Mercedes-Benz Superdome

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 29°57′03″N 90°04′52″O / 29.950833333333, -90.081111111111

Mercedes-Benz Superdome
Datos
Localización Nova Orleáns, Estados Unidos
AlcumeSuperdome
Nomes antigosLouisiana Superdome (1975–2011)
Construción
Construción12 de agosto de 1971
Inauguración3 de agosto de 1975 (48 anos)
ArquitectoCurtis and Davis Associated
Edward B. Silverstein & Associates
Nolan, Norman & Nolan
EnxeñeiroSverdrup & Parcel
Custo$134 millóns
Estadio
SuperficieUBU Speed Ser. S5-M Synthetic Turf
Capacidade73.208 (ampliábel a 76.468)
Asist. máxima73.373 (24/11 de 2014)
Saints 27 - 34 Ravens
PropietarioLouisiana Stadium/Expo District
OperaradoraSMG
LocalíaNew Orleans Saints (1975– )
New Orleans Jazz (1975–1979)
Eventos
Super Bowl XII (1978), XV (1981), XX (1986), XXIV (1990), XXXI (1997), XXXVI (2002), XLVII (2013)

O Mercedes-Benz Superdome, habitualmente coñecido como Superdome, é un recinto deportivo cuberto situado no Central Business District de Nova Orleáns, Luisiana (Estados Unidos). O seu uso principal é ser o estadio local dos New Orleans Saints da National Football League (NFL), así como acoller os partidos da Sugar Bowl e New Orleans Bowl de fútbol americano colexial. O estadio foi inaugurado o 3 de agosto de 1975 como o Louisiana Superdome, cun estilo arquitectónico modernista da firma Curtis and Davis. A súa estrutura de aceiro cobre unha superficie de 53.000 metros cadrados, tendo a cúpula, consistente nunha estrutura lamelar de múltiples aneis, un diámetro de 210 metros, facéndoa unha das cúpulas máis grandes do mundo.[1] O estadio é adxacente ao Smoothie King Center, sede dos New Orleans Pelicans da National Basketball Association (NBA). O Superdome recibiu atención internacional no ano 2005 debido a que foi utilizado como refuxio durante o Furacán Katrina. De feito, o edificio recibiu múltiples danos como resultado da tempestade.

Historia[editar | editar a fonte]

O estadio foi inaugurado o 3 de agosto de 1975, cerca de catro anos despois do comezo da súa construción en 1971, en terreos que pertencían ao cemiterio de Girod Street, o cal foi demolido para a construción desta instalación deportiva. Desde o seu comezo serviu como estadio local dos New Orleans Saints da National Football League (NFL), sendo o recinto sede de sete Super Bowls: a XII de 1978 gañada polos Dallas Cowboys, a XV de 1981 dos Oakland Raiders, a XX de 1986 dos Chicago Bears, a XXIV de 1990 dos San Francisco 49ers, a XXXI de 1997 dos Green Bay Packers, a XXXVI de 2002 dos New England Patriots e a XLVII de 2013 dos Baltimore Ravens. O Superdome resultou severamente afectado polo Furacán Katrina de 2005. Con todo, serviu como refuxio para miles de persoas para un dos peores eventos meteorolóxicos da historia dos Estados Unidos. Debido a iso, estadio sufriu unha remodelación e foi reinaugurado en 2006.

Panorámica do estadio.

Super Bowl[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Super Bowl.

A seguinte é unha lista das edicións da Super Bowl disputadas no Superdome.

Data Edición Equipo Puntos Equipo Puntos Asistencia
15 de xaneiro de 1978 XII Dallas Cowboys 27 Denver Broncos 10 76.400
25 de xaneiro de 1981 XV Oakland Raiders 27 Philadelphia Eagles 10 76.135
26 de xaneiro de 1986 XX Chicago Bears 46 New England Patriots 10 73.818
28 de xaneiro de 1990 XXIV San Francisco 49ers 55 Denver Broncos 10 72.919
26 de xaneiro de 1997 XXXI New England Patriots 21 Green Bay Packers 35 72.301
3 de febreiro de 2002 XXXVI St. Louis Rams 17 New England Patriots 20 72.922
3 de febreiro de 2013 XLVII Baltimore Ravens 34 San Francisco 49ers 31 71.024

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Largest Domes In The World". World Atlas (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]