Green Bay Packers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Green Bay Packers
Estabelecido en 1919
Xogan en Green Bay, WI
Green Bay Packers logo.svg
Afiliacións de Liga/Conferencia

National Football League (1921–actualmente)

Uniformes
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Local
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Visitante
Cores do equipo Verde escuro, Ouro e branco

              

Canción Go! You Packers! Go!
Persoal
Dono Green Bay Packers, Inc. (111,967 socios)
Presidente Mark Murphy
Xerente xeral Ted Thompson
Adestrador en xefe Mike McCarthy
Historia do equipo
  • Green Bay Packers (1919–actualmente)
Alcumes de equipo
  • Indian Packers (1919)[1]
  • Blues (1922)
  • Big Bay Blues (1920s)[2]
  • Bays (1918–1940s)[2]
  • The Pack (actual)
  • The Green and Gold (actual)
Campionatos
Campionatos de Liga (13)†
  • National Football League (11)
    1929, 1930, 1931, 1936, 1939, 1944, 1961, 1962, 1965, 1966, 1967
  • AFL-NFL Super Bowl Campionatos (2)
    1966 (I), 1967 (II)
  • Campionatos de SuperBowl (2)
    1996 (XXXI), 2010 (XLV)
Campionatos de Conferencia (8)
  • NFL Oeste: 1960, 1961, 1962, 1965, 1966, 1967
  • NFC: 1996, 1997
Campionatos de División (17)
  • NFL Oeste: 1936, 1938, 1939, 1944
  • NFL Central: 1967
  • NFC Central: 1972, 1995, 1996, 1997
  • NFC Norte: 2002, 2003, 2004, 2007, 2011, 2012, 2013, 2014
† – Non inclúa Campionatos AFL ou NFL gañaron durante as mesmas tempadas o AFL-NFL Campionatos de Super Bowl antes da 1970 fusión da AFL-NFL
Estadios

Os partidos entre Milwaukee e Green Bay (1933–1994)

Os Green Bay Packers son un equipo profesional de fútbol americano que compite na National Football League. O equipo ten a súa base dende a súa fundación na cidade de Green Bay, no estado de Wisconsin. É a terceira franquicia máis antiga da NFL, a súa oríxe remóntase a 1919.[3] Trátase do único equipo equipo de fútbol americano dos Estados Unidos que pertence a unha comunidade de persoas e non a un único propietario[4].

Os Packers teñen 13 campionatos de liga, máis que ningún outro equipo na historia da NFL, incluíndo nove títulos gañados antes da era da Super Bowl e catro victorias da mesma—en 1967 (Super Bowl I), 1968 (Super Bowl II), 1997 (Super Bowl XXXI) e 2011 (Super Bowl XLV).[5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O equipo foi fundado o 11 de agosto de 1919[3][6] por dous antigos xogadores de instituto, Earl "Curly" Lambeau e George Whitney Calhoun. Non competiu en ningunha das ligas profesionais ata o ano 1921, cando pasaron a formar parte da National Football League.

1929–1931: O equipo de Lambeau[editar | editar a fonte]

Os Packers gañaron o seu primeiro título da NFL na campaña de 1929 sen ceder ningunha derrota cun rexistro de 12–0–1, guiados por unha férrea defensa que rexistrou oito partidos sen deixar anotar ningún punto aos rivais. Green Bay repetíu como campión de liga nos anos 1930 e 1931, gañandolle aos equipos de Nova York e Chicago. Algúns dos membros destacados e futuros membros do Salón da Fama da NFL desta época foron Mike Michalske, Johnny McNally, Cal Hubbard e Arnie Herber. Entre as marcas acadadas durante esta época estivo a consecución de 30 victorias consecutivas na casa, un récord da NFL que todavía se mantén.[7]

1935–1945: A era de Don Hutson[editar | editar a fonte]

Don Hutson chegou a Green Bay dende o equipo de Alabama en 1935 e liderou a liga en canto a recepcións durante oito tempadas, gañando os campionatos de 1936, 1939 e 1944. Hutson xogou tamén na defensa, liderando a liga en intercepcións en 1940. Hutson tiña conseguidos 18 récords da NFL cando se retirou en 1945, moitos deles todavía en vixencia.[8] En 1951 os Packers retiraron o seu dorsal número 14, e foi introducido no Salón da Fama da NFL en 1963.

1946–1958[editar | editar a fonte]

Tralo retiro de Hutson o equipo pasou a obter resultados moito peores nas seguintes tempadas, con rexistros de 12-10-1 nos anos 1947 e 1948, e 3-9 no 1949. Curly Lambeau deixou o equipo trala tempada de 1949. Os seguintes adestradores Gene Ronzani e Lisle Blackbourn non conseguiron acadar bós resultados de novo, incluso coa estrea dun novo estadio no ano 1957. A xeira de malos resultados chegaría ao seu peor resultado na tempada de 1958 ás ordes do adestrador Ray McLean, marcando o peor rexistro da historia da franquicia en 1–10–1.[9]

1959–1967: A era Lombardi[editar | editar a fonte]

Os Packers contrataron coma adestrador e mánager xeral a Vince Lombardi, antigo adestrador axudante dos New York Giants, o 2 de febreiro de 1959. Baixo a guía de Lombardi os Packers gañaron cinco títulos de campións nun período de sete anos, incluíndo victorias nas primeiras dúas Super Bowls. Nesta época a liña ofensiva dos Packers tivo a varios xogadores de sona, coma Bart Starr, Jim Taylor, Carroll Dale, Paul Hornung, Forrest Gregg e Jerry Kramer. Na defensa destacaron Willie Davis, Henry Jordan, Willie Wood, Ray Nitschke, Dave Robinson e Herb Adderley.

1959[editar | editar a fonte]

A primeira tempada dos Packers de Lombardi comezou o 27 de setembro de 1959, conseguindo a victoria por 9–6 fronte aos Chicago Bears en Green Bay. Tras gañar os primeiros tres partidos, os Packers perderon os cinco seguintes, gañando despois os seus ultimos catro partidos da tempada. O rexistro de 7–5 deste ano representou a primeira tempada en positivo dos Packers dende 1947, o que foi suficiente para que o adestrador rookie Lombardi gañara o premio de adestrador do ano da NFL.

1960[editar | editar a fonte]

Na seguinte tempada os Packers, liderados polos 176 puntos de Paul Hornung, gañaron o título da NFL Oeste e xogaron o campionato da NFC contra os Philadelphia Eagles en Philadelphia, perdendo o partido por catro puntos de diferencia.

1961[editar | editar a fonte]

Os Packers volveron a xogar o campionato da NFC na seguinte tempada fronte aos New York Giants. Os Packers anotaron 24 puntos no segundo cuarto, incluíndo unha marca record de 19 por parte de Paul Hornung que se atopaba de permiso especial do exército, levando aos Packers a gañar, cun resultado de 37-0, o seu primeiro campionato dende 1944.[10]

1962[editar | editar a fonte]

Os Packers conseguiron outro gran resultado na tempada de 1962, comezando cun balance de 10–0 ata acadar o rexistro final de 13–1 na tempada. Pola súa consistencia, os Packers, representados na figura de Lombardi, chegaron a ser portada na revista Time do 21 de decembro de 1962[11] Nesa tempada os Packers enfrontáronse aos Giants nun disputado partido de final de campionato, gañando cun resultado de 16-7 liderados polos pateos de Jerry Kramer e as carreiras de Jim Taylor.

1965[editar | editar a fonte]

Tras dous anos de ausencia nas finais, os Packers voltaron xogar o partido de campionato en 1965 tras vencer aos Colts nos playoff polo título da Conferencia Oeste. A súa victoria por 13–10 na prórroga fixo que os Packers pasaran a xoga-la final de campionato, onde Hornung e Taylor lideraron a victoria por 23-12 contra os Cleveland Browns, ata entón posuidores to título. Este foi o terceiro campionato gañado polos Packers baixo a guía de Lombardi, e o noveno no seu total.

1966: Super Bowl I[editar | editar a fonte]

No 1966 os Packers gañaron a súa primeira Super Bowl liderardos polo quarterback MVP dese ano Bart Starr. Gañaronlle aos Dallas Cowboys no campionato de conferencia cun resultado de 34–27, e posteriormente aos Kansas City Chiefs por 35–10 na Super Bowl I.

1967: Super Bowl II[editar | editar a fonte]

A tempada de 1967 foi a última de Lombardi coma adestrador dos Packers. Gañaron por 21-17 o pardido de campionato contra Dallas é coñecido coma o "Ice Bowl" (O Partido do Xeo), polas condicións adversas que se deron ese día no campo do Lambeau Field. A continuación os Packers gañaron a Super Bowl II cun resultado de 33–14 contra os Oakland Raiders. Lombardi renunciou coma adestrador tralo partido e Phil Bengtson sucedeuno no posto. Lombardi permaneceu coma manager xeral por unha tempada máis pero deixou o equipo definitivamente en 1969 para converterse en adestrador e dono en minoría dos Washington Redskins.

Trala morte inesperada de Lombardi o 3 de setembro de 1970, a NFL pasou a denominar ao trofeo da Super Bowl o Trofeo Vince Lombardi en recoñecemento aos seus éxitos cos Packers. A cidade de Green Bay púxolle o seu nome a avenida onde se atopa o estadio Lambeau Field no 1968.

1968–1991[editar | editar a fonte]

As tempadas seguintes á marcha de Lombardi tiveron pouco éxito relativo para os Packers. Nas 24 tempadas dende 1968 ata 1991 só conseguiron rematar 5 cun rexistro positivo de victorias. Chegaron dúas veces aos playoffs, cun rexistro de 1–2 neles. Neste período tiveron cinco adestradores distintos: Phil Bengtson, Dan Devine, Bart Starr, Forrest Gregg, e Lindy Infante. O equipo tomou decisións pouco acertadas no eido deportivo durante estes anos, coma por exemplo o intercambio de cinco rondas do draft de 1975/1976 (dúas primeiras rondas, duas segundas rondas e unha terceira) cós Los Angeles Rams polo quarterback John Hadl, que posteriormente só pasaría una tempada e media en Green Bay.[12] Outra pobre decisión foi no draft de 1989 ao seleccionar a Tony Mandarich có número dous total por diante doutros xogadores coma Barry Sanders, Deion Sanders, e Derrick Thomas. O rendemento de Mandarich non foi o esperado da súa posición no draft, o que lle valeu para que a ESPN o nomease coma o terceiro maior desastre deportivo dos últimos 25 anos.[13]

1992–2007: A era de Brett Favre[editar | editar a fonte]

Ron Wolf foi contratado en 1991 coma mánager xeral e déuselle o control total das operacións do equipo ao comezar a tempada. En 1992 Wolf contratou ao coordinador ofensivo dos San Francisco 49ers Mike Holmgren para a posición de adestrador en xefe dos Packers, e seguidamente adquiríu os dereitos do quarterback Brett Favre dende os Atlanta Falcons a cambio dunha primeira ronda do draft.

Favre conseguíu a primeira victoria dos Packers na tempada de 1992 reemprazando ao quarterback lesionado Don Majkowski contra os Cincinnati Bengals. Foi titular no seguinte partido contra os Pittsburgh Steelers e xa non volvería a perder a titularidade ata o final da tempada de 2007. Conseguíu o record e máis titularidades seguidas dun quarterback na NFL, sendo titular en 297 partidos consecutivos.

Os Packer acadaron un rexistro de 9–7 na tempada de 1992, e seguidamente contrataron ao axente libre Reggie White para a defensa no 1993. Nas seguintes dúas tempadas os Packers conseguiron chegar á segunda ronda dos playoffs, perdendo en ámbolas dúas ocasións ante os Dallas Cowboys. Na tempada de 1995, os Packers gañaron o campionato da División Central da NFC por primeira vez dende 1972. Tras unha victoria na casa por 37–20 contra os Atlanta Falcons, os Packers gañaronlle aos San Francisco 49ers por 27–17 en San Francisco avanzando ata o partido de Campionato da NFC, onde perderon de novo contra os Cowboys por 38–27.

1996: Super Bowl XXXI[editar | editar a fonte]

No 1996 os Packers acadaron un rexistro de 13–3 na tempada regular, asegurando a vantaxe de campo para tódolos seus partidos de playoffs. Clasificaronse no posto número 1 in ataque con Brett Favre como líder, número 1 en defensa con Reggie White á cabeza, e no número 1 en equipos especiais có gañador do Trofeo Heisman Desmond Howard, anotando varios touchdowns de retorno. Tras gañarlle aos 49ers por 35–14, e aos Panthers por 30–13 no que sería coñecido como o "Ice Bowl 2", os Packers chegaron á Super Bowl por primeira vez en 29 anos. Na Super Bowl XXXI Green Bay venceu aos New England Patriots por 35–21, con Desmond Howard nomeado coma o MVP do partido, acadando así o seu décimosegundo campionato da NFL.

1997[editar | editar a fonte]

Na seguinte tempada os Packers conseguiron de novo o rexistro de 13–3 na tempada regular e gañaron o seu segundo campionato da NFC consecutivo. Tras gañar aos Tampa Bay Buccaneers por 21–7 e aos San Francisco 49ers por 23–10 nos playoffs, os Packers chegaron coma favoritos á Super Bowl XXXII, perdendo finalmente ante os Denver Broncos de John Elway cun resultado 31–24.

1998–2006[editar | editar a fonte]

Na Tempada de 1998 da NFL os Packers finalizaron cun rexistro de 11–5 e xogaron contra os San Francisco 49ers na primeira ronda dos playoffs da NFC, sendo a cuarta vez consecutiva que os dous equipos se enfrontaban nos playoffs, perdendo o partido finalmente na última xogada dos 49ers cun touchdown de Terrell Owens a pase de Steve Young. Tralo partido Mike Holmgren deixou o equipo para converterse en vicepresidente, manager xeral e adestrador en xefe do Seattle Seahawks, levando consigo a maioría do cadro técnico. Nos seguintes anos de 1999 e 2000 o equipo non acadou os mesmos bós resultados que nos anos anteriores.

No 2000 Mike Sherman foi contratado coma adestrador en xefe, conseguindo ese ano un rexistro de 9–7. Sherman asumíu as tarefas de manager xeral e adestrador en xefe no 2001 trala retirada do anterior manager xeral. De 2001 to 2004 Sherman conseguíu mellores rexistros durante a tempada regular cós Packers, grazas a boas actuacións de Brett Favre, Ahman Green e dos xogadores da liña ofensiva, pero o equipo non conseguíu bos resultados nos playoffs.

No 2005 Sherman foi destituído no posto de manager xeral, seguindo só coma adestrador xefe, e os Packers contrataron a o ata daquela vicepresidente de operacións dos Seattle Seahawks, Ted Thompson, para o posto de vicepresidente executivo e mánager xeral. Tras acadar un rexistro de 4–12 nesa tempada, Thompson despedíu a Sherman e contratou un novo adestrador xefe, Mike McCarthy, que fora anteriormente coordinador ofensivo dos San Francisco 49ers e New Orleans Saints.

2007[editar | editar a fonte]

Neste ano os Packers gañaron 10 dos seus primeiros 11 partidos, acadando un rexistro final de 13–3, o que lles valeu para clasificar automáticamente na primeira ronda dos playoffs. O Running back Ryan Grant conseguíu 956 iardas e 8 touchdowns nos últimos 10 partidos da tempada regular. O equipo gañou a ronda do playoff divisional aos Seattle Seahawks por 42–20, pero perdeu no partido de campionato da NFC contra os New York Giants por 23-20, o que sería o último partido de Brett Favre como xogador dos Packers.

2008–presente: A era de Aaron Rodgers[editar | editar a fonte]

2008[editar | editar a fonte]

Os Packers comezaron a tempada de 2008 da NFL có quarterbarck Aaron Rodgers coma titular, que fora a elección dos Packers na primeira ronda do Draft da NFL de 2005, tralos últimos 16 anos de titularidade de Favre. Rodgers acadou bos rexistros personais no seu primeiro ano, conseguindo máis de 4000 iardas de pase e 28 touchdowns. Porén, o gran número de xogadores lesionados na defensa afectou ós resultados do equipo, que rematou cun rexistro de 6–10. Ao final da tempada oito adestradores asistentes foron despedidos, incluíndo a Bob Sanders, o coordinador defensivo, que foi sucedido no posto por Dom Capers.

2009[editar | editar a fonte]

En abril de 2009 os Packers escolleron a B.J. Raji do Boston College na súa primeira rolda do draft, e tras un intercambio escolleron tamén na primeira rolda ao linebacker Clay Matthews III da USC.

O equipo gañou 7 dos últimos 8 partidos da tempada, conseguindo unha plaza de wild-card nos playoff cun rexistro de 11–5, con destacadas actuacións de xogadóres xóvenes coma Brad Jones, Clay Matthews III na defensa e James Jones, Brandon Jackson, Jermichael Finley e Jordy Nelson no ataque. Rodgers converteuse no primeiro quarterback na historia da NFL en conseguir polo menos 4000 iardas de pase en cada unha das súas primeiras dúas tempadas coma titular. O cornerback Charles Woodson gañou o premio ao Xogador defensivo do ano da NFL tras rexistrar 9 intercepcións, 4 fumbles, 3 touchdowns, 74 placaxes e 2 sacks.

Os Packers remataron ese ano cunha derrota nos playoffs contra os Arizona Cardinals, cun resultado de 51–45.

2010: Super Bowl XLV[editar | editar a fonte]

O equipo sufríu unha gran cantidade de lesións durante a tempada de 2010 da NFL, chegando a ter a 16 xogadores na lista de lesionados ao final da mesma, incluíndo a 7 titulares: Ryan Grant (RB), o Jermichael Finley (TE), Nick Barnett (LB), Morgan Burnett (SS), Brandon Chillar (LB), Mark Tauscher (T), e Brad Jones (LB).

Tras finalizar a tempada regular cun rexistro de 10–6, os Packers acadaron os playoffs no posto número 6 da NFC. No primeiro partido gañaron aos Eagles por 21–16, e na ronda divisional gañaron aos Atlanta por 48–21. O equipo chegou despóis á Super Bowl XLV tras gañar aos Chicago Bears no Soldier Field cun resultado de 21–14. O 6 de febreiro de 2011 gañaron ao campión da AFC, os Pittsburgh Steelers, por 31–25, sendo Aaron Rodgers nomeado o MVP da Super Bowl.[14][15]

2011[editar | editar a fonte]

No 2011 os Packers acadaron un rexistro de 15–1 na tempada regular, marcando un record para a franquicia. Porén, perderon nos playoffs na segunda ronda contra os New York Giants por 37-20.

2012[editar | editar a fonte]

En 2012 os Packers acadaron un rexistro de 11-5. Gañaron aos Minnesota Vikings na ronda Wildcard da NFC por 24-10 e perderon na ronda Divisional por 45-31 fronte aos San Francisco 49ers.

2013[editar | editar a fonte]

En 2013 os Packers acadaron un rexistro de 8-7-1, perdendo cos San Francisco 49ers 20-23 na primeira ronda dos playoffs.

2014[editar | editar a fonte]

Os Packers rexistraron a súa victoria número 700 contra os Bears na semana catro da tempada 2014.[16] O rexistro final foi de 12-4, acadando o segundo posto de clasificación para os Playoffs da NFC. Chegaron ata a final do Campionato da NFC contra os Seattle Seahawks, perdendo o partido por 28-22.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Dorsais retirados[editar | editar a fonte]

Dorsais retirados no estadio de Lambeau Field

Ao longo da súa historia os Packers retiraron formalmente 5 dorsais.[17] Estes cinco xogadores forman parte do Salón da Fama da NFL e os seus dorsais amósanse na zona norte do estadio Lambeau Field así coma no seu atrio. O 3 de agosto de 2014, os Packers anunciaron a retirada do dorsal número 4 de Brett Favre ao terminar a tempada de 2014 e a indución de Favre no Salón da Fama dos Packers en 2015.[18]

Green Bay Packers retired numbers
Num. Xogador Posición Carreira Retirado en
3 Tony Canadeo HB 1941–44, 1946–52 23 de novembro de 1952, contra os Dallas Texans no City Stadium
4 Brett Favre QB 1992–2007 2015 (por determinar)
14 Don Hutson WR/DB 1935–45 2 de decembro de 1951, contra os New York Yanks no City Stadium
15 Bart Starr QB 1956–71 11 de novembro de 1973, contra os St. Louis Cardinals no Lambeau Field
66 Ray Nitschke LB 1958–72 4 de decembro de 1983, contra os Chicago Bears no Lambeau Field
92 Reggie White DE 1993–98 18 de setembro de 2005, contra os Cleveland Browns no Lambeau Field

Corpo técnico[editar | editar a fonte]

Adestradores en xefe[editar | editar a fonte]

Nome Dende Ata Rexistro Títulos
G P E
Curly Lambeau 1919 1949 231 108 21 6
Gene Ronzani 1950 1953 14 31 1
Hugh Devore 1953 1953 0 2 0
Ray McLean
Lisle Blackbourn 1954 1957 17 31 0
Ray McLean 1958 1958 1 10 1
Vince Lombardi 1959 1967 98 30 4 5
Phil Bengtson 1968 1970 20 21 1
Dan Devine 1971 1974 25 28 4
Bart Starr 1975 1983 53 77 3
Forrest Gregg 1984 1987 25 37 1
Lindy Infante 1988 1991 24 40 0
Mike Holmgren 1992 1998 73 36 0 1
Ray Rhodes 1999 1999 8 8 0
Mike Sherman 2000 2005 56 39 0
Mike McCarthy 2006 actualidade 82 45 1 1

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Green Bay Packers, ed. (25 de marzo de 2007). «Orixe do alcume dos Packers» (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2007. 
  2. 2,0 2,1 Names, Larry D (1987). «The Myth». En Scott, Greg. The History of the Green Bay Packers: The Lambeau Years 1. Angel Press of WI. p. 30. ISBN 0-939995-00-X. 
  3. 3,0 3,1 NFL.com, ed. (22 de xaneiro de 2015). «Chronology of Professional Football» (PDF) (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2015. 
  4. Zirin, Dave (25 de xaneiro de 2011). The New Yorker, ed. «Those Non-Profit Packers» (en inglés). Consultado o 28 de decembro de 2014. 
  5. Packers.com, ed. (7 de novembro de 2011). «Campionatos e Super Bowls» (en inglés). 
  6. Green Bay Packers (ed.). «Nacemento dun equipo e unha lenda» (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2012. 
  7. NFL (ed.). «History» (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2011. 
  8. Answers.com (ed.). «Don Hutson: Información» (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2011. 
  9. Maraniss, David (14 de setembro 1999). Milwaukee Journal Sentinel, ed. «In throes of winter, a team in disarry is reborn» (en inglés). Milwaukee, Wisconsin. p. 2B. Consultado o 6 de xullo de 2011. 
  10. Pennington, Bill (16 de xaneiro do 2008). The New York Times, ed. «Artigo no NY Times». Consultado o 7 de febreiro do 2011. 
  11. Time.com, ed. (21 de decembro de 1962). «TIME Magazine Cover: Vince Lombardi - Coaches - Wisconsin» (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2014. 
  12. Old School Packers do Milwaukee Journal Sentinel. 5 de febreiro do 2007. (en inglés)
  13. The 25 Biggest Sports Flops (1979–2004) de ESPN. 5 de febreiro de 2007. (en inglés)
  14. New York Times, ed. (7 de febreiro de 2011). «Super Bowl XLV, Packers Beat Steelers, 31–25» (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2011. 
  15. Farmer, Sam (7 de febreiro de 2011). Los Angeles Times, ed. «Ending is cheddar-perfect for Packers in Super Bowl XLV victory over Steelers» (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2011. 
  16. Ketchman, Vic (28 de setembro de 2014). Green Bay Packers, ed. «Win over Bears feels like season saver» (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2014. 
  17. Dorsais retirados[Ligazón morta] en Packers.com. 3 de abril de 2009. (en inglés)
  18. Pete Dougherty e Jordan Schelling (4 de agosto de 2014). Usatoday.com, ed. «Brett Favre to join Packers Hall of Fame, have No. 4 retired» (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Green Bay Packers Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]