Miami Dolphins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miami Dolphins
Fundado en 1966
Sede en Miami, FL
Wordmark dos Miami Dolphins
Wordmark dos Miami Dolphins
Wordmark
Afiliacións de Liga/Conferencia

American Football League (1966−1969)

  • Eastern Division (1966−1969)

National Football League (1970–presente)

Uniforme actual
CoresAuga, laranxa, branco, mariño                    
MascotaT. D.
Cadro de persoal
Propietario(s)Stephen M. Ross
CEOTom Garfinkel
Director xeralChris Grier
AdestradorAdam Gase
Historia
  • Miami Dolphins (1966–presente)
Alcume(s)
  • The Fins
  • The No-Name Defense (Defensa 1970s)
Campionatos
Títulos de Liga (2)
  • Super Bowl (2)
    1972 (VII), 1973 (VIII)
Conferencia (5)
  • AFC: 1971, 1972, 1973, 1982, 1984
División (13)
  • AFC East: 1971, 1972, 1973, 1974, 1979, 1981, 1983, 1984, 1985, 1992, 1994, 2000, 2008
Estadios

Os Miami Dolphins son un equipo profesional estadounidense de fútbol americano con sede na área metropolitana da cidade de Miami, Florida. Forman parte da National Football League (NFL) como membros da American Football Conference (AFC) na súa División Leste. O equipo xoga os seus partidos como local no Hard Rock Stadium, situado en Miami Gardens, ao norte da cidade. Por outra banda, a sede adeministratica do club está situada en Davie. Os Dolphins son o equipo profesional máis antigo de Florida, con todo, son o único equipo da AFC Leste que non foi membro fundador da American Football League (AFL).

A franquía foi fundada en 1966 polo político e avogado Joe Robbie e o actor Danny Thomas, entrando a competir na AFL. Os Dolphins chegaron á súa primeira Super Bowl na temporada 1971 (Super Bowl VI), aínda que non conseguiron vencer aos Dallas Cowboys (24–3). Na seguinte temporada, con todo, conseguen o seu primeiro título, conseguindo ademais a única temporada perfecta da historia da NFL ao gañar os 14 partidos da liga regular, os dous de playoffs e a Super Bowl. Repetirían título ao ano seguinte, sendo o primeiro equipo que consegue xogar tres finais consecutivas. Os de Miami tamén xogaron, aínda que sen éxito, as Super Bowls XVII e XIX.

Durante a maior parte dos seus primeiros anos, os Dolphins foron adestrados por Don Shula, o técnico da NFL con máis partidos gañados da historia da competición. Baixo o liderado de Shula, os Dolphins tan só tiveron dúas temporadas das 26 que permaneceu no club con máis derrotas que vitorias. Outra lenda da franquía foi o quarteback Dan Marino, quen durante o período 1983−1999 converteuse nun dos máis prolíficos pasadores da historia da competición, rompendo moitos récords anteriores. Marino liderou aos Dolphins a cinco títulos de división, dez aparicións en playoffs e á participación na Super Bowl XIX.

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo foi fundado en 1966, afiliandose á American Football League (AFL), liga na que permaneceu ata a fusión das dúas ligas profesionais dos Estados Unidos en 1970. Ao longo da súa historia conseguiu disputar cinco Super Bowls (1971-72, 1972-73, 1973-74, 1982-83, 1984-85), gañando en dúas ocasións (segunda e terceira participacións). Os Miami Dolphins son o único equipo que conseguiu gañar tódolos partidos antes de disputar os playoffs (1972), Tempada perfecta, xunto con New England Patriots e Chicago Bears.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Quarterbacks

Running backs

Wide receivers

Tight ends

Liña ofensiva

Liña defensiva

Linebackers

Defensive backs

Equipos especiais

Reservas

Equipo de adestramento

Rookies en cursiva
Roster actualizado a 23 de novembro de 2016
Depth ChartTraspasos
53 activos, 7 inactivos, 7 de adestramento

Xogadores emblemáticos[editar | editar a fonte]

O mellor xogador da franquía foi o quarterback Dan Marino, considerado como un dos mellores xogadores na súa posición na historia da NFL, xa que estableceu unha época de dominio ofensivo dende o seu debut en 1983 ata a súa retirada no 2000. Da man de Marino, Miami chegou á SuperBowl XIX, mais foron derrotados por San Francisco, e dúas tempadas antes (antes da chegada de Marino ao equipo) por Washington. Marino rompeu moitos récords, o que lle supuxo un gran número de recoñecementos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]