Los Angeles Rams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "St. Louis Rams")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Los Angeles Rams
Fundado en 1936
Sede en Os Ánxeles, CA
Wordmark dos Los Angeles Rams
Wordmark
Afiliacións de Liga/Conferencia

American Football League (1936)
National Football League (1937–presente)

  • Western Division (1937-1949)
  • National Conference (1950-1952)
  • Western Conference (1953-1969)
Coastal Division (1967-1969)
  • NFC (1970-presente)
NFC Oeste (1970-presente)
Uniforme actual
St louis rams uniforms12.png
CoresAzul, branco, dourado               
MascotaRampage
Cadro de persoal
Propietario(s)Stan Kroenke
Director xeralLes Snead
AdestradorSean McVay
Historia
  • Cleveland Rams (1936–1945)
  • Los Angeles Rams (1946–1994)
  • St. Louis Rams (1995–2015)
  • Los Angeles Rams (2016–presente)
Alcume(s)
Fearsome Foursome (1960s)
The Greatest Show on Turf (1999–2001)
The Mob Squad (2015–presente)
Campionatos
Títulos de Liga (3)
  • Super Bowl (1)
    1999 (XXXIV)
Conferencia (7)
  • NFL National: 1950, 1951
  • NFL Oeste: 1955
  • NFC: 1979, 1999, 2001, 2018
División (20)
  • NFL Oeste: 1945, 1949, 1955
  • NFL Coastal: 1950, 1951
  • NFC Central: 1967, 1969
  • NFC Oeste: 1973, 1974, 1975, 1976, 1977, 1978, 1979, 1985, 1999, 2001, 2003, 2017, 2018
Estadios
En Cleveland
  • Cleveland Stadium (1936–1937, 1939–1941)
  • League Park (1937, 1942, 1944–1945)
  • Shaw Stadium (1938)

En St. Louis

  • Busch Memorial Stadium (1995)
  • Edward Jones Dome (1995–2015)

Nos Ánxeles

Los Angeles Rams son un equipo profesional estadounidense de fútbol americano que compite na National Football Conference (NFC) da National Football League (NFL). A franquía ten a súa base na cidade de Ánxeles, no estado de California. Os Rams posúen tres títulos de campión da NFL, incluída unha Super Bowl, sendo o único equipo que gañou tres títulos tendo a súa sede en tres cidades diferentes: Cleveland en 1945, Os Ánxeles en 1951 e St. Louis en 1999. A franquía disputa os seus partidos como local en Los Angeles Memorial Coliseum.

Os Rams foron fundados en 1936 na cidade de Cleveland, Ohio. O primeiro propietario do club foi Homer Marshman, destacando entre os seus primeiros xogadores William "Bud" Cooper, Harry "The Horse" Mattos, Stan Pincura ou Mike Sebastian. Após gañar o título da 1945 da NFL, o equipo trasládase aos Ánxeles en 1946, optando por non competir cos Cleveland Browns da All-America Football Conference e pasando a denominarse Los Angeles Rams. Na cidade californiana o equipo xoga no Memorial Coliseum, aínda que entre 1980 e 1994 disputou os seus partidos no Anaheim Stadium da veciña cidade de Anaheim.

Despois da temporada de 1994 da NFL, os Rams deixan California para xogar en St. Louis, Missouri. Tan só cinco temporadas após o traslado, o equipo foi quen de gañar a Super Bowl XXXIV tras vencer por 23–16 ante os Tennessee Titans no Georgia Dome de Atlanta. Dous anos despois o equipo volve chegar á Super Bowl, aínda que esta vez perden ante os New England Patriots de Bill Belichick e Tom Brady por 20–17. Durante esas tres temporadas, o ataque dos Rams recibiu o alcume de "The Greatest Show on Turf" (do inglés: O maior espectáculo sobre o campo). O equipo xogou en St. Louis até o final da temporada 2015, regresando a franquía para a temporada 2016 aos Ánxeles.

Historia[editar | editar a fonte]

Cleveland Rams (1936–1945)[editar | editar a fonte]

Os Cleveland Rams foron fundados no ano 1936 polo avogado de Ohio Homer Marshman e o adestrador Damon Wetzel, ex-estrela de Ohio State que tamén xogara a brevemente a nivel profesional para os Chicago Bears e os Pittsburgh Pirates. Wetzel, que foi nomeado director xeral da nova franquía, escolleu o nome de "Rams" (do inglés: carneiros) na honra do seu equipo favorito do fútbol americano universitario: os Fordham Rams da Universidad de Fordham. No seu primeiro ano o equipo participou na recentemente creada American Football League, terminando a competición en segundo lugar con cinco vitorias por dúas derrotas e dous empates. O 12 de febreiro de 1937 o equipo uniuse á National Football League (NFL), onde foron asignados á División Oeste. Os Rams foron o cuarto dunha serie de equipos de curta duración con sede en Cleveland, sucedendo aos Tigers, aos Bulldogs e aos Cleveland Indians. Desde os seus inicios o equipo caraterizouse por continuas mudanzas de estadio, chegando a xogar en tres recintos diferentes. A pesar de ter varias temporadas con máis derrotas que vitorias, destacou a presenza nos Rams do halfback Parker Hall, nomeado MVP da temporada de 1939.[1]

En xuño de 1941 os Rams foron adquiridos por Dan e Fred Levy Jr. Reeves, herdeiros dun negocio familiar de comestibles que fora comprado comprado por Safeway. Outro dos propietarios dos Rams na época foi o artista Bob Hope. Na temporada de 1943 o equipo suspendeu as súas operacións e retirouse da competición debido á escaseza de xogadores durante a Segunda Guerra Mundial, reanudando o seu camiño en 1944.[2] O primeiro éxito dos Rams chegou en 1945, no que finalmente sería o seu último ano en Ohio. Esa temporada asumiu o cargo de adestrador Adam Walsh, que xunto co quarterback debutante Bob Waterfield, a posteriori MVP da temporada, conseguiron nove vitorias por unha soa derrota. Isto valeulles para conseguir o seu primeiro título da NFL tras vencer por 15-14 aos Washington Redskins o 16 de decembro.

Los Angeles Rams (1946–1994)[editar | editar a fonte]

Elroy Hirsch.

O 12 de xaneiro de 1946, foille denegado a Reeves o seu traslado desde Cleveland até Os Ánxeles, onde xogaría no Memorial Coliseum, naquela altura con capacidade para 103.000 espectadores. Con todo, Reeves ameazou con romper relacións coa NFL e saír do negocio do fútbol americano profesional, e finalmente o traslado foi permitido. A raíz do movemento, a NFL foi a primeira industria do deporte estadounidense en ter franquías nas costas leste e oeste do país. Após os Rams recibiren aprobación para mudarse aos Ánxeles, comezaron as negociacións para alugar o Memorial Coliseum. Unha das condicións previas para obter o contrato de arrendamento era a integración no equipo de polo menos un xogador afroamericano, condición aceptada polo equipo. Desde a saída de Joe Lillard en 1933 dos Chicago Cardinals, non houbera xogadores negros no fútbol americano profesional. Así, o 21 de marzo de 1946 os Rams asinaron a Kenny Washington. A sinatura causou que se "desatase todo o inferno" entre os donos das franquías da NFL. A pesar de todo, asinaron a outro xogador negro máis, Woody Strode. No partido de debut dos Rams como locais en California, un encontro de pretemporada ante os Washington Redskins, xuntáronse no estadio máis de 95.000 seareiros. O equipo acabaría por finalizar a súa primeira temporada cun rexistro de 6–4–1, ocupando o segundo posto despois dos Chicago Bears. En 1948, o halfback Fred Gehrke pintou uns cornos no casco dos Rams, converténdose no primeiro emblema de casco do fútbol americano profesional.

O primeiro apoxeo dos Rams no sur de California foi entre 1949 e 1955, cando xogaron catro veces a Final polo campionato da NFL (anterior á Super Bowl), gañando unha vez en 1951. Durante este período, tiveron a mellor ofensiva na NFL. Os xogadores ofensivos que definiron este período foron Elroy Hirsch, Van Brocklin e Waterfield. Durante a temporada do título de 1951, Hirsch rexistrou unha impresionante cantidade de 1.495 iardas e 17 touchdowns. A popularidade desta ofensiva permitiu en 1950 aos Rams converterse no primeiro equipo de fútbol profesional en ter todos os seus partidos televisados. A finais dos anos cincuenta e principios dos sesenta, pasaron de ser a única franquía deportiva profesional importante no sur de California e Os Ánxeles a ser unha entre cinco: chegaron os Dodgers de béisbol desde Brooklyn en 1958, en 1960 foron fundados os Chargers da recentemente creada AFL, os Lakers de baloncesto chegaron desde Minneapolis en 1960 e finalmente foron fundados os Angels de béisbol en 1961. A pesar disto, os Rams seguiron prosperando no sur de California. Nos primeiros dous anos despois de que os Dodgers mudáronsechegasen a California, os Rams atraeron unha media de 83.681 espectadores en 1958 e de 74.069 en 1959. Os Rams eran tan populares na cidadae que os Chargers decidiron mudarse a San Diego en lugar de tentar competir con eles. Porén, durante este tempo os Rams non tiveron tanto éxito no campo como o foron durante a súa primeira década. En 1957, os Rams estableceron a marca de asistencia da NFL de todos os tempos até 2006 e romperon a marca de 100.000 dúas veces durante a campaña de 1958.

A década de 1960 estivo definida pola linea defensiva do equipo formada por Rosey Grier, Merlin Olsen, Deacon Jones e Lamar Lundy, os cales recibían o alcume de "Fearsome Foursome" (do inglés: Cuarteto temíbel). Coa súa axuda o equipo chegou a xogar a a final de conferencia en 1967. Esa mesma temporada foi a primeira na historia da NFL na que un equipo sobrepasou o millón de espectadores nunha soa temporada. Durante finais da década e comezos da seguinte o quarterback dos Rams foi Roman Gabriel. Durante as súas once temporadas no club, o equipo finalizou sempre en primeiro o segundo lugar da súa división, a NFC Oeste. Ademais, foi nomeado MVP na temporada 1969 gradas ás súas 2.549 iardas e 24 touchdowns. En 1972 o industrial de Chicago Robert Irsay comprou a franquía por 19 millóns de dólares para logo vendela a Carroll Rosenbloom en troca dos seus Baltimore Ravens e diñeiro. Neste anos 1970 o equipo seguiu a ser competitivo, conseguindo sete campionatos consecutivos de división entre 1973 e 1979. Precisamente nesta última temporada os Rams xogan a súa primeira Super Bowl, a XIV, onde se tiveron que enfrontar aos vixentes campións: os Pittsburgh Steelers. Con todo, os anxelinos perden finalmente por 31−19.

Antes do comezo da temporada 1979, o propietario Carroll Rosenbloom faleceu por un accidente, herdando o 70% do equipo a súa viúva Georgia Frontiere. Tal e como xa tiñan planeado, o equipo trasladouse en 1980 desde o Coliseum ao Anaheim Stadium stiuado no Condado de Orange. Os motivos do traslado foron dous: por un lado a regla do "blackout" da NFL que impedía emitir por televisión local un partido se non se vendía o 70% das entradas antes de 72 horas do inicio do partido, o cal ás veces non conseguían por mor dun aforo para 92.604 espectadores, e por outro o crecento aumento de poboación da zona sur dos Ánxeles. Todo isto, permitía encher con facilidade un estadio para 60.000 espectadores. Con todo, en 1982 os Oakland Raiders mudaron a súa sede aos Ánxeles, precisamente ao Coliseum. Isto dividiu aos tradicionais seareiros dos Rams en dous. A maiores, os Raiders eran un equipo gañador e os Rams atravesaban unha mala xeira. Alén diso, os outros equipos deportivos da cidade gozaban de gran éxito (os Lakers e os Dodgers gañaron variios títulos na década de 1980). Como resultado, os Rams perderon moita popularidade. Esta situación, xunto con problemas de índole política para construir un novo estadio, levaron a Frontiere a decidir trasladar o equipo a St. Louis, Missouri. Despois das reticencias dos resto de propietarios de franquías da NFL, finalmente o club deixa California en 1995.

St. Louis Rams (1995–2015)[editar | editar a fonte]

Kurt Warner.

Durante as dúas primeiras temporadas en St. Louis, o equipo estivo baixo a dirección de Rich Brooks. En 1997 foi contratado Dick Vermeil como novo adestrador. Un dos primeiros movementos nesta nova etapa foi a selección no Draft da NFL ao futuro All-Pro offensive tackle Orlando Pace. En 1999 la temporada comezou co quarterback Trent Green lesionado, sendo substituído polo seu suplente Kurt Warner, o cal chegara á franquía como axente libre sen draftear. Vermeil declarou publicamente que os Rams se "unirían en torno a Warner e xogarían bo fútbol". O resultado foi que Warner, xunto con Marshall Faulk e Isaac Bruce se converteron nun dos mellores ataques da historia da competición, anotando 526 puntos na temporada. Isto foi o comezo do que posteriormente se coñecería como "The Greatest Show on Turf" (do inglés: o maior espectáculo sobre o céspede). O propio Warner sorprendeu á liga ao conseguir 41 touchdowns e liderando aos Rams á Super Bowl XXXIV, onde gañaron aos Tennessee Titans por 23–16. Warner foi nomeado o MVP. Vermeil retirouse despois da consecución do título e foi substituído polo seu ccordinador ofensivo Mike Martz. Con Martz o equipo regresou á Super Bowl dous anos depois. Con todo, os Rams, grandes favoritos, perderon contra os New England Patriots (20–17) de Bill Belichick e Tom Brady, o cales comezaban a súa dinastía.

A pesar dos Rams seren un dos equipos máis produtivos da historia da NFL, o adestrador Martz foi moi criticado pola súa descoidada administración do xogo. Eran habituais as liortas que matiña con xogadores, co presidente e co director xeral do equipo. Porén, a maioría dos xogadores que estiveron baixo o seu mandato declararon que gozaron del como adestrador. En 2005, Martz tivo que deixar o seu posto temporalmente por mor dunha enfermidade, asumindo o cargo o seu asistente Joe Vitt. Con todo, despois da súa recuperación o equipo non quixo que volvese a ocupar o seu anterior cargo. Tras o cese de Martz, Scott Linehan fíxose cargo do equipo. Co novo adestrador o equipo chegou a caer en 2007 a tan só 3 vitorias por 13 derrotas. Após acabar a temporada de 2007 Georgia Frontiere faleceu, pasando a propiedade do equipo ao seu fillo Dale "Chip" Rosenbloom e á súa filla Lucía Rodríguez. Despois de dúas temporadas, Rosenbloom e Rodríguez puxeron a súa participación na franquía, a cal foi adquirida por Stan Kroenke, accionista minoritario dos Rams. A nivel deportivo os Rams acaban a temporada 2010 con tan só unha vitoria.

Volta aos Ánxeles[editar | editar a fonte]

Baixo os termos do contrato de aluguer que os Rams asinaron en St. Louis, o estadio Edward Jones Dome tiña que ser antes de 2015 un dos mellores recintos da competición, podendo a franquía romper o contrato sen ningunha penalización en caso contrario. En maio de 2012 o Dome foi clasificado pola Time como o sétimo peor estadio deportivo dos Estados Unidos. Alén diso, nunha enquisa de Sports Illustrated os fans de St. Louis foron nomeados como peores seareiros da competición. En 2015 as negociacións para conseguir un novo estadio "de elite" fallaron e finalmente a franquía decidiu regresar aos Ánxeles. Alí construiríase un novo estadio en Inglewood, xogando temporalmente mentres non se remataba a súa construción no Memorial Coliseum. Co regreso a California o equipo conseguiu formar un equipo competitivo baixo a mando da Sean McVay. Na temporada 2018 con xogadores como Aaron Donald, Todd Gurley, Jared Goff, Ndamukong Suh ou Brandin Cooks o equipo logrou clasificarse para xogar a Super Bowl LIII ante os New England Patriots. Con isto McVay e Goff convertéronse no adestrador (33 anos cumpridos uns días antes) e quarterback (24 anos), respectivamente, máis novos en xogar unha Super Bowl. Porén, o equipo sae derrotado por 13−3.

Logo e uniformes[editar | editar a fonte]

Evolución do uniforme dos Rams (1950–2016).

Cando o equipo debutou en 1937, as cores dos Rams eran o vermello e o negro. O uniforme consistía nun casco vermello, unha camisola negra cos ombreiros e as mangas vermellos, pantalóns de cor canela e medias vermellas con raias negras e brancas. Un ano máis tarde mudaron as cores a dourado e azul real, con cascos dourados, comisola azul real con hombreiros e o número dourados, pantalóns brancos cunha franxa azul e medias azuis. A mediados da década de 1940, os Rams adoptaran xerseis dourados (con números con serifa en azul mariño, ombreiros azul mariño, cascos de ouro, pantalóns brancos cunha franxa dourada-azul-dourada e medias douradas con dúas franxas azul mariño). Cando o equipo se trasladou aos Ánxeles os uniformes mantivéronse sen mudanzas. En 1948 o halfback Fred Gehrke, que traballaba como artista comercial fóra do fútbol americano, pintou en 1948 uns cornos de carneiro no casco de coiro. Estes cornos convertéronse no símbolo do club, sendo o primeiro equipo da NFL en ter un logotipo nos seus cascos.[3]

En 1949, o equipo adoptou cascos de plástico co debuxo dos cornos, esta vez deseñados pola compañía Riddell de Des Plaines, Illinois. Ese mesmo ano tamén os numeros deixaron a serifa para dar paso a cifras cun deseño máis estándar. Ao ano seguinte redeseñáronse os cornos e engadíronse na camisola raias de cor azul ao estilo das mangas da Universidade Northwestern. En 1957, de acordo coa regla da NFL de vestir como local de escuro, os Rams redeseñaron o seu uniforme local a azul, con faixas douradas. En 1964 o equipo decidiu mudar as súas cores con motivo da reforma do Los Angeles Memorial Coliseum, adoptando o azul e o branco. Os cornos do casco tamén mudaron, pasando a ser máis largos e brancos. Esta gama de cores foi mantida até 1974, cando readoptaron as vellas cores azul e dourada. A franquía mativo este estilo incluso após o traslado a St. Louis. Con todo, pouco despois, no ano 2000, o equipo decidiu mudara tonalidade das cores, pasando a ser os uniformes dun tono azul máis escuro e un dourado máis apagado. Tras o regreso aos Ánxeles, o club decidiu retomar as antigas cores, coas que xogarán a Super Bowl LIII.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Elenco dos Los Angeles Rams
Quarterbacks

Running backs

Wide receivers

Tight ends

Liña ofensiva

Liña defensiva

Linebackers

Defensive backs

Equipos especiais

Reservas

Equipo de adestramento

Rookies en cursiva
Roster actualizado a 22 de xaneiro de 2019
Depth ChartTraspasos
53 activos, 8 inactivos, 10 de adestramento


Membros do Hall of Fame[editar | editar a fonte]

Elroy Hirsch (1949–1957)
Tom Fears (1948–1956)

Entre os ex-xogadores dos Rams que ingresaron no Pro Football Hall of Fame destacan Joe Namath (12), Marshall Faulk (28), Ollie Matson (33), Orlando Pace (76), Andy Robustelli (84), Dick "Night Train" Lane (81), Kurt Warner (13) e o técnico Earl "Dutch" Clark. Outras tres figuras relacionadas cos Rams son membros do Hall of Fame, mais foron seleccionados principalmente polos seus logros en outros equipos:

  • Sid Gillman, seleccionado como adestrador, foi técnico principal do equipo durante cinco ano. Porén, os seus maiores éxitos foron como adestrador dos San Diego Chargers.
  • Pete Rozelle, seleccionado como contribuidor, traballou como relacións públicas e máis tarde como director xeral dos Rams, mais a súa selección foi principalmente polos seus vinte e nove anos como Comisionado da NFL.
  • Tex Schramm, tamén seleccionado como contribuidor, foi executivo dos Rams durante nove ano, mais o su maior éxito foi como presidente e director xeral dos Dallas Cowboys durante os seus primeiros vinte e nove anos de existencia.
Membros do Hall of Fame dos Cleveland/St. Louis/Los Angeles Rams
Xogadores
Nome Ingreso Posición(s) Anos
36 Jerome Bettis 2015 RB 1993–1995
76 Orlando Pace 2016 OT 1997–2008
91 Kevin Greene 2016 LB 1985–1992
76 Bob Brown 2004 OT 1969–1970
29 Eric Dickerson 1999 RB 1983–1987
28 Marshall Faulk 2011 RB 1999–2006
55 Tom Fears 1970 End 1948–1956
40 Elroy Hirsch 1968 RB, WR 1949–1957
75 Deacon Jones 1980 DE 1961–1971
65 Tom Mack 1999 G 1966–1978
74 Merlin Olsen 1982 DT 1962–1976
67, 48 Les Richter 2011 LB, K 1954–1962
78 Jackie Slater 2001 OT 1976–1995
11 Norm Van Brocklin 1971 QB, P 1949–1957
10, 13 Kurt Warner 2017 QB 1998–2003
7 Bob Waterfield 1965 QB, DB, K, P 1945–1952
85 Jack Youngblood 2001 DE 1971–1984
Adestradores e contribuidores
Nome Ingreso Posición(s) Anos
George Allen 2002 Adestrador 1966–1970
Dan Reeves 1967 Propietario 1941–1971

Dorsais retirados[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia os Rams retiraron os seguintes dorsais dorsais:

Dorsais retirados por Los Angeles Rams
Xogador Posición Anos
7 Bob Waterfield QB 1945–1952
28 Marshall Faulk RB 1999–2005
29 Eric Dickerson RB 1983–1987
74 Merlin Olsen DT 1962–1976
75 Deacon Jones DE 1961–1971
78 Jackie Slater OT 1976–1995
80 Isaac Bruce WR 1994–2007
85 Jack Youngblood DE 1971–1984

Corpo técnico[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

# Nome Período Temporada regular Playoffs Títulos
PA V D E %V PA V D %V
Cleveland Rams
1 Damon Wetzel 1936 9 5 2 2 .667
2 Hugo Bezdek 1937–1938 14 1 13 0 .071
3 Art Lewis 1938 8 4 4 0 .500
4 Dutch Clark 1939–1942 44 16 26 2 .386
5 Buff Donelli 1944 10 4 6 0 .400
6 Adam Walsh 1945–1946 21 15 5 1 .738 1 1 0 1.000 Campión da NFL (1945)
Los Angeles Rams
7 Bob Snyder 1947 12 6 6 0 .500
8 Clark Shaughnessy 1948–1949 24 14 7 3 .646 1 0 1 .000
9 Joe Stydahar 1950–1952 25 17 8 0 .680 3 2 1 .667 Campión da NFL (1951)
10 Hamp Pool 1952–1954 35 23 10 2 .686 1 0 1 .000
11 Sid Gillman 1955–1959 60 28 31 1 .475 1 0 1 .000
12 Bob Waterfield 1960–1962 34 9 24 1 .279
13 Harland Svare 1962–1965 48 14 31 3 .323
14 George Allen 1966–1970 70 49 17 4 .729 2 0 2 .000
15 Tommy Prothro 1971–1972 28 14 12 2 .536
16 Chuck Knox 1973–1977 70 54 15 1 .779 8 3 5 .375
17 Ray Malavasi 1978–1982 73 40 33 0 .548 6 3 3 .500 Campión da NFC (1979)
18 John Robinson 1983–1991 143 75 68 0 .524 10 4 6 .400
Chuck Knox 1992–1994 48 15 33 0 .313
St. Louis Rams
19 Rich Brooks 1995–1996 32 13 19 0 .406
20 Dick Vermeil 1997–1999 48 22 26 0 .458 3 3 0 1.000 Campión da NFC (1999)
Super Bowl (1999)
21 Mike Martz 2000–2005 85 53 32 0 .624 7 3 4 .429 Campión da NFC (2001)
22 Joe Vitt 2005 11 4 7 0 .364
23 Scott Linehan 2006–2008 36 11 25 0 .306
24 Jim Haslett 2008 12 2 10 0 .167
25 Steve Spagnuolo 2009–2011 48 10 38 0 .208
26 Jeff Fisher 2012–2015 64 27 36 1 .430
Los Angeles Rams
Jeff Fisher 2016 13 4 9 0 .308
27 John Fassel 2016 3 0 3 0 .000
28 Sean McVay 2017–presente 32 24 8 0 .750 3 2 1 .667 Campión da AFC (2018)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cleveland Rams: Historical Moments". SportsEncyclopedia. 
  2. "Chronology". TheRams.com. NFL Enterprises, LLC. 14 de febreiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 8 de decembro de 2015. 
  3. Lankford, Austin (12 de novembro de 2015). "Rams Uniform History". TheRams.com (NFL Enterprises, LLC). Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2016. Consultado o 31 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]