San Francisco 49ers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Francisco 49ers
Fundado en 1946
Sede en Santa Clara, CA
Logo dos San Francisco 49ers
Wordmark dos San Francisco 49ers
Logo Wordmark
Afiliacións de Liga/Conferencia

All-America Football Conference (1946-1949)

  • División Oeste (1946-1949)

National Football League (1950–presente)

  • National Conference (1950-1952)
  • Western Conference (1953-1969)
    • Coastal Division (1967-1969)
  • NFC (1970-actualidade)
Uniforme actual
49ers uniforms 15.png
Cores

Vermello, ouro, negro, branco

                   
Mascota Sourdough Sam
Cadro de persoal
Propietario(s) Denise DeBartolo York
John York (copropietarios)
CEO Jed York
Presidente Al Guido
Director xeral Trent Baalke
Adestrador Chip Kelly
Historia
  • San Francisco 49ers (1946–presente)
Alcume(s)
  • Niners
Campionatos

Títulos de Liga (5)

  • Super Bowl (5)
    1981 (XVI), 1984 (XIX), 1988 (XXIII), 1989 (XXIV), 1994 (XXIX)

Conferencia (6)

  • NFC: 1981, 1984, 1988, 1989, 1994, 2012

División (19)

  • NFC Oeste: 1970, 1971, 1972, 1981, 1983, 1984, 1986, 1987, 1988, 1989, 1990, 1992, 1993, 1994, 1995, 1997, 2002, 2011, 2012
Estadios
  • Kezar Stadium (1946−1970)
  • Candlestick Park (1971−2013)
  • Levi's Stadium (2014−presente)

Os San Francisco 49ers son un equipo profesional de fútbol americano con sede na Área da Baía de San Francisco. Forman parte da National Football League (NFL) como membro da National Football Conference (NFC) na súa División Oeste. O equipo xoga actualmente os seus partidos no Levi's Stadium de Santa Clara, California, cidade situada a 75 km ao sueste de San Francisco en pleno corazón de Silicon Valley. O equipo foi fundado en 1946 como membro da All-America Football Conference (AAFC), uníndose á NFL en 1949 coa fusión de ambas competicións. Os 49ers foron o primeiro equipo das grandes ligas estadounidenses en ter a súa sede en San Francisco. O nome de "49ers" proven do ano da chegada da febre do ouro ao norte de California: 1849. O equipo está legalmente rexistrado como os San Francisco Forty Niners, Ltd.

Historia[editar | editar a fonte]

Levi's Stadium, estadio dos San Francisco 49ers.

A franquía creouse en 1946 e integrouse na NFL en 1950. O seu nome provén do inicio da Febre do Ouro californiana, en 1849. É unha das franquías máis gañadoras, conquistando en total cinco veces a Super Bowl, o máximo trofeo da NFL. É o único equipo que non perdeu nin unha soa final da Super Bowl gañando máis de unha. A última das súas vitorias foi no ano 1994, onde derrotaron aos San Diego Chargers na edición número XXIX.

Tamén é un dos equipos que contou cos mellores xogadores de todos os tempos entre eles Joe Montana, quarterback que xogou entre 1979 e 1992, acumulando 35.124 iardas de pase e 244 touchdowns; Jerry Rice, wide receiver que xogou entre 1985 e 2000, considerado o mellor receptor de todos os tempos, produciu 19.247 iardas, 1.281 recepcións e 176 touchdowns. Steve Young que xogou entre 1987 e 1999, rexistrou 29.906 yardas de pase e 221 Touchdowns. Eles tres foron nomeados no seu momento xogadores máis valiosos da Super Bowl: Joe Montana en tres ocasiones (Super Bowl XVI, XIX, XXIV), Jerry Rice na Superbowl XXIII e Steve Young na Superbowl XXIX. Tamén teñen a maior cantidade de tempadas de doce ou máis triunfos dende a fusión entre AFL e NFL.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Cadro de xogadores dos San Francisco 49ers
Quarterbacks

Running backs

Wide receivers

Tight ends

Liña ofensiva

Liña defensiva

Linebackers

Defensive backs

Equipos especiais

Reservas

Equipo de adestramento

Rookies en cursiva
Roster actualizado a 22 de novembro de 2016
Depth ChartTraspasos

53 activos, 9 inactivos, 11 de adestramento


Membros do Hall of Fame[editar | editar a fonte]

Os seguintes os xogadores que formaron parte dos San Francisco 49ers e que foron introducidos no Pro Football Hall of Fame.[1]

Joe Montana (1979–1992)
Membros do Pro Football Hall of Fame dos San Francisco 49ers
Xogadores
No. Nome Posición Anos Ingreso No. Nome Posición Anos Ingreso
71 Larry Allen G 2006–2007 2013 16 Joe Montana QB 1979–1992 2000
74 Fred Dean DE 1981–1985 2008 73 Leo Nomellini DT 1949–1963 1969
95 Richard Dent DE 1994 2011 34 Joe Perry RB 1948–1960
1963
1969
56 Chris Doleman DE 1996–1998 2012 80 Jerry Rice WR 1985–2000 2010
91 Kevin Greene LB 1997 2016 21 Deion Sanders CB 1994 2011
94 Charles Haley LB 1986–1991
1998–1999
2015 32 O. J. Simpson RB 1978–1979 1985
22 Bob Hayes WR 1975 2009 79 Bob St. Clair OT 1953–1963 2008
57 Rickey Jackson DE 1994–1995 2010 14 Y. A. Tittle QB 1951–1960 1971
37 Jimmy Johnson CB 1961–1976 1994 64 Dave Wilcox LB 1964–1974 2000
35 John Henry Johnson FB 1954–1956 1987 26 Rod Woodson CB 1997 2009
42 Ronnie Lott CB 1981–1990 2000 8 Steve Young QB 1987–1999 2005
39 Hugh McElhenny RB 1952–1960 1970
Adestradores e executivos
Nome Posicións Anos Ingreso
Edward J. DeBartolo, Jr Propietario 1977–2000 2016
Bill Walsh Adestrador 1979–1988 1993

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "Hall of Famers by Franchise". Pro Football Hall of Fame. Consultado o 19 de decembro de 2016.