaugural dos playoffs os Patriots derrotaron aos Miami Dolphins 17-3 en casa, antes de perder ante os Pittsburgh Steelers cun marcador de 7-6. Un ano despois, os Patriots terminan cun balance de 9-7, perdendo esta vez xa na primeira rolda dos playoffs ante os Jacksonville Jaguars. A mala tempada de 1999 terminou co despedimento de Carroll.

A era de Belichick e Brady[editar | editar a fonte]

Despois do despedimento de Pete Carrol en xaneiro de 2000, o dono dos Patriots Robert Kraft contratou como adestrador xefe ao adestrador asistente dos New York Jets Bill Belichick. O novo técnico reestruturou o cadro de personal da franquía. Na pretemporada, despois de que varios xogadores chegasen fóra de forma, declarou que o equipo "non pode gañar con 40 bos xogadores cando outros equipos teñen 53". Os Patriots acabaron a primeira temporada desta era cun récord de 5−11, acabando no último lugar da AFC Leste e non xogando os playoffs por segunda temporada consecutiva. A franquía aproveitou tamén este ano para actualizar os logotipos e uniformes. As principais mudanzas foron o uso dun azul máis escuro e o uso de fontes máis modernas.

A comezos da seguinte temporada Drew Bledsoe, quarterback titular do equipo, lesionouse. Na súa ausencia, Tom Brady, unha elección de sexta rolda do draft de 2000, saíu ao campo gañou tres partidos consecutivos como titular, batindo un récord da NFL ao non permitir ningunha intercepción nos seus primeiros 162 pases. Grazas a isto, Brady gañou a confianza de Belichick e dos seus compañeiros e, cando Bledsoe volve estar listo para xogar, o adestrador anunciou que Brady continuaría no posto. A pesar de que nun principio Bledsoe non estivo contento con seu novo papel, non casou problemas ao equipo e apoiou a Brady e aos Patriots. Liderados por Brady, a nova estrela para os seareiros locais, os Patriots continuaron xogando ben, gañando os seus últimos seis partidos e conseguindo o título da AFC Leste cun balance de 11–5. Xa nos playoffs, derrotaron na rolda divisional aos Oakland Raiders nun controvertido partido chamado pola prensa "Tuck Rule Game" e na final de conferencia aos Pittsburgh Steelers, chegando á Super Bowl. Na final derrotaron aos St. Louis Rams cun gol de campo de Adam Vinatieri nos últimos segundos. Foi a primeira vitoria dos Patriots nunha Super Bowl, sendo Brady foi nomeado mellor xogador do partido. Ao acabar a temporada Bledsoe foi traspasado aos Buffalo Bills.

Na seguinte temporada os Patriots ixeron balance de 9–7, insuficiente para acadar os playoffs. A campaña seguinte comeza mal para os de Boston, perdendo na primeira xornada ante os Buffalo Bills por 31-0[4] e na cuarta ante os Washington Redskins por 17-20[5], facendo un balance de 2−2 nas catro primeiras xornadas. Con todo, o equipo encadea doce vitorias consecutivas para acabar cun récord de 14−2, conseguindo o título de división. Tras gañar dous partidos máis en playoffs aos Tennessee Titans e aos Indianapolis Colts de Payton Manning, o equipo chega de novo á Super Bowl, conseguindo o seu segundo título tras gañar aos Carolina Panthers por 32-29, sendo os últimos tres puntos novamente dun gol de campo de Vinatieri. Brady foi nomeado MVP do Super Bowl por segunda vez na súa carreira.

Ao ano seguinte continúa a xeira de vitorias, batindo o récord con dezaoito grazas á vitoria sobre os Miami Dolphins. De feito, aínda seguirían invictos até chegar á vixésimo segundo partido, onde perden ante os Steleers. Despois de acabar a temporada 14-2, os Patriots derrotaron aos Colts e aos Steelers camiño da Super Bowl XXXIX, onde venceron aos Philadelphia Eagles cun marcador de 24-21, converténdose no primeiro equipo en seis anos e o oitavo na historia en repetir como campións da NFL, ademais de no segundo equipo en gañar tres Super Bowls en catro anos, igualando o fito dos Dallas Cowboys de comezos da década de 1990. Cabe engadir que estas tres Super Bowls conseguidas foron por vitorias de tres puntos, dúas das cales chegaron grazas a un gol de campo no último segundo de Adam Vinatieri. los Patriots ganaron sus tres Super Bowls por tres puntos, dos de los cuales vinieron con un gol de campo al último segundo por Adam Vinatieri.

Despois da temporada 2004, os dous coordinadores, Charlie Weis e Romeo Crennel, deixaron o equipo na procura de traballo como adestradores xefe, así como importantes xogadores. Ao final da temporada, os Patriots gañaron de novo a AFC Leste cun balance de 10−6, derrotando aos Jacksonville Jaguars 28-3 na primera ronda de los playoffs, antes de perder ante os Denver Broncos por 27-13. New England convirteuse así no sétimo equipo da NFL en fallar no seu intento de conseguir tres Super Bowls consecutivas. Compre destacar que no último partido da temporada regular ante os Dolphins (derrota por 26-28),[6] Doug Flutie realizou un drop kick para conseguir un punto de extra point, o primeiro na liga desde 1941.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Cadro de xogadores dos New England Patriots
Quarterbacks

Running backs

Wide receivers

Tight ends

Liña ofensiva

Liña defensiva

Linebackers

Defensive backs

Equipos especiais

Reservas

Equipo de adestramento

Rookies en cursiva
Roster actualizado a 16 de novembro de 2016
Depth ChartTraspasos

53 activos, 6 inactivos, 10 de adestramento

Hall of Fame dos Patriots[editar | editar a fonte]

Os New England Patriots incluíron desde 1991 a vinte e dous ex-xogadores e dous contribuidores no seu Hall of Fame (do inglés: Salón da Fama).[7] Un comité de membros dos medios de comunicación e persoal do club seleccionaron 11 xogadores para a súa inclusión entre 1991 e 2001, seguido de seis anos nos que non foi incluído ninguén máis. En 2007, previo á inauguración en 2008 do salón Patriot Place, os Patriots nomearon a un novo comitépara seleccionar a tres candidatos, aos cales se unir ao gañador dunha votación a través de internet. Para poder ser elixidos, os xogadores debían ter estado retirados durante, como mínimo, catro anos. A partir de 2001, un comité, que se reune cada cinco anos, ten a posibilidade de votar a un xogador que leve retirado polo menos 25 anos.[8] Adicionalmente, catro dos membros do Salón da Fama dos Patriots foron incluídos no Pro Football Halla of Fame: John Hannah, Nick Buoniconti, Mike Haynes e Andre Tippett.

Andre Tippett (1982–1993)
Membros do Hall of Fame dos New England Patriots
Xogadores
No. Nome Posicións Temporadas Introducido No. Nome Posicións Temporadas Introducido
73 John Hannah G 1973–1985 1991 (Pro: 1991) 87 Ben Coates TE 1991–1999 2008
85 Nick Buoniconti LB 1962–1968 1992 (Pro: 2001) 35 Jim Nance FB 1965–1971 2009
20 Gino Cappelletti WR/K 1960–1970 1992 39 Sam Cunningham RB 1973–1982 2010
89 Bob Dee DL 1960–1967 1993 11 Drew Bledsoe QB 1993–2001 2011
79 Jim Lee Hunt DT 1960–1971 1993 56 Jon Morris C 1964–1974 2011
57 Steve Nelson LB 1974–1987 1993 80 Troy Brown WR/PR/CB 1993–2007 2012
15 Vito "Babe" Parilli QB 1961–1967 1993 54 Tedy Bruschi LB 1996–2008 2013
40 Mike Haynes CB 1976–1982 1994 (Pro: 1997) 24 Ty Law CB 1995–2004 2014
14 Steve Grogan QB 1975–1990 1995 55 Willie McGinest LB/DE 1994–2005 2015
56 Andre Tippett LB 1982–1993 1999 (Pro: 2008) 65 Houston Antwine DL 1961–1971 2015
78 Bruce Armstrong T 1987–2000 2001 33 Kevin Faulk RB 1999–2011 2016
86 Stanley Morgan WR 1977–1989 2007
Contribuidores
No. Nome Posicións Temporadas Introducido No. Nome Posicións Temporadas Introducido
Billy Sullivan Dono e fundador 1960–1988 2009 Gil Santos Locutor 1972–1979, 1991–2012 2013

Ademais, outros tres xogadores incluídos no Pro Football Hall of Fame pasaron parte da súa carreira nos Patriots:

Dorsais retirados[editar | editar a fonte]

John Hannah (1973–1985)

Os New England Patriots retiraron os seguintes son os dorsais para o seu uso a modo de homenaxe.

Dorsais retirados dos New England Patriots
No. Nome Posición Período
20 Gino Cappelletti WR, K 1960–1970
40 Mike Haynes CB 1976–1982
57 Steve Nelson LB 1974–1987
73 John Hannah G 1973–1985
78 Bruce Armstrong T 1987–2000
79 Jim Lee Hunt DL 1960–1971
89 Bob Dee DL 1960–1967

Corpo técnico[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Bill Belichick.
# Nome Período Temporada regular Playoffs Títulos
PA V D E  %V PA V D
Boston Patriots
1 Lou Saban 1960–1961 19 7 12 0 .368
2 Mike Holovak 1961–1968 107 52 46 9 .528 2 1 1
3 Clive Rush 1969–1970 21 5 16 0 .238
4 John Mazur 1970 7 1 6 0 .143
New England Patriots
John Mazur 1971–1972 23 8 15 0 .348
5 Phil Bengtson 1972 5 1 4 0 .200
6 Chuck Fairbanks 1973–1978 85 46 39 0 .541 2 0 2
7 Ron Erhardt 1979–1981 49 21 28 0 .428
8 Ron Meyer 1982–1984 33 18 15 0 .545 1 0 1
9 Raymond Berry 1984–1989 87 48 39 0 .551 5 3 2 Campión da AFC (1985)
10 Rod Rust 1990 16 1 15 0 .062
11 Dick MacPherson 1991–1992 32 8 24 0 .250
12 Bill Parcells 1993–1996 64 32 32 0 .500 4 2 2 Campión da AFC (1996)
13 Pete Carroll 1997–1999 48 27 21 0 .562 3 1 2
14 Bill Belichick 2000– 256 187 69 0 .730 31 22 9 4 Super Bowl (2001, 2003, 2004, 2014)

6 Campión da AFC (2001, 2003, 2004, 2007, 2011, 2014)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Official New England Patriots History". Patriots.com. New England Patriots. Consultado o 25-12-2016. 
  2. "NFL Coach Chuck Fairbanks Dies: Top 10 Facts You Need to Know". Heavy. 02-04-2013. Consultado o 25-12-2016. 
  3. "‘Roughing the Passer’: The Patriots-Raiders Game You Should Know About". boston.com. Consultado o 25-12-2016. 
  4. "2003 NFL Week 1 Leaders & Scores". Pro-Football Reference. Consultado o 02-01-2017. 
  5. "2003 NFL Week 4 Leaders & Scores". Pro-Football Reference. Consultado o 02-01-2017. 
  6. "Miami Dolphins at New England Patriots - January 1st, 2006". Pro-Football Reference. Consultado o 03-01-2017. 
  7. "The Hall at Patriot Place". New England Patriots. Consultado o 20-12-2016. 
  8. "About the Hall". New England Patriots. Consultado o 20-12-2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]